Gallego

Relación de premios concedidos ao profesorado que desenvolve novos contidos educativos dixitais 2011

Os premios aos gañadores da primeira convocatoria para crear novos materiais docentes dixitais 2011 están accesibles no repositorio de recursos do Espazo Abalar .

A continuación ofrécese a listaxe completa con acceso directo aos mesmos:


      El tesoro de la gruta (Operaciones con decimales): 3º premio, ciclo primaria, modalidade 3 (Matemáticas ou Educación Física)

  Aventura gráfica feita con LIM na que Martín e Martina precisan descubrir cinco números segredos que son o resultado de cinco operacións con números decimais.

Autora: Carmen López Fernández

       A meteoroloxía e os climas do mundo: 4º premio, ciclo secundaria, modalidade 2 (Xeografía e Historia)

  Secuencia didáctica con animacións e actividades para traballar a meteoroloxía e os climas do mundo.

Autor: Alberte Xosé Méndez López

 

      Xeografía e Historia no 1º Ciclo da ESO  : 4º premio, Ciclo secundaria, modalidade 2 (Xeografía e Historia).

  Unidade didáctica en LIM para o 1º ciclo da ESO (16 unidades para o 1º nivel e 18 para o 2º).

Autor: José Luís Rodríguez Rodríguez

 

      Peixes: 1º premio, Ciclo secundaria, modalidade 3 (Ciencias da Natureza).

  Unidade didáctica en soporte web que pretende, cun enfoque claramente didáctico, proporcionar información básica pero, ao mesmo tempo, rigorosa acerca dalgúns dos peixes máis  representativos, abordando os principais aspectos da súa bioloxía, anatomía, fisioloxía e reprodución, así como tamén a súa utilidade dende o punto de vista pesqueiro, alimentario e gastronómico.

Autor: José Carlos Vázquez Martínez

 

     A atmósfera terrestre: 3º premio, ciclo secundaria, modalidade 3 (Ciencias da Natureza).

  Unidade didáctica para o estudo da atmosfera terrestre: a súa composición, estructura, evolución, dinámica atmosférica, parámetros e mapas e contaminación atmosférica.

    Autores: Juan Vicente Poza Bóveda e María José Mariño Pino

 

    Ortografía: 3º premio, ciclo secundaria, modalidade 5 (Lingua Galega e Literatura)

  Unidade didáctica feita co Exe-Learning para mellorar os coñecementos de ortografía do usuario da lingua galega. Está pensada para ser abordada en 7-8 sesións.

   Autora: Beatriz Real Pérez

 

     El juego de la lengua : 4º premio, ciclo secundaria, modalidade 6 (Lingua Castelá e Literatura)

  Aplicación con 14 xogos educativos para 23 temas do programa de 1º da ESO divididos en tres seccións: lingua, tipoloxía textual e literatura.

Autores: Jorge Pedrosa Rúa e Isabel Vázquez Cortés

    Camino de leyendas: 4º premio, ciclo secundaria, modalidade 6 (Lingua Castelá e Literatura)

  Unidade didáctica para traballar diferentes aspectos curriculares da área de lingua castelá usando como nexo condutor "O Camiño de Santiago".

   Autora: Antonio Frade Fraga

 

     A narración: 4º premio, ciclo secundaria, modalidade 6 (Lingua Castelá e Literatura)

  Unidade didáctica en LIM con cuestións de lingua castelá. Reune aspectos relativos aos
contidos de comunicación, literatura, gramática e vocabulario.

Autoras: María Isabel Blanco Arnejo e María Consuelo Vázquez Rozas

Gallego
Repositorio do Espazo Abalar

Colectivo: 

Sección: 

Invitación a participar na XX Olimpíada Internacional de Filosofía (Oslo) 20th International Philosophy Olympiad, IPO 2012 (16-20 Maio de 2012, Oslo)

O comité organizador da International Philosophy Olympiad, IPO 2012, comprácese en invitar a todos aqueles estudantes de Ensinanza Secundaria interesados en formar parte da delegación española, a participar no proceso de selección da XX Edición da Olimpíada Internacional de Filosofía.
A IPO 2012 terá lugar do 16 ao 20 de Maio de 2012 en Oslo (Noruega)
Dous estudantes de secundaria serán seleccionados para formar parte da delegación española. A lingua de traballo da IPO 2012 é o inglés. Os estudantes, sen embargo, escribirán durante a proba que consiste en un ensaio, ben en inglés, francés, alemán ou español, sendo o único requisito que a lingua empregada non sexa a súa lingua materna. As persoas seleccionadas para participar na IPO 2012 disporán o 18 de Maio en Oslo de 4 horas para a redacción do seu ensaio, que logo será evaluado polo comité.
A Olimpíada de Filosofía é un acontecemento internacional de gran calado que se realiza baixo o patrocinio da FISP e da UNESCO
Na súa derradeira edición de 2011 participaron 29 países de 3 continentes (www.ipo2011.at), esperándose que este ano, para a IPO 2012, a afluencia sexa incluso maior (http://ipo2012.no/)
Os interesados en participar no proceso de selección deberán enviar un breve currículo (máximo 3 páxinas) antes do 25 de Febreiro de 2012 aos seguintes enderezos electrónicos:
          
            agustin.serrano@cchs.csic.es
            gutierrezaguilar.ricardo@gmail.com

A primeiros de marzo faranse públicos os resultados do proceso de selección.

 

Gallego
Olimpíada Internacional de Filosofía

Colectivo: 

Sección: 

Ábrese até o 30 de marzo a convocatoria do programa europeo de Visitas de Estudo

Ábrese o prazo até o 30 de marzo para solicitar a participación en Visitas de Estudo que terán lugar entre setembro 2012 e febreiro 2013. As visitas de estudo teñen por obxectivo a promoción da cooperación europea, o intercambio de información e experiencias entre especialistas educativos e de formación profesional, en áreas de interese común para os países participantes no Programa de Aprendizaxe Permanente.
Nun centro educativo poderán solicitar estas axudas os equipos directivos e Xefaturas de Departamento ademais dos orientadores de centro. Para solicitar unha visita deberá escollela do catálogo de visitas, encher o formulario de solicitude online, imprimir dúas copias, asinalas e selalas e remitir unha copia ao OAPEE e outra a Unidade de Programas Europeos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

Gallego
Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

O conselleiro de Cultura e Educación comproba a posta en marcha da iniciativa dos contratos-programa no IES Lamas de Abade

O centro desenvolve a liña de reforzo, orientación e apoio para potenciar a aprendizaxe e rendemento do alumnado

A Consellería investiu no que vai de lexislatura máis de 159.000 euros para a mellora das instalacións deste instituto

Gallego

Video: 

Declaracións do conselleiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou o IES Lamas de Abade

O conselleiro de cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, deu hoxe conta da posta en marcha do contrato-programa asinado entre o IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela). Ademais o conselleiro aproveitou o seu percorrido polo centro, no que estudan 823 alumnas e alumnos, para visitar as 4 aulas Abalar nel instaladas, así como para comprobar o estado das instalacións tras as melloras realizadas no instituto no que vai de lexislatura, que supuxeron un investimento superior aos 159.000 euros.

Vázquez Abad destacou o traballo realizado por este instituto para realizar unha autoavaliación e presentar un proxecto de mellora da calidade educativa que vén de asinar como contrato-programa coa Consellería; do que se beneficiarán 11 alumnas e alumnos do primeiro ciclo da ESO e do que participarán 1 profesor e 1 profesor acompañante. En concreto, o centro compostelán desenvolverá a primeira das liñas contempladas na iniciativa de contratos-programa, a de reforzo, a orientación e o apoio, co fin de mellorar as accións que se viñan desenvolvendo ao abeiro do programa de reforzo, orientación e apoio (PROA), dándolles maior relevancia ás accións dirixidas á mellora dos resultados académicos do alumnado con desvantaxe socioeducativa.

Cómpre destacar que cos contratos-programa permanecen as dúas liñas de acción do PROA. Este centro en concreto desenvolve a modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo, dirixido ao alumnado que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe, así como a aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve. O obxectivo é potenciar a aprendizaxe e o rendemento deste alumnado mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, a mellora da súa integración, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais.

Programas punteiros

Durante o seu percorrido polo centro, Vázquez Abad salientou o apoio que a Consellería mantén ao impulso da Formación Profesional, e que se ten materializado neste centro a través da mellora das instalacións para a impartición dos ciclos formativos, nomeadamente a construción dun taller para o de Emerxencias Sanitarias e a mellor das aulas do ciclo formativo de estética. “Estes traballos, unidos a outras reformas executadas no centro no que vai de lexislatura, supuxeron unha achega superior aos 159.000 euros, que dan conta do noso compromiso con este centro”, dixo.

“Estamos a falar dun instituto –explicou- que traballa ademais arreo para poder participar dos programas máis punteiros desenvolvidos pola Consellería. De feito forma parte do Proxecto Abalar, con 4 aulas dixitais das que se benefician 70 estudantes, que contan con cadanseu ordenador ultraportátil”, ademais do encerado dixital, o ordenador para o profesor e o carriño de carga que compoñen o lote. Este instituto leva tamén leva recibidos 4.500 euros para a mellora da súa biblioteca escolar, e conta con servizo de transporte escolar, que supón unha achega por parte da Consellería de máis de 160.000 euros para este curso.

Colectivo: 

Sección: 

Premio a curtas de animación en galego no marco do programa Nós tamén creamos!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca este premio dirixido a alumnado e profesorado de infantil e primaria en colaboración con OQOeditora e coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG).

Para facilitar a elaboración das curtas, ofréceselle material, formación e asesoramento ao profesorado.

As creacións dos diferentes centros difundiranse na sección infantil da web da CRTVG.

Os colexios gañadores recibirán un lote de libros de OQOeditora e mais unha pantalla de plasma.

O traballo do profesorado premiado será recoñecido con 20 horas de innovación educativa.

O prazo para anotarse remata o 26 de febreiro de 2012.

Seleccionaranse 50 centros atendendo aos criterios de data de solicitude, representación equilibrada dos tres ciclos educativos a que se dirixe a convocatoria e distribución territorial.

 

 

Gallego
Nós tamén creamos!

Sección: 

Cultura e Educación impulsa a dinamización da lingua e a innovación educativa a través do programa Nós tamén creamos!

O conselleiro presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativa para promover entre os máis novos o uso da lingua galega, en colaboración coa CRTVG e OQOeditora

A lectura en galego e a interacción coas novas tecnoloxías na nosa lingua propia son obxectivos deste programa

A nova iniciativa arrinca cun certame de curtametraxes en Stop Motion nas que participan alumnado de infantil e primaria

Gallego
Nós tamén creamos!
Cultura e Educación impulsa a dinamización da lingua e a innovación educativa a través do programa Nós tamén creamos!

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe en rolda de prensa o programa Nós tamén creamos!, a nova iniciativa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a dinamización da lingua galega e para a innovación educativa nos centros de infantil e primaria. Este programa, desenvolvido coa colaboración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e de OQOeditora, arrincará cun certame de curtametraxes en galego elaboradas na técnica Stop Motion, elaboradas a partir de material realizado por escolares de entre 3 e 9 anos de 50 centros educativos de infantil e primaria.

O conselleiro estivo acompañado pola directora da TVG, Rosa Vilas, e polo coordinador da área audiovisual de OQO Editora, Marcos López, nun acto informativo no que expuxeron os obxectivos que se procuran coa posta en marcha deste programa. Deste xeito, Vázquez Abad salientou que Nós tamén creamos! é unha aposta da Consellería “pola calidade e pola innovación educativas ligadas á promoción da lingua galega, por abrir unha nova oportunidade para que as nenas e nenos poidan achegarse á lectura en galego, e una iniciativa para promover unha relación positiva dos rapaces coa lingua propia de Galicia”.

Lingua galega e innovación

Tal e como explicou o conselleiro, Nós tamén creamos! busca fomentar a innovación educativa, incentivando ao tempo o uso da lingua galega en novos espazos e soportes que supoñan xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe.

Respecto do certame de curtas, baseadas en relatos en galego, Vázquez Abad salientou a oportunidade que supón para que as nenas e nenos se acheguen á lectura en galego, no marco da estratexia transversal que está desenvolver esta Consellería de fomento do hábito lector entre os máis novos, ao abeiro do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe. “Animalos a ler é ofrecerlles unha ocasión de aprender lingua, poñer as bases para o seu éxito escolar e unha vía para fomentar a súa creatividade, abríndolles as portas aos novos mundos e experiencias que garda a literatura”.

Así mesmo o conselleiro destacou o papel fundamental dos docentes, e nomeadamente dos integrados nos Equipos de dinamización da lingua galega, na tarefa de dinamizar a lingua galega nas escolas, “promovendo o seu uso con novos fins e a súa interacción coas novas tecnoloxías, cuestións imprescindibles nos nosos días”. Neste sentido explicou que a Consellería vai prestar todo o seu apoio para que continúen con ese papel no marco deste certame, proporcionándolle ás mestras e mestres formación específica, material e asesoramento durante todo o proceso de realización das curtas. Ademais, as profesoras e profesores vencellados á elaboración das tres curtas gañadoras recibirán unha acreditación de 20 horas de innovación educativa, en recoñecemento ao seu bo facer. 

O galego, unha lingua para o futuro

O obxectivo final, tanto do programa Nós tamén creamos! como deste primeiro certame, é promover unha relación positiva dos rapaces coa lingua propia de Galicia. “Queremos que o noso alumnado máis novo vexa dende o principio que en galego pode facer o que queira e no soporte que queira; que pode usar o audiovisual e as tecnoloxías da información e da comunicación na nosa lingua, porque, sen menosprezar o seu ilustre pasado, o galego é un idioma de presente e de futuro”, explicou o conselleiro.

Ao mesmo tempo, o programa procura impulsar a lingua galega a través dos medios da CRTVG, convertendo a TVG2 e a sección infantil do web da Compañía nun referente para o audiovisual en galego dirixido aos máis novos.

O certame

Nós Tamén Creamos!arrinca coa convocatoria dun certame de curtas en galego na técnica Stop Motion, unha proposta para que alumnas e alumnos de entre 3 e 9 anos de 50 centros educativos se convertan en creadores de curtametraxes de animación, realizando as súas propostas a partir de 14 títulos de OQOeditora.

Os docentes que axuden ás súas alumnas e alumnos a participaren neste certame recibirán a formación e o material necesario para comezar a elaborar as curtas. Así mesmo contarán co asesoramento prestado por OQOeditora ao longo de todo o proceso.

Os traballos resultantes iranse colgando na sección infantil do web da CRTVG, e tamén estarán accesibles desde o web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais as tres curtametraxes gañadoras serán emitidas e promocionadas en distintos programas da TVG.

Haberá tres premios, un para cada etapa – segundo ciclo de educación infantil, primeiro ciclo de educación primaria e segundo ciclo de educación primaria-. Cada centro premiado nunha destas modalidades recibirá un lote de libros de OQOeditora e mais un agasallo de material proporcionado pola CRTVG; así como un diploma acreditativo expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, as profesoras e profesores implicados na elaboración das tres curtas gañadoras recibirán unha acreditación de 20 horas de innovación educativa. 

Sección: 

XX Rallye Matemático sen Fronteiras 2012 para 3º e 4º de ESO

A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza a XIV Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 3º e 4º de ESO en colaboración coa Consellería de Educación e EducaBarrié da Fundación Barrié.
O Premio fundamental para os gañadores de 3º da ESO e de 4º da ESO é o pago de 3000 euros doadas pola Consellería de Educación e Educa Barrié, da Fundación Barrié, para a viaxe conxunta á Superfinal do Rallye en Toulouse (Francia).

Como se participa?

Participan as clases enteiras na resolución de 8 problemas durante unha hora o día 19 de marzo. Entregaranse os premios aos 4 grupos mellores clasificados en abril (uns 85 rapaces)
A final europea do Rallye será o día 1 de xuño de 2012.

Os gañadores habitualmente visitan Carcasonne, o Airbus, La Cité de l'Espace (un gran museo de ciencias de Toulouse), e coñecen o contorno e os museos de Toulouse.

Máis información e inscrición:

Fotos de anteriores edicións:

Gallego
AGAPEMA

Sección: 

Disciplinas: 

Obradoiros "Espectáculos de Ciencia" da Fundación Barrié

A Fundación Barrié organiza este ano, en colaboración con Tecnópole, unha nova iniciativa no marco do seu programa de actividades de divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: os espectáculos de ciencia.

Durante 50 minutos, os asistentes participarán en experiencias espectaculares que servirán para introducir conceptos científico-tecnolóxicos relacionados cos distintos temas que se desenvolverán mes a mes en diferentes cidades: febreiro, marzo, abril e maio en Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña, Ferrol, Vigo e Pontevedra.

Os espectáculos terán lugar en horario lectivo e van dirixidos a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose os contidos ao nivel académico dos asistentes. O profesorado ten ao seu dispor unha guía didáctica específica para cada actividade co obxectivo de preparar a visita e de realizar actividades a posteriori co alumnado para integrar estas accións cos contidos curriculares.

En febreiro: Ciencia ou ficción?

Neste espectáculo explóranse os vencellos entre o cine de ciencia-ficción e a ciencia e a tecnoloxía que nelas se utiliza. A través do visionado de fragmentos de películas e da realización de experimentos chegarase a unha análise crítica do que se ve no cine. Buscarase responder á pregunta: Onde acaba a ciencia e comeza a ficción?

"Mars Attacks", "Tiburón" ou clásicos como "A Guerra das Galaxias" e "O can dos Baskerville" axudarán a explicar o que pasa detrás e diante das cámaras para recrear o mundo de fantasía que aparece na pantalla.

Onde e cando?

  •     Mércores 15 de febreiro: Ourense.
  •     Xoves 16 de febreiro: Lugo.
  •     Venres 17 de febreiro: Santiago.
  •     Xoves 23 de febreiro: A Coruña.
  •     Venres 24 de febreiro: Pontevedra.
     
Gallego
educaBarrié

Sección: 

XIV Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO

 A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza a XIV Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e outras entidades, co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas e do traballo en equipo.

  • Participantes:

Alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia no curso escolar 2011/12.
Cada centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO.

  • Prazo de inscrición:

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2012, a súa inscrición na páxina web ou comunicando por correo electrónico o número de grupos de 2º de ESO que van participar e o profesorado responsable da participación á dirección de correo electrónico olimpiada2eso@edu.xunta.es

 

Gallego
AGAPEMA: Olimpíada 2º ESO

Sección: 

Disciplinas: 

"O encerado dixital na aula CLIL: Imperialism and World War I" do CPI Cernadas de Castro, Lousame (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade a (Fomento do plurilingüismo) E. Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Unidade didáctica de Historia realizada utilizando o software do encerado dixital Smart Board e pensada para unha Sección Bilingüe de inglés de 4º de ESO. A unidade está elaborada segundo a metodoloxía CLIL, e inclúe unha guía do profesor así como diverso material audiovisual.

Autora: Clara Cristela Rodríguez Núñez

Nivel: 4º curso de ESO, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto
  • Guía do profesor/ Teacher's guide
  • Actividade Notebook: "Imperialism"
  • Presentación: "The Great War" (recoméndase usar PowerPoint 2007)
  • Presentación: "Colonialism" (recoméndase usar PowerPoint 2007)
  • Arquivos de son: "Stalin"
Gallego
The Great World

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: