Skip to Content

Obradoiro de poesía e graffiti.

O Departamento de Lingua Galega, dentro das actividades complementarias propuestas na súa Programación Didáctica, levou hoxe a cabo un obradoiro de poesía e graffitti para todo o alumnado de 4º ESO a cargo de Dores Tembrás.

 

 

 

 

Comenzo das clases do PROA

No día de hoxe, 3 de febreiro de 2016, comenzarán as clase de PROA (Reforzo, orientación e apoio). O Programa PROA xurde ao abeiro dos Contratos-Progrma implementados por la Consellería de Educación co fin de axudar ao alumnado a desenvolver as súas competencias.

Para mais información, premer neste enlace.

O horario será o seguinte:

- GRUPO 1º ESO: Martes e xoves, de 16.30 a 18.30 horas na aula de 4ºC.

- GRUPO 2º ESO: Mécores e venres, de 16.30 a 18.30 horas.

- GRUPO 3º ESO: Mércores e xoves, de 16.30 a 18.30 horas na aula de 3ºC.

O transporte é gratuito.

Celebración do día da Paz

Como nos cursos anteriores o IES de Pastoriza conmemorou o día da Paz con varias actividades musicais levadas a cabo polo alumnado e o profesor de música, o Departamento de Educación física e o coro de inglés da profesora Manoli Acuyo, e tamén houbo unha solta de pombas:


- Danza "La bella lavanderina"

- Canción "Imagine" interpretada polo coro de inglés.

Actividade contra a violencia machista

O CIM de Arteixo levou a cabo unha iniciativa nos centros educativos do Concello que consistíu na elaboración dunha curtametraxe sobre a violencia machista.

Hoxe, 20 de xaneiro, proxéctase no IES de Pastoriza para os cursos 1º, 2º, e 3º ESO na sala de usos múltiples, en 4º ESO xa se realizou esta actividade. Despois da visualización por parte do alumnado e profesorado, se realizará un coloquio-debate sobre o tema.

 

Visita á Domus

 Visita á Domus

O Departamento de Física e Química dentro da súa Programación Didáctica organizou unha actividade complementaria  co alumnado de 3º ESO que puido disfrutar do film "Titáns da Idade de Xeo" e realizar as actividades relacionadas con el.

Quérote +

 

Quérote +

  • O martes 13 de xaneiro tivo lugar a primeira sesión das tres que cada grupo de 3º da ESO dentro do plan de acción tutorial recibirá por parte do equipo do Quérote +. 
  • Este programa forma parte dos Plans Proxecta que financia a Xunta de Galicia. 
  • Os expertos de Quérote + traen ata o noso instituto a oportunidade de reflexionar e compartir ideas sobre os temas da afectividade e sexualidade que contribúen á formación integral do noso alumnado nesa etapa difícil que é a adolescencia.
  • Ao remate das charlas, o alumnado elaborará un vídeo da experiencia.

Relación dos libros de texto para o curso 2015-16

No arquivo adxunto tendes a relación dos libros de texto para o curso 2015/16.

NOTA: corrixido o erro no código ISBN dos libros de Lengua Castellana e Matemáticas de 1º e 3º ESO.

Un cordial saúdo.

Cápsula do tempo

PROMOCIÓN 4ºESO 2011-2015

APERTURA 2 DE XUÑO 2030

A historia provincial e o seu goberno

A Deputación Provincial de A Coruña levou a cabo durante esta curso 2014-15 unha actividade sobre a historia da provincia, as orixes do concepto de provincia e as diversas formas de goberno, etc.

O alumnado leu o libro A historia provincial e o seu goberno e realizaron diferentes actividades interdisciplinares e colaborativas nas diversas materias.

 

Todo o material producido por eles colgouse nun muro virtual que pode visitarse no seguinte enlace:

 

                 http://es.padlet.com/apcal61/9nfs4hhwezon

Calendario escolar

 

Dog calendario escolar  

 Festivos elixidos polo centro: 5 de decembro e 28 de abril

 

Distribuir contido


by Dr. Radut