Skip to Content

Actividades e novas

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR E SORTEO DOS MEMBROS 

DA XUNTA ELECTORAL 

 Infórmase a todos os membros desta comunidade educativa que de acordo coa Resolución do 

19 de setembro de 2014 da DXEFPIE (DOG 1/10/14), pola que se establece o calendario para a 

realización de eleccións de membros dos consellos escolares, ditou as seguintes instrucións: 

1. As eleccións realizaranse entre os días 24 e 28 de novembro de 2014, ambos os dous 

incluídos. 

2. A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a 

redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, constituirase entre os días 3 e 7 de 

novembro, ambos os dous incluídos. 

 Considerando o mencionado artigo 30 do Decreto 92/1988, a Xunta Electoral encargada da 

organización e supervisión do procedemento de elección do membros do Consello Escolar 

estará integrada por: 

- O/A Director/a. 

- Un profesor ou profesora. 

- Un pai, nai ou titor legal. 

- Un representante do persoal de administración e servizos. 

- Un alumno ou alumna. 

designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros 

suplentes 

 A tal fin, esta dirección acorda proceder ao sorteo público dos membros da xunta electoral o 

mércores día 22 de outubro de 2014 ás 10:45 horas na Sala de Profesores do centro. 

A Coruña a 13 de outubro de 2014 

A DIRECTORA 

Antonia Pascual

Distribuir contido


by Dr. Radut