Gallego

Educación 3.0 e audiovisual e II Encontro de docentes de audiovisual

LUGARES COMÚNS PARA A EDUCACIÓN E O AUDIOVISUAL nace como un espazo para favorecer o diálogo entre o audiovisual e outras disciplinas, que facilite a posta en marcha de iniciativas transformadoras, xunto co establecemento dun diálogo onde transmitir coñecementos e experiencias que poidan ser de aplicación e utilidade á hora de materializar novos proxectos.

A xornada está estruturada en dúas sesións diferenciadas:

  • Mañá: organizada pola Academia Galega do Audivisual en colaboración con AGAPI-Asociación Galega de Produtoras Independentes. Baixo o título 'Educación 3.0 e audiovisual' parte do compromiso de posicionar ao sector audiovisual como un aliado á hora de xerar contidos educativos e procesos metodolóxicos anovadores
  • Tarde: retoma as conclusións do primeiro encontro entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia, celebrado o pasado 27 de abril. O "II Encontro de docentes de audiovisual" poñerá en común as conclusións dos grupos de traballo, desenvolvendo estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien a súa labor actual

Beneficiarios:

As xornadas están dirixidas principalmente a docentes e traballadores do sector audiovisual, pero tamén presentan interese para estudantes, profesionais e calquera persoa interesada nas posibilidades educativas do medio audiovisual.

Data e lugar de celebración:

19 de Outubro 2018 no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña.

Inscrición:

A inscrición como asistente para xornada “Educación 3.0 e audiovisual” é gratuíta, enviando un correo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando nome, apelidos e o motivo polo que se desexa asistir.

A inscrición como ouvinte para o “II Encontro de docentes de audiovisual” está aberta soamente ás socias e socios da Academia Galega do Audiovisual, é gratuíta enviando un correo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando nome, apelidos e o motivo polo que se desexa asistir.

O prazo para as dúas  inscricións estará aberto dende o 24 de setembro ata o 17 de outubro.

Gallego
Educación 3.0 e audiovisual e II Encontro de docentes de audiovisual

Sección: 

Proposta didáctica para a película "A pesar de todo, quérote"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote. A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

Gallego
Secuencia

Colectivo: 

XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia o 31 de maio e 1 de xuño de 2013 no IES A Guía de Vigo

APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia) organiza no IES A Guía de Vigo as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia (sen tecnoloxía non hai progreso) os días 31 de maio e 1 de xuño.
Organizadas e subvencionadas polo propio profesorado celebraranse, un ano máis, as xornadas de formación e intercambio de experiencias didácticas en Tecnoloxía.
As visitas didácticas á Escola de Artes e Oficios de Vigo ou Citexvi son simultáneas, polo que haberá que elexir unha delas. As prazas dispoñibles serán cubertas por orde de inscrición. A segunda visita é ao Centro de Interpretación do Parque Natural das Illas Atlánticas.

O profesorado interesado pódese inscribir accedendo ao formulario de inscrición.

Como en anos anteriores, a maior parte do programa estará adicado a obradoiros.

Para as propostas, dúbidas ou suxestións o contacto é: xornadas@apetega.org.

Este ano tamén pódese participar facendo unha comunicación breve ou traendo proxectos para o taller cacharreando.

Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas de formación.
O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 17 de maio ás 20:00 h ata o domingo 26 de maio ás 20:00 h.

Gallego
XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Colectivo: 

Sección: 

Disciplinas: 

IV Concurso e Obradoiro Galego de Robótica organizado por IGACIENCIA en colaboración coa Fundación Barrié no marco de educaBarrié

O IV Concurso e Obradoiro Galego de Robótica está organizado por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) en colaboración coa Fundación Barrié, a Deputación de Lugo e o Concello de Lugo. Esta actividade terá lugar do 16 ao 21 de abril de 2012 no CEI Nodus da cidade de Lugo.

A robótica é un dos paradigmas da tecnoloxía actual. Axuda a comprender aspectos relevantes das matemáticas (xiros, programación), da física (movementos, sinais), e da mesma tecnoloxía, (sensores, motores, engranaxes...) etc... de modo que os alumnos poden ver a aplicabilidade dos seus coñecementos nun contexto real.

Ademais de aprender, teñen a oportunidade de enfrontarse e resolver desafíos en equipo, o cal lles abre a vía da participación no concurso.

Esas, e outras razóns, converten este obradoiro nunha das experiencias máis interesantes e motivadoras que se lle poden presentar ao alumnado.

Un aliciente engadido é que a cidade de Lugo ten numerosos puntos de interese para visitar e coñecer.

As bases,  información máis detallada, pódense consultar en http://www.igaciencia.org.

 

Gallego
IV Concurso e Obradoiro Galego de Robótica

Tema: 

Disciplinas: 

"Electronics" do IES Fonmiñá, Pastoriza (Lugo) 3º premio Innovación Educativa 2010 Modalidade A (Fomento do plurilingïsmo) E. secundaria/bacharelato

Sinopse:

Este traballo recolle as prácticas desenvolvidas na Sección Bilingüe en inglés para a materia de Tecnoloxía en 4º de ESO, coa pretensión de dar a coñecer ao alumnado algúns conceptos básicos de electrónica e, ao mesmo tempo, posibilitar a adquisición do vocabulario básico en lingua inglesa relacionado con este campo.

Autor: Demetrio José Hermida Castro.

Nivel: 4º ESO.

Materiais anexos:

  • Memoria do proxecto.

 

Gallego
Electronics

Tema: 

Sección: 

Disciplinas: 

"Electricidade: Ensino bilingüe" do IES Antonio Fraguas Fraguas, Santiago de C. (A Coruña) e do IES Nº 1, A Estrada (Pontevedra) 3º premio Innovación Educativa 2010, Modalidade a (Fomento do plurilingüismo) E. Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Materias interactivos bilingües para o seu uso mediante ferramentas TIC, empregados para o desenvolvemento dos contidos de electricidade da materia de Tecnologías de 3º de ESO.

Actividades de introdución, reforzo e avaliación interactivas con retroalimentación.

Materiais visuais e sonoros, animacións, explicacións e actividades de “listening”.

Autores:

  • Coordinador: Marcos Vázquez Rozas
  • Participante: María Isabel Blanco Arnejo
     

Nivel: 3º ESO.

Materiais anexos:

  • Memoria do proxecto
Gallego
Electricidade: ensino bilingüe

Tema: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe" do CPI de Atio (A Coruña) e do IES Canido, Ferrol (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/ Bacharelato

Sinopse:

Un xeito innovador de descubrir o patrimonio histórico da contorna empregando dispositivos móbiles.

Trátase dunha actividade para a visita do Castelo de San Felipe en Ferrol. O alumnado, aínda que supervisado polo profesor, móvese polo Castelo, coa axuda de audioguías que descargan previamente nos seus móbiles ou mp3 e cun plano mudo. Foméntase así a súa capacidade de observación, a interrelación entre a realidade e a cartografía, e a autonomía na aprendizaxe. Resulta novedoso a utilización da tecnoloxía do seu ocio para realizar a actividade, resultando así máis cercana e motivadora.

Nivel: ESO/Bacharelato

Autores:

  • Coordinador: Alberte Xosé Méndez López.
  • Participante: Mª del Carmen Cuesta García.

Materiais:

  • Memoria do proxecto.
  • Plano da Web.
  • Instrucións de uso da Web.

                                               

 

Gallego
"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe"

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

"Representación coa Tecnoloxía" do IES Paseo das Pontes (A Coruña) 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introducción das competencias básicas na aula dixital) ESO/ Bacharelato

Sinopse:

Experiencia que pretende valorar a importancia das actividades de construción e do emprego das TIC para o desenvolvemento da expresión gráfica, analizando actividades realizados por alumnado de 2º e 3º de ESO na materia de Tecnoloxías no curso 2009/10.

Autora: Mª Paz Freire Campo.

Nivel: 2º e 3º ESO.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Presentación do proxecto.
  • A importancia da formación tecnolóxica.
  • Representación gráfica, tecnoloxía, TIC e Metodoloxía.
  • Marco da proposta didáctica.
  • Unidade Didáctica: estructuras.
  • Avaliación de resultados.
  • Bibliografía e fontes de información.

 

Gallego
Representación coa Tecnoloxía

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

"CADT. O profesor de tecnoloxía en internet" do IES Concepción Arenal (Ferrol - A Coruña). 1º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

CADT, é un sitio en internet que trata de facilitar a tarefa de introducir as competencias básicas na aula de tecnoloxía. O alumnado pode traballar a materia de tecnoloxía en calquera lugar simplemente entrando na web. A mellor maneira de aprender para o alumnado é divirtíndose e CADT tenta que desta maneira se alcancen as competencias básicas. Ademais de fomentar a lectura e o uso das TICs.

Nivel:

Tecnoloxía en ESO e BAC

Autor:

Miguel Carlos de Castro Miguel

Materiais (Anexos):

  1. Memoria do proxecto
  2. Materiais complementarios:
  • Anexo 01: Instrucións para o profesorado
  • Anexo 02: Instrucións para os usuarios

 

Gallego
CADT. O profesor de tecnoloxía en internet

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

ElG Magic

O software permite realizar cálculos e gráficas de moitos dos problemas relacionados con cinemática, especificamente cinco tipos de movementos: - Movemento Rectilíneo Uniforme (M.R.U.) - Movemento Rectilíneo Uniformemente Acelerado (M.R.U.A.) - Tiro Vertical - Tiro Oblicuo - Tiro Horizontal.  En  cada un deles pódese resolver incógnitas, realizar gráficas detalladas e asignar valores a todos os datos implicados nos cálculos (espazo, tempo, velocidade e altura). O programa trae un manual de funcionamento na sección "Axuda".

Gallego
ElG Magic

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: