Gallego

Novas ordes de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa

Gallego

Xúntase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa (DOG do 20 de maio de 2011)

Colectivo: 

A Consellería de Educación esta representada no encontro “Universidade 2.0: en busca da innovación educativa”

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, asistiu hoxe a actividade que se celebra na facultade de Comunicación en Santiago de Compostela

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estivo presente no encontro “Universidade 2.0: en busca da innovación educativa”; a través do secretario xeral de universidades, José Alberto Díez de Castro, en Santiago de Compostela.

Neste primeiro encontro, celebrado no día de hoxe na facultade de Comunicación, ten como obxectivo compartir experiencias, inquietudes e realizar debates sobre a aplicación das TIC no escenario da educación superior, especialmente no relativo a uso de contidos e plataformas dixitais.

Durante a súa intervención o secretario xeral destacou que “aaposta decidida pola innovación non debe limitarse a un aumento da diversidade de contidos da oferta educativa das nosas universidades, ante todo, debe orientarse á introdución de novas metodoloxías docentes e á aplicación de innovadoras tecnoloxías ao ámbito do ensino universitario. Estamos a asistir a un cambio provocado polas novas tecnoloxías que non só afectará positivamente á forma de impartir as ensinanzas universitarias, senón que implicará unha modificación substancial nas tradicionais relacións profesor-alumno”.

Por outra banda o secretario xeral dixo que “a xeneralización destas novas tecnoloxías constitúe un dos máis urxentes e necesarios pasos que as universidades han de dar e á que terán que destinar maiores recursos impulsando, á vez, tanto a modernización das súas instalacións e equipos coma a formación dos seus profesores”.

A xornada

Cómpre destacar que a xornada conta coa colaboración de diversas editoriais e con soportes tecnolóxicos, que aportaron a información que será transmitida a través de docentes universitario.

Están programados varios obradoiros, xirando un deles en torno a innovación e tecnoloxía de colaboración na universidade que ten como obxectivo traballar as estratexias eficaces de adopción tecnolóxica na ensinanza universitaria. Nas outras reunións falarase sobre a integración de elementos audiovisuais no entorno da ensinanza e sobre o uso da plataforma Moodle para alfabetización internacional das bibliotecas.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

A Consellería de Educación vén de incorporar 60 novos recursos ao repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar

Esta ferramenta para integración das TIC no ensino aproxímase así aos 800 contidos

A plataforma web do Proxecto Abalar está a gozar dun gran éxito entre a comunidade educativa, e conta xa con 85.000 visitas

Nas vindeiras semanas porase en marcha unha nova versión do espazoAbalar, con novas funcionalidades para os usuarios

Gallego
A Consellería de Educación vén de incorporar 60 novos recursos ao repositorio de
A Consellería de Educación vén de incorporar 60 novos recursos ao repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de incorporar 60 novos recursos ao Repositorio de Contidos Dixitais do espazoAbalar, a plataforma web do proxecto de integración das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que está a desenvolver a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación ela Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Desta forma o repositorio achégase aos 800 contidos, que están a ter unha grande acollida entre os membros da comunidade educativa. De feito, as descargas destes contidos superan xa as 60.000, desde que o repositorio se puxera en marcha o pasado mes de novembro.

Cómpre lembrar que o portal espazoAbalar é accesible para toda a comunidade educativa de centros sostidos con fondos públicos, independentemente de que estean ou non participando no presente curso o Proxecto Abalar.

Novo espazoAbalar

Desde a súa posta en marcha a finais do mes de outubro o espazoAbalar recibiu máis de 85.000 visitas. A plataforma, creada para fomentar a participación e a comunicación en rede de toda a comunidade educativa, está en permanente evolución, e está previsto que nas vindeiras semanas se poña a disposición dos usuarios unha versión que incorpora novidades funcionales e técnicas.

Deste xeito haberá un novo espazoCentros, que permitirá aos responsables do centro educativo enviar comunicacións ás familias e aos profesores.

Ademais ábrese a posibilidade de incluír vídeos no portal, unha funcionalidade que se estrea cun videotitorial sobre a montaxe do encerado dixital e o canón proxector e recomendacións de mantemento.

O novo espazoAbalar incluirá ademais novas funcionalidades que amplían as posibilidades tanto das novas como da visualización dos contidos, a posibilidade de subscrición mediante RSS ás novas do portal, e un apartado de Preguntas Frecuentes (FAQ) para que aquelas dúbidas e preguntas que se veñen resolvendo de forma habitual por outras canles.

