Skip to Content

Visita de Ses (María Xosé Silvar)

Ses é a suma da potencia do rock, o ritmo e a mensaxe da canción latinoamericana, a tradición que leva nas veas e a súa intensa condición ...

Achegamos un vídeo da visita que nos fixo o pasado día. 

Exposición de Cacharrófonos (Instrumentos musicais caseiros)

Como pode apreciarse na exposición que durante estes días ten lugar no propio  centro educativo a creatividade e a imaxinación dos alumnos e alumnas é mais que evidente. 
Parabéns!!!! 

#RosaliaTe Mannequin Challenge da Biblioteca

Aquí vos deixamos o vídeo que realizamos na Biblioteca para celebrar o Día de Rosalía 2017.

Agradecemos a participación do alumnado e do profesorado.

NOTA: o vídeo ocupa 700MB, así que o tempo de carga para a súa visualización é lento. 

Conmemoración do Día da Paz

Como nos cursos anteriores o IES de Pastoriza conmemorou o día da Paz con varias actividades (danza do mundo, canción e solta de pombas) levadas a cabo polo noso alumnado e organizadas polos departamentos de Música e Educación física. Grazas coma sempre a Radio Furoca pola sua música e o departamento de Plástica pola fermosa pancarta.

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (convocatoria 2017)

prazo de inscrición abrangue dende o 13 ao 23 de marzo, ambos incluídos.

exame terá lugar o 31 de maio.

Máis información. AQUÍ

 

Exames de materia pendente - Febreiro 2017

Adxuntamos o calendario das probas extraordinarias para a recuperación da materia pendente correspondente á primeira parte, do 1 ao 3 de febreiro.

Encontro co escritor Jordi Sierra

Onte, os alumnos do Club de Lectura do IES de Pastoriza acudiron á presentación do libro "Historia del rock" de Jordi Sierra i Fabra, na librería Moito Conto da Coruña. Foi unha actividade organizada pola Biblioteca do centro.


Celebración do Día da Música

Con motivo da celebración do día da Música (Santa Cecilia), os alumnos/as do IES de PASTORIZA ofreceron un concerto na aula de Usos Múltiples do noso centro.

Felicitar o noso alumnado máis musical pois desfrutamos moito coas súas interpretacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut