Skip to Content

Visita á Palacio da Ópera

O pasado xoves 14 o alumnado de música de 3º e 4º da ESO acudiu a un ensaio da nosa Orquestra Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera. Parece que lles gustou moito porque non pararon de aplaudir.

Bravo pola nosa OSG!!!

E bravo polo noso alumnado máis musical!!!  

 

Visita á Policía Nacional

Tamén hoxe outro grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO visitaron xunto coas súas profesoras de Lingua Galega as instalacións da Policía Nacional dentro das actividades culturais e complementarias en colaboración co Concello de Arteixo. 

Visita ao MUNCYT

Dentro das actividades extrescolares e complementarias do centro, as profesoras dos Departamentos de Física e química e Tecnoloxía acompañaron hoxe ao seu alumnadode 4º ESO a unha visita ao Museo nacional da ciencia e a tecnoloxía (MUNCYT) onde puideron contemplar algúns dos mais de 150.000 instrumentos científicos que datan desde o siglo XVI ata a atualidade. 

 

IV Xornadas de desenvolvemento dos contratos-programa

O día 1 de abril tiveron lugar en Santiago as IV Xornadas de formación en relación co desenvolvemento dos contratos-programa. Podedes acceder aos materiais traballados premendo aquí

Cacharrófonos

O alumnado de 2º ESO, convertidos en luthiers, realizaron unha morea de instrumentos musicais caseiros aproveitando materiais diversos baixo a batuta do departamento de Música. Como pode apreciarse na exposición que durante estes días ten lugar no propio centro educativo a creatividade e a imaxinación dos alumnos e alumnas é mais que evidente. Parabéns!!!!

FSE e ensinanzas cofinanciadas

 Actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2014-2020
 

Visita aos centros IES de Sabón e IES Manuel Murguía

Dentro das actividades complementarias organizadas polo Departamento de Orientación do centro, o alumnado de 4º de ESO visitou onte as instalacións do IES de Sabón e o IES Manuel Murguía. Os rapaces deberán escoller, ao remate da Ensinanza secundaria obrigatoria, entre oas estudos de bacharelato ou dalgún ciclo da FP. Ademais, puideron entregar a súa instancia de reserva de praza cara ao curso 2016-17.

Celebración do entroido 2016

Un ano mais a comunidade educativa do IES de Pastoriza celebrou a festa de entroido cun concurso de disfraces e outro gastronómico coa participación de alumnado, profesorado e persoal non docente. E tamén visitaronos os rapaciños da EEI. Barrionovo que viñeron acompañados por algúns pais e nais e  o seu profesorado. A xornada rematou coa elección do rei e a raiña do entroido. 

 

Visita a La Voz de Galicia

O Departamento de Lingua Castelá dentro da súa Programación didáctica organizou onte e hoxe unha visita a La Voz de Galicia, onde os rapaces de 1º ESO puideron ver in situ como funciona o rotativo. Tamén coñeceron o Museo do xornal, todo o cal foi do interese do alumnado.

Actividade de Maxia Química na Fundación Barrié

O alumnado de 4º ESO acompañados da profesora de Física e química acudiron hoxe á Fundación Barrié a unha actividade de maxia química.Trátase dun espectáculo científico do ciclo A la luz de la ciencia que recolle un conxunto de experienzas relacionadas coa Química para o alumnado . Realízanse unha serie de “trucos de maxia” que en realidade ocultan fascinantes fenómenos químicos. Mediante este espectáculo, iremos coñecendo aspectos relevantes desta sorprendente ciencia chamada química.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut