Skip to Content

Presentación para o novo alumnado do centro

Dada a imposibiladade de acudir os centros adscritos a presentar a nosa oferta educativa, a poñemos a vosa disposición na seguinte presentación

Presentación do IES de Pastoriza

Calendario Fin de Curso 2019-20

1 REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: 19 de xuño.

2 AVALIACIÓNS ORDINARIAS (FINAIS): 22 de xuño.

3 ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS, O martes 23 de xuño cada grupo no horario fixado.

08.30-09.00-------------------------------- 1ºA

09.00-09.30-------------------------------- 1ºB

09.30-10.00-------------------------------- 1ºC

10.00-10.30-------------------------------- 1ºD

10.30-10.50-------------------------------- 2ºA

10.50-11.10--------------------------------  2ºB

11.10-11.30--------------------------------  2ºC

11.30-11.50--------------------------------  2ºD/E

11.50-12.20-------------------------------- 3ºA

12.20-12.50-------------------------------- 3ºB

12.50-13.20-------------------------------  3ºC/D

13.20-13.50-------------------------------  4ºA

13.50-14.20-------------------------------  4ºB

 

O ALUMNADO entregara nese horario os libros do FONDO de Libros, as chaves da taquilla, e recibira o BOLETÍN de CUALIFICACIÓNS e o SOBRE da MATRICULA

4 MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-21: Do 1 ata o 10 de xullo nas Oficinas en horario de 09:30 a 13:30 horas. Matricularanse os alumnos que aproben todas as materias en xuño, aqueles alumnos con  materia suspensa en xuño que se considere que poden promocionar

Os días 26, 29 e 30 de xuño poderan adiantar a entrega dos sobres de matricula, por cursos, nas seguintes datas

  • Venres 26 de xuño alumnado de 1º de ESO que pasa a 2º  
  • Lúns 29 de xuño alumnado de 2º de ESO que pasa a 3º
  • Martes 30 de xuño alumnado de 3º de ESO que pasa a 4º

5 REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS: (Orde 28 agosto 1995, BOE do 20/09):

24,25 e 26 xuño

Revisión de probas de avaliación e cualificación de 10:30 a 12:30h: Os alumnos dirixiranse aos Departamentos das materias correspondentes para a revisión dos exames cos respectivos profesores.
Solicitude por escrito (no caso de non estar de acordo coa revisión anterior), por parte dos alumnos ou os seus pais ou titores, de revisión da cualificación final obtida nunha materia ou de revisión da decisión de non promoción ou titulación. Estas solicitudes, que deberán conter cantas alegacións xustifiquen a disconformidade coas decisións adoptadas, serán entregadas en Xefatura  de estudos antes das 13:30 horas do 26 de xuño.

29 xuño

Comunicación da resolución do Departamento didáctico ao alumno ou pais.

 

Reclamación ante a Xefatura Territorial por desacordo do alumno ou pais coa revisión da cualificación nunha materia: No caso de que persista o desacordo, alumno ou pais ou titores poderán solicitar por escrito á Dirección, no prazo de dous días a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación a instancias superiores.

Recollida de material do alumnado no centro

Segundo as últimas instrucións recibidas, permitirase a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as.

Para estes efectos será preciso concertar cita previamente por vía telefónica, para o establecemento de quendas co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de seguridade e sanitarias que se establezan (serán informados ao concertar a cita).

Convocatoria para o fondo solidario de libros de texto 2020-21

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2020-21.

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 20/maio e remata o 19/xuño 2020, incluído.

 

Documento Guia Adaptación programación do terceiro trimestre do curso 2019/20

Adxuntamos o  Documento Guia Adaptación programación do terceiro trimestre do curso 2019/20 dos departamentos do IES de Pastoriza, tamen foi publicado en cada departamento individualmente.

Información relativa o Fin de curso 19/20

Debido as numerosas solicitudes de información que recibimos no centro respecto a varias cuestión deste fin de curso, a dirección do IES de Pastoriza quere facer as seguintes aclaracións.

1 A AVALIACIÓN ORDINARIA DE XUÑO mantense nas datas previstas de finais de xuño, cando teñamos aprobado o calendario de fin de curso se notificara as datas concretas, tamen se notificara vía mail, tokapp e publicación na páxina web como sera a entrega de boletíns, sobre de matricula 20/21 e entrega dos libros do Fondo de libros.

2 AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL 20/21: Estas dependen da Xunta e solicítanse no centro ou electrónicamente. A convocatoria todavía non está publicada. Agardamos que sexa a partir de mediados de maio. Se informara na paxina web da apertura da convocatoria.

 

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 9 a 14h na secretaría do colexio.
  • A presentación pode ser telemáticamente a traves da web admisionalumnado
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO INSTITUTO.

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

 NOTA IMPORTANTE: O instituto abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites e necesario concertar unha cita previa  por medio do teléfono do centro 981647517 ou a traves do mail do centro ies.pastoriza@iesdepastoriza.edu.es

Indicacións e materiais para o traballo durante o periodo de ALARMA

Achegamos indicacións por niveis para todas as materias: 

En caso de necesidade, solicitar informaciòn por correo electrónico, ao centro (ies.pastoriza@edu.xunta.gal) ou ao profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut