Gallego

742 docentes de 39 centros educativos participarán este curso nos plans de autoavaliación e mellora da calidade impulsados pola Consellería de Educación

O importe destas axudas ascende a 125.000 euros

Gallego

Un total de 742 docentes de 39 centros de ensino de Galicia participarán este curso 2011/2012 nos plans de autoavaliación e mellora da calidade impulsados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unhas axudas cuxo importe ascende a 125.000 euros.

O obxectivo desta iniciativa convocada pola Consellería é fomentar prácticas de avaliación interna, identificar puntos fortes e débiles do centro e pór en marcha medidas conducentes á súa optimización. A resolución definitiva de centros e profesorado participantes será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos vindeiros días. Dos centros participantes, 17 pertencen á provincia da Coruña, 6 á de Lugo, 5 á de Ourense e 11 á de Pontevedra. O listado pódese consultar no enlace web /portal/plansdeautoavaliacion.

Con esta convocatoria o departamento educativo da Xunta de Galicia reafirma a súa aposta pola cultura da autoavaliación e o establecemento de proxectos propios xestionados de maneira autónoma por cada centro como medio de traballo para a mellora da calidade educativa.

Proceso

Para pór en marcha estes plans os centros identifican primeiro, a través dunha avaliación interna, as áreas de traballo relativas ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, nomeadamente as competencias en comunicación lingüística, matemática, social e cidadá, cultura e artística, en autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender, no coñecemento e a interacción co mundo físico, e no tratamento da información e competencia dixital.

Tras esta análise cada centro proporá a posta en marcha dun plan de mellora das devanditas competencias contextualizado á realidade observada, que será coordinado por un profesor encargado de dinamizar e impulsar estas accións, servir de interlocutor coa administración educativa e redactar a memoria final do proxecto.

A Consellería de Educación contribúe ao desenvolvemento dos plans con achegas de ata 4.000 euros para cada centro, que conta ademais co asesoramento dos centros de formación e recursos e da inspección educativa.

Cada colexio e instituto recibe un certificado de ter participado no proxecto. Ademais, a efectos de recoñecemento, os plans de autoavaliación considéranse programas de innovación educativa.

Éxito da convocatoria

A convocatoria destes plans é moi ben acollida entre os centros educativos de Galicia, e reuniu un total de 42 solicitudes. Cómpre ademais resaltar que os centros que participaron o ano pasado acadaron un alto grao de satisfacción tras esta experiencia. De feito un dato que o corrobora é que arredor dun 70% dos centros participantes solicitan permanecer nesta iniciativa para o curso seguinte.

Colectivo: 

Sección: 

Relación de centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2011/2012

Gallego

Xúntase a Orde do 25 de outubro de 2011 pola que se publica a relación de centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2011-2012, convocados pola Orde do 13 de maio de 2011.

Colectivo: 

Sección: 

Programa CaixaEscena 2011/2012

A Obra Social de La Caixa ofrece aos centros de Galicia o Programa CaixaEscena, unha iniciativa educativa de asesoramento, formación e outras actividades de apoio para o desenvolvemento de programas de teatro escolar. Deste xeito, o programa está organizado arredor de centros de interese temáticos que este ano inclúen a obra de Goldoni e a Commedia dell’ Arte, os textos de Shakespeare e a posta en escena de Sainetes e Entremeses.
Para obter máis información e/ou inscribirse no programa hai que dirixirse á súa páxina web.

 

 

Gallego
CaixaEscena

Sección: 

Convocatoria de cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o profesorado 2011/2012

Gallego

Convócanse cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés, dirixidos preferentemente ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües, ademais doutro profesorado que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha lingua estranxeira.

Estes cursos compoñen un itinerario formativo en tres niveis (A2, B1 e B2), cunha duración de 120 horas por curso. As persoas interesadas deberán acreditar, unha vez seleccionadas, que posúen o nivel A2 para a admisión nos cursos de nivel B1, e que posúen o nivel B1 para a admisión nos cursos de nivel B2.

Os cursos CALC celebraranse nas Escolas Oficiais de Idiomas, consonte o calendario que se indica:

  • Do 21 de setembro ao 2 de outubro: Preinscrición nos cursos a través de http://www.edu.xunta.gal/fprofe (para facilitar a búsqueda dos cursos, seleccionar "Área: linguas estranxeiras").
  • Do 3 de outubro ao 7 de outubro: Selección dos participantes polos CFR e envío de notificacións aos seleccionados.
  • Do 8 de outubro ao 13 de outubro: Confirmación e envío por correo electrónico aos CFR da acreditación do nivel de lingua anterior, no caso dos cursos de nivel B1 e B2, por parte dos seleccionados.
  • 17 de outubro: Inicio dos cursos (cada curso comezará no primeiro día que lle corresponda desa semana).
  • 31 de maio: Fin dos cursos.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

O boletín informativo da Consellería de Educación convértese en dixital e intégrase no portal educativo

Gallego
O boletín informativo da Consellería de Educación convertese en dixital e intégr
O boletín informativo da Consellería de Educación convértese en dixital e intégrase no portal educativo

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar que o seu Boletín Informativo convértese en dixital e intégrase no portal educativo.

Cómpre sinalar que desde o primeiro número que o Boletín Informativo editou no presente curso académico xa cambiou de soporte e quedou integrado no Portal Educativo da Consellería, na seguinte dirección web; /portal/boletin. A actualización dos contidos e a incorporación ao Portal melloran a accesibilidade e a facilidade de uso por parte dos usuarios.

Esta nova versión reparte a información en varias seccións: Plans, Programas e Convocatorias, Actividades Formativas, Formación, Lexislación e Enlaces de Interese. Ademais, conta tamén cunha hemeroteca, un Histórico que ofrece as informacións publicadas durante os últimos meses. Por outra banda, mantense a sección fixa de Publicacións da Consellería nun apartado localizado ao final da Portada.

Por último, a súa integración no Portal Educativo permite utilizar o buscador dun xeito máis eficaz, ofrecendo tamén a posibilidade de realizar unha Busca avanzada por criterios de “palabra”, “frase” ou “sección” do sitio web da Consellería.

Este cambio forma parte do proxecto de integración dos Sitios temáticos no Portal Educativo, que irá incorporando paulatinamente os xa existentes e ofrecerá novos espazos de Innovación Educativa, Lexislación e Atención á Diversidade e Orientación.

Deste xeito todos estes sitios web formarán parte da mesma estrutura, mellorando considerablemente a accesibilidade e facilitando a utilización eficaz dos recursos e da información ofrecida á comunidade educativa galega.

Sección: 

A Consellería de Educación instalará máis de seiscentos equipos de aulas dixitais nos centros educativos galegos

O convenio acadado pola Xunta de Galicia e a entidade Red.es equipará aos colexios con ordenadores portátiles, encerados dixitais e proxector que supoñen un investimento de 2.600.000 euros

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria instalará en vindeiras datas máis de seiscentos equipos de aulas dixitais nos centros educativos galegos. Unha acción que ven derivada dun convenio asinado entre a Consellería, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria.

Dito convenio permitira que se distribúa e instalen máis de seiscentos equipos compostos por un ordenador portátil, un encerado dixital interactivo e proxector, todos eles valorados en 2.600.000 euros. Para o reparto deste equipamento teranse en conta distintas variables, priorizando a aqueles centros de educación infantil e primaria que nestes momentos conten cun menor equipamento das características antes nomeadas e aqueles que asinen contratos programa.

Os destinatarios

Para poder optar a ter estes ordenadores e encerados serán os centros os que deberán solicitar a súa adxudicación. Así a partir da semana do 12 de setembro a Consellería de Educación enviará unha comunicación aos centros, para que os interesados soliciten aqueles equipos que precisen. Na mesma solicitude deberán precisar os usos concretos para os que irán destinados.

Cómpre sinalar que todo o equipamento será instalado no centro educativo no momento da súa entrega, con cargo ao proxecto, polos técnicos e equipos que envían o material aos colexios.

Con esta nova acción a Consellería volve a demostrar o seu interese pola innovación e da un paso máis complementando as distintas accións que xa se están a desenvolver dentro do programa Abalar. Asemade volve a dar conta da súa aposta pola dotación de novas tecnoloxías á escola pública. Compre sinalar que o Abalar continúa este curso incrementando o número de usuarios e chegando a estudantes de 5º e 6º de primaria así como aos de 1º e 2º da ESO, chegando a 77 centros máis que o ano pasado.

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria dos premios á calidade e innovación en orientación e formación profesional para o ano 2011

Gallego

Xúntase a Resolución de 23 de agosto 2011, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan los Premios a la calidad e innovación en orientación y formación profesional, para el año 2011.

Convócanse dúas modalidades de premios:

1. Premios á calidade e innovación en formación profesional do sistema educativo. 
2. Premios á calidade e innovación en orientación profesional desde o sistema educativo.

O prazo de presentación da documentación remata o 30 de setembro de 2011

Sección: 

Máis de 40.800 estudantes e profesores galegos mellorarán as competencias en idiomas no curso 2011/2012 a través do plan de potenciación das linguas estranxeiras

A estratexia de fomento do plurilingüismo desenvolvida pola Consellería de Educación supera xa o número de cidadáns beneficiados previstos para o final da lexislatura

No segundo curso de aplicación do Plan haberá 110 centros plurilingües e 1.863 seccións bilingües

O número de persoas nativas que prestan o seu apoio en centros galegos quintuplícase este curso respecto dos que había no 2008/2009

Gallego
Plan de potenciación das linguas estranxeiras
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, durante a rolda de prensa, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatica, José Luis Mira

Máis de 40.800 estudantes e profesores galegos poderán mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012 a través das ensinanzas impartidas nos colexios integrados na Rede Galega de Centros Plurilingües e nas seccións bilingües. Así o explicou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, nunha rolda de prensa na que presentou as novidades relativas a estas dúas liñas de actuación enmarcadas na estratexia de fomento do plurilingüismo que está a desenvolver a Xunta de Galicia, o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, o conselleiro salientou a gran acollida que ambas actuacións – centros plurilingües e seccións bilingües- están a ter entre a comunidade educativa galega. Neste sentido destacou que, se ben as previsións para o 2011/2012 eran de chegar aos 100 centros integrados na Rede de Plurilingües e ás 1.600 seccións, o gran éxito das convocatorias fixo que se superaran estas cifras.

Así, o vindeiro curso haberá 110 centros plurilingües, 52 máis que no 2010/2011; e 1.863 seccións bilingües, 344 novas respecto do curso anterior. Así, só a través destas iniciativas, máis de 40.800 estudantes e profesores beneficiaranse dun ensino plurilingüe, o que supón superar as previsións anunciadas inicialmente para o Plan, polas que se estimaba que 40.000 galegas e galegos terían mellorado as súas competencias en outros idiomas ao final da lexislatura.

Centros e seccións

Tal e como explicou Vázquez Abad, o vindeiro curso 7.371 alumnos e 165 profesores participarán a diario das actividades de mellora das competencias en linguas estranxeiras desenvolvidas na Rede Galega de Centros Plurilingües, o que supón un incremento moi significativo respecto dos 2.525 estudantes e 87 docentes que o fixeron o curso pasado.

Ademais, o conselleiro destacou o forte incremento rexistrado no que vai de lexislatura no que toca ás seccións bilingües. “No curso 2011/2012 o número de seccións bilingües nos centros educativos galegos será un 159% superior ás que había ao inicio da lexislatura, ou o que é o mesmo, vimos de multiplicalas case por 2,6”, dixo. Desta forma, a partires de setembro 32.578 estudantes e 748 docentes adquirirán novas competencias en linguas estranxeiras nas 1.863 seccións bilingües que funcionarán nos colexios e institutos da Comunidade Autónoma.

Apoio nativo

Por outra banda Vázquez Abad destacou a incorporación de auxiliares de conversa aos centros que participan no Plan como "unha das medidas mellor valoradas pola comunidade educativa galega". "Por iso- explicou- a Consellería de Educación está a facer un importante esforzo para incrementar este apoio". Así, o vindeiro curso increméntase o número de auxiliares nun 30% respecto do curso anterior,ata chegar aos 339, que desenvolverán o seu labor nos centros plurilingües públicos de Galicia, nas seccións bilingües e nas Escolas Oficiais de Idiomas.

Ademais os centros plurilingües do rural galego volverán ter neste vindeiro ano académico o apoio de 18 mestres xubilados que desempeñan nestes colexios e institutos a función de apoio á aprendizaxe, fundamentalmente, do inglés.

Nesta mesma liña o conselleiro fixo fincapé en dúas novidades para o 2011/2012. Así, anunciou a incorporación de 3 profesores estadounidenses visitantes, que prestarán o seu apoio ao ensino do inglés en centros educativos galegos durante todo o ano académico. “Así mesmo -engadiu- disporemos de 1 profesor de lingua francesa a tempo completo, froito do convenio de colaboración entre a Consellería e a Academie de Amiens”.

“Deste xeito, e tendo en conta os auxiliares, os sénior e as devanditas colaboracións, no curso 2011/2012 serán 361 as persoas nativas que colaboren nos centros de ensino de Galicia para que tanto o alumnado como o profesorado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras, un 438 % máis das que había ao inicio da lexislatura”, destacou Vázquez Abad.

Impulso no rural

Ademais da oportunidade que para os centros plurilingües do rural galego supón poder dispoñer do apoio dos mestres sénior nativos, o conselleiro fixo fincapé no importante incremento do programa de Cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras (CUALE). Así, no curso 2010/2011 increméntase nun 22,3% o número de alumnas e alumnos atendidos polo CUALE, un programa que ten como obxectivo formar ao alumnado, de forma gratuíta, para que poidan superar as probas para obter a certificación en idiomas outorgada polas Escolas Oficiais de Idiomas.

“A importancia deste programa radica principalmente en que se ofrecen clases preparatorias para a obtención de certificados oficiais a aqueles estudantes que, por vivir en zonas do rural, non teñen un fácil acceso ás Escolas Oficiais de Idiomas”, explicou o conselleiro.

Neste sentido o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou entre os principios fundamentais que guían as actuacións do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras a formación de  todas as galegas e galegos para a mellora das súas competencias en outros idiomas, independentemente do seu lugar de residencia e dos seus recursos económicos.

“Non podemos esquecer que o coñecemento de idiomas é cada vez máis imprescindible para participar na sociedade dos noso días, tanto desde o punto de vista persoal, como do académico e profesional”, lembrou.

Colectivo: 

"CADT. O profesor de tecnoloxía en internet" do IES Concepción Arenal (Ferrol - A Coruña). 1º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

CADT, é un sitio en internet que trata de facilitar a tarefa de introducir as competencias básicas na aula de tecnoloxía. O alumnado pode traballar a materia de tecnoloxía en calquera lugar simplemente entrando na web. A mellor maneira de aprender para o alumnado é divirtíndose e CADT tenta que desta maneira se alcancen as competencias básicas. Ademais de fomentar a lectura e o uso das TICs.

Nivel:

Tecnoloxía en ESO e BAC

Autor:

Miguel Carlos de Castro Miguel

Materiais (Anexos):

  1. Memoria do proxecto
  2. Materiais complementarios:
  • Anexo 01: Instrucións para o profesorado
  • Anexo 02: Instrucións para os usuarios

 

Gallego
CADT. O profesor de tecnoloxía en internet

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

"Polizóns a bordo. Traballando por proxectos no CPI de Panxón (Pontevedra)". 2º premio Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

Proxecto documental encamiñado á modificación de estratexias metodolóxicas na aula, desenvolvendo contidos curriculares que atenden á diversidade e empregando diferentes recursos, en especial as TIC, o traballo colaborativo e a biblioteca. Persigue desenvolver as competencias básicas e conseguir un maior éxito escolar.

Nivel:

Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria

Autores:

Coordinadora:

  • Monserrat Sanuy Alfeirán

Participantes:

  • Casto Antonio García Márquez
  • Andrea García- Picher Rodríguez
  • Eva Fontangordo Fernández

Materiais (Anexos):

  1. Memoria do proxecto
  2. Materiais complementatios:
  • Anexos 01: Mural, Actividades, Viaxes, Entroido, Horta escolar, Reinterpretación conto 1º EP
  • Anexos 02: Intercambios culturais, A Idade Media, Os conquistadores, Colón na cultura galega, Evanxelización, Presentacións e Webquest 4º ESO, Interpretación Sinfonía do Novo Mundo, Instrumentos de navegación
  • Anexos 03: Libro Lengua Castellana 1º ESO
  • Anexos 04: Actividades do 28 de maio, día de Colón
  • Anexos 05: Obradoiro de teatro. 28 de maio, día de Colón
  • Anexos 06: Decoración do centro, Proxectos e murais, Liña do tempo
Gallego
Polizóns a bordo. Traballando por proxectos no CPI de Panxón (Pontevedra)

Sección: 

LOM Contido didáctico: