Skip to Content

Permanencia do persoal nos centros educativos durante o periodo de ALARMA

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións remitidas pola Consellería de Educación:

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

Ao longo dos próximos días, publicaremos información na páxina web do centro respecto das tarefas e dos materiais para o traballo do alumnado durante o tempo de suspensión das clases.

No caso de necesidade, contactar ao teléfono do centro (de 10 a 13h) ou preferiblemente por correo electrónico (ies.pastoriza@edu.xunta.gal).

 

Celebración do Entroido

O pasado venres celebramos o Entroido no centro, achegamos un recordo visual:

Grazas a Pablo Añón polo traballo realizado. 

Exposición de Cacharrófonos (Instrumentos musicais caseiros)

Un curso máis o alumnado de 2º ESO, convertidos en luthiers, realizaron unha morea de instrumentos musicais caseiros aproveitando materiais diversos baixo a batuta do departamento de Música.

Como pode apreciarse na exposición que durante estes días ten lugar no propio centro educativo a creatividade e a imaxinación dos alumnos e alumnas é mais que evidente. 

Achegamos unhas fotos

 

VISITA O PAZO DA ÓPERA E CONCERTO.

Este mes o alumnado de 2º da ESO acudiu a ver unha obra didáctica de hip-hop. Felicitar a estes dous raperos Tazz Yeah y Zerpa pois disfrutamos moito coa súa capacidade de rimar e improvisar.

Achego unhas fotos.

Actividade de patíns sobre xeo

Achegamos un par de álbums de fotos da actividade:

Visita da escritora Erica Esmorís

O  xoves 19 de decembro de 2019 na sala de Usos Múltiples o alumnado de 1º da ESO do IES de Pastoriza tivo a sorte de asistir á primeira presentación do libro Quen salva un can do escritora Érica Esmorís.

O alumnado non só participou como espectador mais tamén lle realizou á autora unha serie de preguntas que elaborou tras a lectura do libro mostrando un grande interese polas incógnitas da novela. Finalmente a autora fixo unha sinatura de libros para todas as persoas interesadas.

Grazas Érica polo teu bo facer!  

Achegamos unhas fotos do evento.

Celebración do día da Música

Un curso máis con motivo da celebración do día da Música (Santa Cecilia), os alumnos/as do IES de PASTORIZA ofreceron un concerto na aula de Usos múltiples do centro.

 

Felicitar o noso alumnado máis musical pois gozamos moito coas súas interpretacións.

 

Achegamos algunhas fotos do concerto.

Distribuir contido


by Dr. Radut