Tema: 

Sección: 

Xesús Vázquez Abad asiste aos VIII Encontros de Educación Infantil celebrado no palacio de congresos de Santiago

O conselleiro de Educación deu a benvida aos máis de cincocentos docentes que se reúnen hoxe e mañá na cidade compostelán

Gallego
Xesús Vázquez na inauguración dos Encontros de Educación Infantil
Xesús Vázquez na inauguración dos Encontros de Educación Infantil

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe os VIII encontros de Educación Infantil aos que nesta edición asisten máis de cincocentos docentes. Unha actividade que se desenvolverá na xornada de hoxe e de mañá, no palacio de congresos de Santiago, e que pretende ser un espazo para o intercambio de experiencias co fin de promover a actualización científica e didáctica do profesorado, ao tempo que se dan a coñecer as principais liñas do Plan de Formación.

Durante a súa intervención o conselleiro destacou que “Estas xornadas promoven a actualización científica e didáctica do profesorado, dos docentes de Educación Infantil, que están entre os máis implicados e abertos á innovación”. Ao tempo que recordou que os estudantes dos asistentes ao congreso teñen entre tres e seis anos e que “a esa idade, absorben como  esponxas cada coñecemento que se pon no seu camiño. Todo é novo, todo é supón un estimulante reto, interesante na medida en que todo sexa tamén un xogo. É por iso polo que a vosa tarefa é, a un tempo, difícil e inspiradora. Porque o que agora lles ensinedes sentará as bases do que serán e farán mañá. Pero, como ben sabedes, só poderedes aprenderllo se conseguides captar e manter a súa atención, sempre tan variable e fuxidía”.

Respecto dos temas a tratar nestas xornadas días Vázquez Abad engadiu que “trátanse temas moi ambiciosos, abordáranse desde todos os ángulos posibles, para extraerlles o maior proveito, o que vai redundar en beneficio dos que máis importan: as nosas nenas e nenos”.

O desenvolvemento do encontro

A temática deste edición xirará en trono ao achegamento á lingua escrita na etapa de Educación Infantil, a arte na escola infantil, e as propostas metodolóxicas. Todo isto dentro dun formato no que se combinan as conferencias con posteriores mesas de debate onde se farán visibles as prácticas educativas.

Ao longo destes dous días haberá encontros e relatorios en torno a lectura e escritura na Educación Infantil, ou o arte comunitario nesta etapa, así como o diálogo entre as artes e a filosofía na escola infantil.

Cómpre destacar que na xornada de mañá o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentará en formato audiovisual os seguintes contos: “Os sete cabritos”, “Fiz o coleccionista de medos” e “ A pota que trota”, editados pola Consellería de Educación para os centros educativos galegos que imparten o segundo ciclo de Educación Infantil. Cada unha das curtametraxes estará acompañada por unha proposta didáctica.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

I Edición de Coñece o Espazo Abalar

Gallego

Arranca a primeira edición de "Coñece o espazoAbalar”, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica  e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos de Galicia que neste curso 2010/2011 sexan centros da Rede Abalar.

Os centros públicos da Rede Abalar interesados en participar, deberán remitir un correo electrónico a  abalar.xornada.espazoabalar@edu.xunta.es antes do mércores 18 de maio indicando o nome do centro, dirección postal e datos da persoa de contacto (nome, cargo, teléfono, ...). O CPEIG porase en contacto cos centros interesados para ultimar os detalles e a data da xornada.

Máis información en:
Galego: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/node/115
Castelán: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/node/116

Servizo relacionado: 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

I Xornada Galega sobre Linguas Estranxeiras

Gallego

O vindeiro 4 de xuño terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela) a I Xornada galega sobre linguas estranxeiras, na que se presentará o plan galego de potenciación de linguas estranxeiras.

A Xornada contará coa participación de Hugo Baetens Beardsmore (Universidade Libre de Bruxelas) e David Lasagabaster (Universidade do País Vasco), así como con representantes doutras Comunidades Autónomas e experiencias de centros galegos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de maio en www.edu.xunta.gal/fprofe

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

O conselleiro de Educación destaca o papel clave do profesorado na innovación educativa no marco das xornadas ‘Novas competencias para a nova sociedade’

O encontro pretende a reflexión sobre os cambios no labor docente derivados da dinámica da sociedade actual

Gallego
Na imaxe, o conselleiro de Educación, o Director Xeral e Subdirector Xeral, Beat
Na imaxe, o conselleiro de Educación, o Director Xeral e Subdirector Xeral, Beatriz Alonso Pérez-Ávila, Asesora de innovación educativa e Miguel Pena Rojas, director do centro.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta tarde as Xornadas de innovación educativa, novas competencias para a nova sociedade, que se celebran hoxe e mañá no IES Cruceiro Baleares, de Culleredo (A Coruña).

