Título node Learning object
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza a XIV Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 3º e 4º de ESO en colaboración coa Consellería de Educación e EducaBarrié da Fundación Barrié.
O Premio fundamental para os gañadores de 3º da ESO e de 4º da ESO é o pago de 3000 euros doadas pola Consellería de Educación e Educa Barrié, da Fundación Barrié, para a viaxe conxunta á Superfinal do Rallye en Toulouse (Francia).
Como se participa?
Participan as clases enteiras na resolución de 8 problemas durante unha hora o día 19 de marzo. Entregaranse os premios aos 4 grupos mellores clasificados en abril (uns 85 rapaces)
A final europea do Rallye será o día 1 de xuño de 2012.
Os gañadores habitualmente visitan Carcasonne, o Airbus, La Cité de l'Espace (un gran museo de ciencias de Toulouse), e coñecen o contorno e os museos de Toulouse.
Máis información e inscrición:
Fotos de anteriores edicións: