Título node Learning object
Vense de abrir un novo espazo web de Atención á diversidade e Orientación educativa que forma parte do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa forma parte do proceso de integración dos sitios temáticos no portal e está dirixido a mellorar a accesibilidade da comunidade educativa galega a toda a información e recursos en cada un dos principais ámbitos de actuación.
Na liña das medidas previstas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia este novo espazo web pretende ofrecer de xeito concentrado algunhas orientacións e unha mostra de recursos, publicacións e enlaces de interese que contribúan na atención á diversidade e orientación e respondan a unha educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e de individualización da intervención educativa. Nace coa vocación de crear así un espazo colaborativo de traballo e de comunicación, nunha comunidade de aprendizaxe que se enriqueza coas aportacións de todos os axentes implicados na atención á diversidade e na orientación.