Skip to Content

CONMEMORACIÓN 8M

Queremos dar os nosos parabéns a Ángeles e Judith polo premio recibido no concurso organizado polo CIM de Arteixo.  

Gañadoras do concurso de Tik Tok

Deixamos aquí a ligazón para que podades ver os vídeos premiados. Moi bo traballo! 

 

Vídeo Judith

Vídeo Ángeles

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2021-22

Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2021-22

Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro dende calquera outro centro educativo non adscrito. O alumnado matriculado neste curso e o procedente dos centros adscritos xa ten a praza reservada para o curso seguinte. 

No caso de presentar solicitude de admisión é importante ter en conta:

  1. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Para presentar a solicitude, seguir as instrucións da aplicación admisionalumnado

As vacantes para cada un dos cursos están publicadas na aplicación admisionalumnado e no taboleiro do centro.

O calendario para o proceso é o seguinte:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Só no caso de que o número de solicitudes sexa superior ás vacantes existentes no nivel solicitado.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas antes do 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

Normativa e instrucións específicas do procedemento publicadas pola Consellería.

Información relativa a 1ª avaliación

 

  1. Entrega de Boletíns LUNS 21 o longo da xornada
  2. Publicación de notas Luns 21 as 15:00, se poden consultar as notas a través de Abalar Móbil
  3. Remate de clases martes 22 de decembro
  4. Venres 25 pola tarde envío de boletíns por mail pola tarde
  5. Venres 8 de Xaneiro de 2021 volta as clases.

Exames pendentes xaneiro 2020

A semana do 25 ao 29 de xaneiro  se realizara a primeira parte dos exames de pendentes cos horarios que se adxunta a continuación

DEPARTAMENTO

MATERIA

DATA/HORA

LUGAR

C.Naturais

Bioloxía e Xeoloxía

Mar 26 12:35 a 13:25

Desd 3

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais 1º, 2º e 3º

Lun 25 10:20 a 11:10

Desd 3

Educación Física

Non hai exame

   

Física e Química

Física e Química 2º e 3º

Ven 29 10:20 a 11:10

Desd 1/ Desd 2

Francés

Francés 1º, 2º e 3º

Lun 25 12:35 a 13:25

Desd 3

Inglés

Non hai exame 

   

Lingua castelá e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º

Xov 28 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Lingua galega e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º

Mar 26  9:30 a 10:20

Desd 2

Matemáticas

Matemáticas 1º, 2º e 3º

Mer 27 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Música

Música 2º, 3º

Xov 28  10:20 a 11:10

Desd 3

Plástica

Non hai exame 

   

Relixión

Non hai exame

   

Tecnoloxía

Tecnoloxía 2º e 3º

Mer 27  9:30 a 10:20

Desd 3

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

Instrucións recibidas o 16/nov respecto dos criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, dende o 16 ata o 27 de novembro.

Horarios para os supostos de ensino a distancia perante peches de aulas ou centro pola COVID-19

Diante da posibilidade do peche de aulas ou do centro pola pandemia do COVID-19, publicamos os horarios que se seguiran no ensino a distancia, sexa de aulas concretas ou de todo o centro. O principio básico de organización é  manter os horarios actuais de cada clase, os primeiros 30 minutos seran para sesións telemáticas co profesor e os outros 20 minutos para traballo individual de cada alumno/a. Respetase asi o mínimo do 60% de carga léctiva de cada materia.

Os horarios dos grupos seran os seguintes

1ºA 2ºA 3ºA 4ºA
1ºB 2ºB 3ºB 4ºB
1ºC 2ºC 3ºC 4ºC
1ºD 2ºD 3ºD  
1ºE 2ºE    
1ºF 2ºF    

 

 

Publicación das programacións didácticas dos departamentos 20-21

Publicamos as programacións didácticadas do curso 2020-21 de cada departamento no seu apartado

Reunión coas Familias curso 2020/21

A convocatoria das primeiras reunións das familias de 1º e 4º  de ESO, cos correspondentes titores-as serán o xoves 8 de outubre seguindo este calendario e máximo 1 persoa por alumno-a.

 

grupo horario
1º ESO A 16:00-16:45
1º ESO B 16:30-17:15
1º ESO C 17:00-17:45
1º ESO D 17:30- 18:15
1º ESO E 18:00-18:45
1º ESO F 18:30-19:15
4º ESO A 19:00-19:45
4º ESO B 19:30-20:15
4º ESO C 20.00-20:45

O mércores 14 de outubre seran as reunións das familias de 2º e 3 de ESO, cos correspondentes titores-as serán seguindo este calendario e máximo 1 persoa por alumno-a.

 

grupo horario
2º ESO A 16:00-16:45
2º ESO B 16:30-17:15
2º ESO C 17:00-17:45
2º ESO D 17:30- 18:15
2º ESO E 18:00-18:45
2º ESO F 18:30-19:15
3º ESO A 19:00-19:45
3º ESO B 19:30-20:15
3º ESO C 20.00-20:45
3º ESO D 20.00-20:45

Información para o inicio do curso 2020-21

Calendario escolar 2020/2021

A actividade lectiva comezará coa incorporación progresiva do alumnado segundo a seguinte orde:

  • 1º e 2º ESO o mércores 23
  • 3º ESO o xoves 24
  • 4º ESO o venres 25

O mércores 16 de setembro é día festivo local no Concello de Arteixo. O centro permanecerá pechado ao público.

As listaxes PROVISIONAIS de asignación do alumnado por grupos estarán dispoñibles o mesmo día da incorporación do alumnado, que accederá ao centro por orde acompañado polos titores respectivos. Disporase de profesorado de garda suficiente para conducir ao alumnado aos seus grupos respectivos, tendo prioridade o alumnado transportado, que accederá directamente ao centro seguido á súa chegada.

NON é necesario consultar antes do día da presentación o grupo asignado a cada alumno. 

A listaxe definitiva dos libros asignados a cada alumno publicarase no centro o 14 de setembro, e o repartos do mesmos farase progresivamente a partir da primeira semana de clase. 

Os vales para material escolar serán repartidos nas titorías ao alumnado, non sendo necesario achegarse ao centro para a súa recollida.

O centro está a elaborar os plans e protocolos segundo as instrucións recibidas polas Consellería de Educación:

Guía para o inicio do curso (Xunta de Galicia)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut