Gallego

11 de outubro, Día Internacional da Nena

A Organización das Nacións Unidas celebra o vindeiro 11 de outubro o Día Internacional da Nena. Con esta celebración a ONU quere poñer o foco na necesidade de camiñar cara ao obxectivo de conseguir a igualdade real para as nenas como un dos obxectivos do desenvolvemento sostible.

Pódense consultar os recursos dispoñibles para este evento na súa web.

Gallego
Logo ONU

Sección: 

Disciplinas: 

Guía para a prevención de accidentes no transporte escolar

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de poñer ao dispor da comunidade educativa unha "Guía para la prevención de accidentes en el transporte escolar" en formato PDF e mais a través dunha aplicación interactiva. A finalidade deste recurso é dar a coñecer a importancia de desenvolver boas prácticas durante o uso do transporte en autobús que a miúdo utilizan os máis pequenos para acudir ao centro escolar. A guía ofrece algúns datos de interese para o profesorado, que poñen de relevo os datos de maior interese á hora de valorar a incidencia do ámbito do transporte escolar na accidentalidade infantil facendo fincapé na vulnerabilidade do colectivo escolar.

A guía establece tamén, de xeito moi breve, as responsabilidades e as condutas que deben seguir todos os axentes implicados (as familias, os menores, os acompañantes, o docente, o condutor, a policía e a Administración).

Gallego
Al cole sempre seguros

File: 

Tema: 

Sección: 

Disciplinas: 

Proposta didáctica para a película "A pesar de todo, quérote"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote. A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

Gallego
Secuencia

Colectivo: 

Novo espazo web de Atención á diversidade e Orientación educativa

Vense de abrir un novo espazo web de Atención á diversidade e Orientación educativa que forma parte do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa forma parte do proceso de integración dos sitios temáticos no portal e está dirixido a mellorar a accesibilidade da comunidade educativa galega a toda a información e recursos en cada un dos principais ámbitos de actuación. 

Na liña das medidas previstas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia este novo espazo web pretende ofrecer de xeito concentrado algunhas orientacións e unha mostra de recursos, publicacións e enlaces de interese que contribúan na atención á diversidade e orientación e respondan a unha educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e de individualización da intervención educativa. Nace coa vocación de crear así un espazo colaborativo de traballo e de comunicación, nunha comunidade de aprendizaxe que se enriqueza coas aportacións de todos os axentes implicados na atención á diversidade e na orientación.

 

Gallego
Atención á diversidade e orientación

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: