Skip to Content

Prazos de Matrícula

Os prazos oficiais de matrícula son:

  • ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado que promociona de curso.
  • extraordinario: do 1 ao 10 de setembro para o alumnado con materia suspensa en xuño.

Entregáronse os sobres de matrícula en xuño a todo o alumnado que promociona e tamén aos que lles quedaron 1 ou 2 materias suspensas, para evitar as colas e os problemas da matrícula en setembro. 

Recoméndase facer a matrícula o antes posible, non esperar ata o último día do prazo para evitar problemas coa documentación a entregar. As datas indicadas no sobre de matrícula eran as recomendadas a estos efectos.

Actividades de fin de curso

Achegamos un par de vídeos das últimas actividades deste fin de curso:

Folga de transporte 20 e 21 de xuño - Servicios Mínimos

Esta misma tarde recibimos aviso por parte da Consellería de que a folga de transporte do 20 e 21 de xuño deixa fora dos servicios mínimos as rutas de menos de 4km de percorrido, polo que veránse afectadas as liñas 7, 8 e 9 da empresa Autos Fernández, para as que NON HABERÁ servicio de transporte. 

O resto das liñas de transporte funcionarán con normalidade. 

Día da Ciencia na Rúa

O sábado 6 de maio, participamos na celebración do Día da Ciencia na Rúa. Achegamos para compartir con vós unha foto de grupo e un vídeo que grabamos no evento.

III Competición de Robótica na EEI de Vigo - 3º Premio

O venres 28 de abril participaron 8 equipos na III Competición de Robótica da EEI de Vigo, acadando un 3º premio nunha das categorías (3º e 4º da ESO). Parabéns para todos os participantes, e agradecemento ao patrocinador da proba: Obra Social de Caixabank.

Achegamos un video do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut