Título node Learning object

Educación 3.0 e audiovisual e II Encontro de docentes de audiovisual
Mér, 10/10/2018 - 10:09
Educación 3.0 e audiovisual e II Encontro de docentes de audiovisual

LUGARES COMÚNS PARA A EDUCACIÓN E O AUDIOVISUAL nace como un espazo para favorecer o diálogo entre o audiovisual e outras disciplinas, que facilite a posta en marcha de iniciativas transformadoras, xunto co establecemento dun diálogo onde transmitir coñecementos e experiencias que poidan ser de aplicación e utilidade á hora de materializar novos proxectos.

A xornada está estruturada en dúas sesións diferenciadas:

  • Mañá: organizada pola Academia Galega do Audivisual en colaboración con AGAPI-Asociación Galega de Produtoras Independentes. Baixo o título 'Educación 3.0 e audiovisual' parte do compromiso de posicionar ao sector audiovisual como un aliado á hora de xerar contidos educativos e procesos metodolóxicos anovadores
  • Tarde: retoma as conclusións do primeiro encontro entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia, celebrado o pasado 27 de abril. O "II Encontro de docentes de audiovisual" poñerá en común as conclusións dos grupos de traballo, desenvolvendo estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien a súa labor actual

Beneficiarios:

As xornadas están dirixidas principalmente a docentes e traballadores do sector audiovisual, pero tamén presentan interese para estudantes, profesionais e calquera persoa interesada nas posibilidades educativas do medio audiovisual.

Data e lugar de celebración:

19 de Outubro 2018 no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña.

Inscrición:

A inscrición como asistente para xornada “Educación 3.0 e audiovisual” é gratuíta, enviando un correo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando nome, apelidos e o motivo polo que se desexa asistir.

A inscrición como ouvinte para o “II Encontro de docentes de audiovisual” está aberta soamente ás socias e socios da Academia Galega do Audiovisual, é gratuíta enviando un correo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando nome, apelidos e o motivo polo que se desexa asistir.

O prazo para as dúas  inscricións estará aberto dende o 24 de setembro ata o 17 de outubro.