Neste acto, no que estivo acompañado polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, e polo subdirector xeral Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila, o conselleiro explicou que “a innovación procura a excelencia educativa, o seu obxectivo último, o horizonte cara o que vai esta Consellería”, unha procura na que “hai unha clave, o profesorado”. Deste xeito Vázquez Abad fixo fincapé no esforzo realizado polo profesorado “para que o papel da innovación na educación en Galicia sexa relevante”, no marco da “revolución creativa, cognitiva e social que o voso alumnado ve como algo natural e innato, pero que vós tedes que aprender e asumir para saber guialos por ese camiño, cheo de retos, pero tamén de perigos”. Ademais destacou a importancia nesta tarefa das familias, xa que “a colaboración entre os centros e as familias, nunca bastante reclamada nin valorada, resulta imprescindible para marcar o rumbo”.

Relatores de prestixio

Estas xornadas, nas que participan en torno a 600 profesores están encamiñadas a reflexionar sobre o papel da innovación na educación en Galicia, un tema que será abordado desde diferentes puntos de vista. Para iso cóntase con algúns dos relatores de máis prestixio tanto da nosa comunidade autónoma de Galicia como de outras comunidades autónomas, como Dolors Reig, Mar Romera, Lourdes Montero, Ana Torres Jack, José Ángel Suárez Alonso, Mónica Ramos Pérez e Luis Miguel Villaverde, entre outros.

Xunto coas reflexións máis teóricas, neste encontro ofrecerase unha mostra dalgunhas das mellores experiencias que se están a desenvolver na nosa comunidade. Nestas xornadas presentarase ademais o novo portal de innovación educativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Ademais os participantes poderán coñecer de primeira man varias experiencias punteiras de innovación en formación profesional, en proxectos artísticos, en programas de mobilidade, ou na educación en valores que se están a desenvolver na nosa comunidade.O profesorado participante recibirá, ao finalizar a actividade, unha certificación de formación do profesorado.

Compromiso

Coa organización deste encontro a Consellería de Educación, comprometida coa formación continua, ofrece ás profesoras e profesores apoio para a reflexión sobre a revolución creativa, cognitiva e social que está a tocar aos distintos sectores da sociedade actual, e sobre os cambios que isto supón no desenvolvemento do labor docente.

Neste sentido Vázquez Abad lembrou que a Consellería de Educación deixa patentes estas preocupacións nos plans e programas que se están a desenvolver xa neste curso 2010-2011, “como os galardóns para o profesorado como os premios á innovación educativa, ou os premios ao desenvolvemento de contidos educativos dixitais”, entre outros.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Xornadas de Innovación Educativa. Novas competencias para a nova sociedade

Gallego
Xornadas de Innovación Educativa

O venres 29 de abril, de 4 a 8, e o sábado 30, de 10 a 2 e de 4 a 8, celébranse no IES Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña) as Xornadas de Innovación Educativa: novas competencias para a nova sociedade, unha actividade encamiñada a reflexionar sobre o papel da innovación na educación en Galicia, achegando unha visión sobre o estado actual da educación na nosa comunidade, a súa relación cos cambios da sociedade actual, as necesidades específicas que se precisan e as futuras liñas de desenvolvemento.

 

Sección: 

Ámbito da actividade física

Neste apartado poderemos atopar ferramentas relacionadas co ámbito da actividade física, que nos axudarán a traballar as competencias básicas, renovar a práctica cotiá da aula, introducir o uso das TIC no ensino e favorecer a accesibilidade universal nas distintas etapas deste ámbito.

Gallego
Ámbito da actividade física

Peso: 

28

Ámbito artístico

Neste apartado poderemos atopar novas ferramentas relacionadas coas áreas artísticas que contribúan ao avance da sociedade e pretendan: Introducir o uso das TIC na práctica cotiá, traballar as competencias básicas, axudar a aprendizaxe destas áreas nas diferentes etapas e contribuir á inclusión do alumnado con NEAE.

Gallego
Ámbito Artístico

Peso: 

27