Axuda
A través da opción Solicitudes pódense crear solicitudes de reserva de praza (do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro) ou de admisión (do 1 ao 20 de marzo). Teña presente que á hora de tramitar unha solicitude fanse distintas comprobacións, para garantir o correcto rexistro dos datos.
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Manual para as familias
Os contidos para as familias están na nota superior
1. Prazo solicitudes de reserva
Cal é o prazo para a presentación de solicitudes de reserva para continuar estudos no centro de adscrición?
O prazo é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro
2. Prazo solicitudes de admisión
Cal é o prazo para a presentación de solicitudes de admisión?
O prazo é do 1 ao 20 de marzo.