Skip to Content

Curso 2017/2018

Graduación 4ºESO

Achegamos enlace ao vídeo do acto de graduación de 4ºESO.

NOTA: O vídeo ten un tamaño considerable (1,79GB) ao ter unha duración de 48 minutos, para ter en conta en caso de descargar ou ver usando os datos de redes móbiles. Procurade facelo usando redes WiFi.

Conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente

Conmemoración do Día mundial do Medio Ambiente en colaboración coa empresa Repsol, que financia as actividades extraescolares incluídas no Plan de Limpieza do centro, que se ven a desenvolver con continuidade dende o curso 2014/15. Entregáronse premios ás aulas mais limpas, ordeadas e con mellor estado de conservación, e plantouse unha árbore que continúa coa tradición dos pasados anos.

Colaboración en Prensa Arteixo

Achegamos enlace á información publicada no xornal La Opinión respecto da participación do noso alumnado no proxecto Prensa Arteixo, no que aprenderon a elaborar un periódico. O próximo domingo 20 de maio sairá publicado xunto co xornal.

Parabéns a todos os participantes: alumnado e profesorado.

Actividade de iniciación ao esquí - San Isidro

Achegamos un vídeo e unhas fotografías da actividade de iniciación ao esquí desenvolta do 21 ao 23 de marzo na estación de San Isidro (León).

Concurso - Conmemoración do Día de Rosalía

Co gallo da celebración do Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro, a biblioteca do IES de Pastoriza convocou entre todo o alumnado un concurso de vídeos e/ou audios no que os/as participantes leran ou cantaran un poema da autora. A presentación podía estar animada con música, imaxes, etc e a realización podía ser individual ou en grupo.

Os premios recaeron en:

  • 1º premio: Judith Conde Fariña e Macarena Fernández Suárez
  • 2º premio: Bilal Hicham, Oniçor Gabriel Mare e Gino Costín Serbu
  • 3º premio: Carla Mariñas Vázquez

Os nosos parabéns aos gañadores.

Achegamos unhas fotografías da entrega de premios.

Exposición de Cacharrófonos (Instrumentos musicais caseiros)

 

Un curso máis o alumnado de 2º ESO, convertidos en luthiers, realizaron unha morea de instrumentos musicais caseiros 
aproveitando materiais diversos baixo a batuta do departamento de Música.
 
Parabéns!!!!

Charla con Ledicia Costas

O día 8 de febreiro tivemos o privilexio de disfrutar no noso centro educativo da presenza da autora de literatura infantil e xuvenil Ledicia  Costas. O motivo desta actividade é o feito de que o alumnado de 2º ESO leu 2 os libros desta escritora para a materia de Lingua e Literatura galegas, concretamente Escarlatina, a cociñeira defunta e Esmeraldina, a pequena defunta

Achegamos unhas fotos do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut