Título node Learning object

Obradoiros "Espectáculos de Ciencia" da Fundación Barrié
Ven, 10/02/2012 - 09:39
educaBarrié

A Fundación Barrié organiza este ano, en colaboración con Tecnópole, unha nova iniciativa no marco do seu programa de actividades de divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: os espectáculos de ciencia.

Durante 50 minutos, os asistentes participarán en experiencias espectaculares que servirán para introducir conceptos científico-tecnolóxicos relacionados cos distintos temas que se desenvolverán mes a mes en diferentes cidades: febreiro, marzo, abril e maio en Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña, Ferrol, Vigo e Pontevedra.

Os espectáculos terán lugar en horario lectivo e van dirixidos a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose os contidos ao nivel académico dos asistentes. O profesorado ten ao seu dispor unha guía didáctica específica para cada actividade co obxectivo de preparar a visita e de realizar actividades a posteriori co alumnado para integrar estas accións cos contidos curriculares.

En febreiro: Ciencia ou ficción?

Neste espectáculo explóranse os vencellos entre o cine de ciencia-ficción e a ciencia e a tecnoloxía que nelas se utiliza. A través do visionado de fragmentos de películas e da realización de experimentos chegarase a unha análise crítica do que se ve no cine. Buscarase responder á pregunta: Onde acaba a ciencia e comeza a ficción?

"Mars Attacks", "Tiburón" ou clásicos como "A Guerra das Galaxias" e "O can dos Baskerville" axudarán a explicar o que pasa detrás e diante das cámaras para recrear o mundo de fantasía que aparece na pantalla.

Onde e cando?

  •     Mércores 15 de febreiro: Ourense.
  •     Xoves 16 de febreiro: Lugo.
  •     Venres 17 de febreiro: Santiago.
  •     Xoves 23 de febreiro: A Coruña.
  •     Venres 24 de febreiro: Pontevedra.
     

Menús Learning object node R