Skip to Content

Graduación 4ºESO 2021

Achegamos enlace ao álbum de fotos do acto de despedida do alumnado de 4ºESO.

Calendario Fin de Curso 2020-21

1. REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS : 22 de xuño (martes).

 

2. AVALIACIÓNS ORDINARIAS (FINAIS) : 23 de xuño.

 

3. ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS, recollida dos libros do fondo

solidario de libros de texto e chaves das taquillas:

o xoves 24 de xuño cada grupo na súa aula e no seguinte horario:

○ 1º ESO 10:00h

○ 2º ESO 10:30h

○ 3º ESO 11:00h

○ 4º ESO 11:30h

 

4. MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-22: Do 1 ata o 9 de xullo nas Oficinas en horario

de 09:30 a 13:30 horas. Matricularanse os alumnos que aproben todas as materias en

xuño, aqueles alumnos con materia suspensa en xuño que se considere que poden

promocionar (1 ou 2 materias suspensas).

Os días 25, 28, 29 e 30 de xuño poderan adiantar a entrega dos sobres de matricula,

por cursos, nas seguintes datas:

Venres 25 de xuño alumnado de 6ºde primaria que accede a 1º

● Lúns 28 de xuño alumnado de 1º de ESO que pasa a 2º

● Martes 29 de xuño alumnado de 2º de ESO que pasa a 3º

● Mércores 30 de xuño alumnado de 3º de ESO que pasa a 4º

 

5. REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS: (Orde 28 agosto 1995, BOE do 20/09):

 

25 e 28 xuño

Revisión de exames de 10:30 a 12:30h: Os alumnos dirixiranse aos Departamentos das materias correspondentes para a revisión dos exames cos respectivos profesores.

Solicitude por escrito (no caso de non estar de acordo coa revisión anterior), por parte dos alumnos ou os seus pais ou titores, de revisión da cualificación final obtida nunha materia ou de revisión da decisión de non promoción ou titulación. Estas solicitudes, que deberán conter cantas alegacións xustifiquen a disconformidade coas decisións adoptadas, serán entregadas en Xefatura  de estudos antes das 13:30 horas do 28 de xuño.

29 xuño

Comunicación da resolución do Departamento didáctico ao alumno ou pais.

 

Reclamación ante a Xefatura Territorialpor desacordo do alumno ou pais coa revisión da cualificación nunha materia: No caso de que persista o desacordo, alumno ou pais ou titores poderán solicitar por escrito á Dirección, no prazo de dous días a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación a instancias superiores.

A Dirección

Pastoriza, de 6 de xuño 2021

CLUB de LECTURA a NORA dos LIBROS

O noso centro educativo conta cun Club de Lectura que sobrevive, incluso en tempos de pandemia, grazas a participación do noso alumnado.

O pasado venres 4 de xuño tivo lugar en Santiago o XIII Encontro de coordinadores dos Clubs de Lectura de Galicia e alí estivemos, recollendo novas ideas para levar a cabo o curso próximo. A apertura do evento fixoa o presidente da Xunta de Galicia, que tamén lle entregou o premio de este ano a escritora EVA MEJUTO. Adxuntamos algunhas fotos da xornada, que foi interesantísima.

Rapaces, esperámosvos o próximo curso... Estades todos convidados a nosa biblioteca, a vosa biblioteca, a biblioteca de todos!

 

Estás preparado para empregar os teus coñecementos científicos para escapar dunha casa terrorífica onde estás secuestrado por un grupo de negacionistas?

Presentamos as actividades realizadas polo Club de Ciencia do IES de Pastoriza durante o curso 2020-21. Trátase dun escape room de contido científico con preguntas organizadas en dous niveis de dificultade. Serás capaz de resolvelo?

Escape room para primeiro ciclo

Escape room para segundo ciclo

 

No Club de Ciencia do IES de Pastoriza participan 12 rapazas e 15 rapaces de 2º a 4º da ESO e 7 profesores e profesoras pertencentes aos Departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química.

Convocatoria para o fondo solidario de libros de texto 2021/22 e axudas para material escolar

Xuntase información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2021/22

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 21/maio e remata o 22/xuño 2021, incluído.

 

Clasificación para a fase final da Olimpíada Matemática Galega

O pasado xoves 29 de abril celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación da UDC a XIX Olimpíada Matemática Galega. Esta proba, na que se convida a participar ao alumnado de 2º de ESO de Galicia, consiste na resolución de cinco problemas matemáticos en dúas horas. Foron catro os participantes do IES de Pastoriza seleccionados para acudir nesta edición. 

Un dos nosos alumnos conseguiu pasar á final galega, que se celebrará o vindeiro xoves 20 de maio no Círculo das Artes en Lugo e na que competirá con outros 24 finalistas. Se consigue quedar entre os tres mellores, poderá participar na final española. Desexámoslle moita sorte!

conXÉLAte: concurso de lecturas compartidas

Como xa sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Xela Arias. E con motivo desta conmemoración, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística organizan o concurso de lecturas compartidas "conXÉLAte", no que animamos a participar a toda a comunidade educativa.

Existen dúas modalidades de participación: unha dirixida ao alumnado e ás súas familias; e outra específica, para o persoal docente e non docente, na que vos convidamos a participar. 

Para facelo, só teriades que enviarnos antes do 21 de maio un pequeno vídeo cunha lectura compartida (cos vosos pais, irmás, fillos, avoas, curmáns etc.) de textos da autora homenaxeada ao seguinte enderezo electrónico: equipo.normalizacion@iesdepastoriza.edu.es

Trátase dunha actividade voluntaria, mais haberá recompensa para as persoas gañadoras de cada modalidade. 

Xuntamos o cartaz da actividade

Un saúdo e grazas de antemán polo voso tempo! 

 

O Equipo de Normalización Lingüística.

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2021-22

Segundo o procedemento establecido na Orde do 18 decembro 2020, as listaxes provisionais das persoas admitidas para o curso próximo foron publicadas, sendo a información accesible:

  • Presencialmente: únicamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: únicamente a través da aplicación admisionalumnado  empregando certificado ou Chave365

Días non lectivos

Os días no lectivos para curso 2020/21 son:
- 3 de maio de 2021
- 14 de maio de 2021

Exames pendentes maio 2021

EXAMES DE PENDENTES 2020-21

( Do 24 maio ao 28 maio 2021 )

 

DEPARTAMENTO

MATERIA

DATA/HORA

LUGAR

C.Naturais

Bioloxía e Xeoloxía

Mar 25 11:45 a 12:35

Desd 3

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais 1º, 2º e 3º

Lun 24 10:20 a 11:10

Desd 3

Educación Física

Non hai exame

   

Física e Química

Física e Química 2º e 3º

Ven 28 10:20 a 11:10

Desd 1/ Desd 2

Francés

Francés 1º, 2º e 3º

Lun 24 12:35 a 13:25

Desd 3

Inglés

Ingles 1º, 2º e 3º

Ven 28 11:45 a 12:35

Desd 3

Lingua castelá e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º Oratoria 1º,2º

Xov 27 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Lingua galega e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º

Mar 25  9:30 a 10:20

Desd 2

Matemáticas

Matemáticas 1º, 2º e 3º

Mer 26 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Música

Música 2º, 3º

Xov 27  10:20 a 11:10

Desd 3

Plástica

Non hai exame 

   

Relixión

Non hai exame

   

Tecnoloxía

Tecnoloxía 2º e 3º

Mer 26  9:30 a 10:20

Desd 3



  Luns 24 Martes 25 Mércores 26 xoves 27 Venres 28

8:40

         

9:30

 

L.Gal

Tec

   

10:20

XH

   

Mus

FQ

11:10

         

11:45

 

C.Nat.

Mat

L. Cast.

ING.

12:35

Franc

       

13:25

         



O alumnado de PMAR será avaliado polo profesorado dos ámbitos nas materias LG/LC/CCSS/MT/CN.

Distribuir contido


by Dr. Radut