Gallego

"Proposta didáctica na área de CCSS para alumnado con NEE asociadas a discapacidade auditiva" do CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña). 2º premio Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

Desenvolvemento de estratexias metodolóxicas,recursos e actividades na Área de Ciencias Sociais na ESO, co obxecto de dar resposta ás NEE do alumnado derivadas da súa discapacidade sensorial auditiva e/ou con outros déficits asociados.

Nivel:

Área de Ciencias Socias na ESO

Autor:

Daniel Emilio García Sánchez

Materiais (Anexos):

  1. Memoria do Proxecto
  2. Materiais complementarios:
  • Actividades grupais
  • Actividades interactivas
  • Exemplificacións de unidades didácticas
  • Linguaxe dactilolóxica

 

Gallego
Proxecto do CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña)

Sección: 

LOM Contido didáctico: 

"Coñecendo a nosa vila" do IES Campo de San Alberto (Noia - A Coruña). 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

O proxecto Coñecendo a nosa vila facilita a atención á diversidade dun grupo de alumnos con necesidades especiais dun xeito normalizado. Centrándose no seu entorno, este alumnado vai desenvolvendo mediante o traballo por proxectos as competencias básicas de acordo ás súas capacidades ao mesmo tempo que participan nunha iniciativa curricular común co resto do alumado do centro.

Nivel:

Aula específica. ESO

Autores:

  • Coordinadora: Mª Josefa Lorenzo Torea
  • Participante: Carlos García-Rodeja Galloso

Materiais:

  1. Memoria do proxecto.
  2. Materiais complementarios:
  • Vídeos das actividades
  • Traballos presentados a Prensa-Escuela
  • Presentación feita para a exposición de Voz Natura

Gallego
Coñecendo a nosa vila. IES Campo de San Alberto (Noia)

Sección: 

LOM Media: 

LOM Contido didáctico: 

CLIL: Integrando linguas “a través” do currículo

Partindo dos positivos resultados obtidos a través dos programas de inmersión, comezouse durante os últimos anos a pór en marcha experiencias CLIL (Content and Language Integrated Learning ou, en galego, AICLE, Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras) nas diferentes comunidades autónomas españolas. Os beneficios atribuídos aos programas CLIL son en principio diversos, pero Maljers, Marsh e Wolff (2007) condénsanos nos catro seguintes:
a/ Promoción da diversidade lingüística: o ideal europeo pretende fomentar o multilingüismo e o multiculturalismo entre a cidadanía europea.
b/ Mellora da competencia na lingua estranxeira: existe un descontento xeneralizado en relación co nivel de competencia logrado á finalización do ensino obrigatorio.
c/ Impulso á aprendizaxe lingüística en xeral: tómase como punto de partida a idea de que a metodoloxía CLIL redundará nunha maior competencia en todas as linguas presentes no currículo.
d/ Internacionalización da educación: o uso das linguas estranxeiras como medio de instrución preséntase como estímulo e acicate á hora de que os estudantes participen máis activamente nos distintos programas de mobilidade postos en marcha desde as institucións europeas.
Existen outras vantaxes inherentes ao uso da lingua estranxeira como lingua vehicular. Así, cando a lingua estranxeira pasa a ser a lingua de uso habitual para a instrución de materias, sexan estas ciencias sociais, historia ou informática, a necesidade de xerar actividades que supoñan un reto para o alumnado (á hora de completar actividades nas que se require lograr información adicional) desaparece. Este tipo de actividades xorden de modo natural ao impartir o contido curricular na lingua estranxeira nas clases CLIL, a diferenza das clases tradicionais de ensino da lingua estranxeira, onde este tipo de actividades é a miúdo presentado de modo forzado e pouco natural.
Así mesmo, nos programas CLIL o input que reciben é moito máis rico, intensivo e contextualizado, co que a aprendizaxe ten moitos máis visos de ser variada e estimulante. Ademais, en contraposición coas clases tradicionais de lingua estranxeira, trátase dun input auténtico que non foi especialmente ideado co único obxectivo de aprender a lingua estranxeira e que estimula non só diferentes interaccións, senón que tamén permite un maior contacto coa lingua estranxeira en cuestión.
Aos hipotéticos beneficios anteriormente citados, Van de Craen et al. (2008) engaden as seguintes:
a/ Fomento de actitudes e motivación positivas: partindo de estudos realizados en programas CLIL postos en marcha en Bruxelas, estes autores conclúen que os estudantes mostran unha maior motivación e mellores actitudes, á vez que a súa identidade non se ve negativamente afectada mentres que aumenta a súa autoestima. Marsh (2000) coincide neste xuízo e apunta que, de entre os efectos positivos do enfoque CLIL, pódese destacar o fomento dunhas mellores actitudes cara ás demais linguas e á súa aprendizaxe.
b/ Efectos beneficiosos en aspectos cognitivos: o enfoque CLIL require que a persoa aprendiz estea máis activa, o que redunda en beneficios cognitivos.
c/ Funcionamento cerebral con menos esforzo: partindo de estudos nos que se analiza o esforzo que precisa realizar o/a estudante monolingüe con respecto ao bilingüe na realización de tarefas, Van de Craen et al. conclúen que traballar seguindo unha metodoloxía CLIL fomenta unha maior plasticidade cerebral. [...]
Esta publicación supón unha achega sen dúbida de relevancia para todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento do plurilingüismo no ámbito escolar (máis aló de limitacións xeográficas), un amplo abanico que abrangue desde o profesorado, ata o alumnado, pasando polos proxenitores, os equipos directivos, a administración e as institucións universitarias. A todos eles corresponde achegar o seu gran de area.

Introdución
David Lasagabaster

 

Gallego
CLIL: Integrando linguas “a través” do currículo

Colectivo: 

English Interactive Visual Dictionary

Dicionario Interactivo Visual. Ferramentas audiovisuais para a práctica do inglés online a través da exploración de escenarios comunicativos habituais.
http://centros.edu.xunta.es/contidos/dictionary/

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
English Interactive Visual Dictionary

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Aplicación informática: 

Disciplinas: 

Proposta de resolución do 29 de xullo de 2011 pola que se fai pública a relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2011/2012

Gallego

Xúntase a proposta de resolución do 29 de xullo de 2011 pola que se fai pública a relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2011/2012

Colectivo: 

Sección: 

Proposta provisional de resolución de centros seleccionados e excluídos para participar nos plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación para o curso 2011/2012 (Orde do 13 de maio de 2011, DOG do 27)

Gallego

Xúntase a proposta provisional de resolución de centros seleccionados e excluídos para participar nos plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación para o curso 2011/2012 (Orde do 13 de maio de 2011, DOG do 27)

Colectivo: 

Sección: 

Publicación das puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2011/2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios

Gallego

Comunicación do 18 de xullo de 2011 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2011/2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 18 de maio de 2011 (DOG do 3 de xuño).

Máis información:

  • Establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.
  • Pódense adiantar as posibles alegacións e renuncias ao enderezo electrónico xsfp@edu.xunta.es ou por fax ao número 981 546 550. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío. O teléfono de contacto é 981 546 510.

 

Colectivo: 

Sección: 

A rede de centros plurilingües de Galicia integrará o vindeiro curso a máis de 100 colexios e institutos

A Consellería de Educación vén de autorizar de forma provisional que 47 centros educativos impartan ata un terzo do seu horario lectivo nunha lingua estranxeira

O alto número de solicitudes recibidas, tanto para estes centros como para as seccións bilingües, vén a confirmar a gran acollida da comunidade educativa ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego

A Rede de Centros Plurilingües de Galicia estará formada o vindeiro curso por máis dun cento de centros educativos de primaria e secundaria, nos que se poderá impartir ata un terzo do horario lectivo nunha lingua estranxeira.

A Consellería de Educación vén de autorizar o carácter de plurilingüe para 47 centros educativos que se unirán no curso 2011/2012 aos 58 xa integrados, polo que no seu segundo curso de funcionamento a Rede de centros Plurilingües de Galicia contará con, polo menos, 105 centros educativos. A convocatoria aberta pola Consellería volveu ser, por segundo ano consecutivo, un éxito, con 59 solicitudes.

Dado o carácter provisional da resolución, os centros solicitantes que non resultaron admitidos terán ata o vindeiro día 18 para achegar a documentación que lles foi demandada e conseguir a autorización.

Seccións bilingües

Respecto dos centros que se interesaron por contar con seccións bilingües, a Consellería de Educación está nestes momentos a tramitar o alto número de solicitudes recibidas. Con todo, o interese amosado polos centros educativos está a superar con moito as expectativas, xa que se levan tramitado máis de 300 solicitudes, das cales 250 reúnen xa os requisitos.

Neste sentido cómpre lembrar que as previsións do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad eran de chegar este ano aos 100 centros plurilingües e ás 1.600 seccións bilingües (respecto das 1.519 do curso 2010/2011). Desta forma, o número de solicitudes vén a confirmar a gran acollida da comunidade educativa ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Unha aposta pola calidade

O compromiso do Goberno galego co fomento do plurilingüismo no sistema educativo reafirmouse ademais nos últimos meses coa nova regulación dos centros plurilingües e seccións bilingües que funcionan nos centros de ensino da Comunidade Autónoma. Deste xeito, ademais do procedemento para a solicitude de autorización, nas devanditas ordes queda establecidos os obxectivos de centros plurilingües e seccións, así como as necesidades de cualificación do seu profesorado.

Neste sentido, e nunha aposta pola calidade do ensino das linguas estranxeiras, as ordes establecen que o profesorado implicado nestas iniciativas, deberá acreditar que dispón do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Estes docentes deberán ademais colaborar na elaboración da programación de contidos, actividades e materiais currículos específicos de apoio en lingua estranxeira.

As profesoras e profesores implicados nestas iniciativas deberán participar nas actividades para a formación inicial e continua deseñadas e impulsadas pola Consellería de Educación dentro do seu Plan de Formación. Ademais no espazo web de linguas estranxeiras ofertaranse recursos específicos e información relativa ao ensino CLIL/AICLE. A docencia e coordinación de centros plurilingües e seccións bilingües será recoñecida pola Administración educativa cunha certificación.

Colectivo: