Gallego

A convocatoria do Proxecto ESTALMAT-Galicia 2012 busca detectar e estimular o talento matemático do alumnado galego nacido en 1999 e 2000

A Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, en colaboración coa Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, presenta a  Convocatoria 2012 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Proxecto ESTALMAT-Galicia, integrado no Proxecto ESTALMAT-España, conta co aval científico da  Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Fundación Vodafone-España, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), das Deputacións da Coruña e Lugo e do Concello de Guitiriz.
Este proxecto ten como finalidade o estímulo do talento en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1999 ou 2000.

Prazo de inscripción: antes das 24 horas do 29 de maio de 2012.

 

Gallego
ESTALMAT-Galicia 2012

Sección: 

Disciplinas: 

Concursos de debuxo e relatos do proxecto "Life+ O Monte Vivo"

A Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, xunto coa Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA) e coa Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia (SILVANUS), puxo en marcha o proxecto Life+ “O Monte Vivo”, que está financiado coa contribución do instrumento financeiro para o medio ambiente LIFE+ da Unión Europea.

Os seus obxectivos son o incremento  do coñecemento dos  valores da nosa riqueza forestal e a modificación dalgúns comportamentos da cidadanía que poñen en risco aquela, co fin de contribuír a unha redución do número de incendios forestais provocados polo ser humano que, por neglixencia ou intención, é a principal causa dos lumes.

Unha das actividades principais que se van desenvolver neste proxecto é unha campaña de sensibilización para escolares sobre os incendios forestais. Con este fin creouse unha páxina web: www.lifeomontevivo.org, que serve como punto de información do público en xeral e como ferramenta de traballo para usar nas aulas por docentes e alumnos.

Ademais, dentro desta campaña, e co fin de incentivar a participación do alumnado, organizarase un concurso de debuxo dirixido a estudantes de educación primaria e outro de relatos dirixido a alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, cuxas bases aparecen na dita páxina web.

O prazo finalizará o 21 de maio de 2012.
 

Gallego
O Monte Vivo

Colectivo: 

Sección: 

O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia

Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Novos recursos publicados por orde alfabética:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)

Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

O INTEF do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte premia o traballo realizado pola EEI Milladoiro e recoñéceo como Boa Práctica 2.0

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de recoñecer o traballo da Escola de Educación Infantil de Milladoiro como Boa Práctica 2.0. Este centro estivo a traballar nos últimos anos na introdución das TIC nas aulas de 3, 4 e 5 anos. Como resultado desta práctica pódese consultar un dos seus traballos, Que chega o lobo!, dentro do apartado "Experiencias" do espazoAbalar.

Dentro da área de "Linguaxe Audiovisual e Novas Tecnoloxías" trabállase a imaxe a través dos debuxos e das fotos, e os sons coas palabras e a música. Para iso, consideran imprescindible que o alumnado coñeza o material co que van traballar e se familiaricen co seu uso na medida das súas posibilidades. Previamente, o profesorado prepara unha serie de actividades para que o alumnado poida crear e expresarse coas súas producións audiovisuais.

As expectativas da EEI Milladoiro son continuar fomentando a creatividade do alumnado, abrir novos campos de traballo da imaxe, son e vídeo, e fomentar o traballo cooperativo con outros centros educativos.

 

 

Gallego
Boas Prácticas 2.0

Sección: 

Informe e Enquisa do futuro "Erasmus for All"

O actual Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) rematará en 2013 dando paso a un novo programa, “Erasmus for All”, que está actualmente en proceso de elaboración e debate nas institucións da Unión Europea.
Nese contexto de debate trasládase aos cidadáns a enquisa sobre a viabilidade de establecer mobilidades de longa duración (máis de seis semanas) para o profesorado.

 

 

 

Gallego
Ecorys

Colectivo: 

Sección: 

Centros Educativos polo Comercio Xusto

O programa "Centros Educativos polo Comercio Xusto" é unha iniciativa que promove o uso de produtos de comercio xusto en entornos educativos. A participación no proxecto require formar un grupo de traballo co alumnado, profesorado, ANPAS, etc.; escribir un manifesto que recolla o compromiso do centro; promocionar e usar produtos de Comercio Xusto dentro do Centro Educativo (alimentación, papelería) e difundir a práctica do Comercio Xusto (obradoiros, feiras, charlas, vídeo-fórums).

"Centros Educativos polo Comercio Xusto" pertence ao programa europeo Ciudade polo Comercio Xusto e está respaldado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

 

 

Gallego
Centros Educativos polo Comercio Xusto

Sección: 

Un alumno do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo obtivo a medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain en Barcelona

Víctor Abalde Otero, alumno do primeiro curso do CM de soldadura no  CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo obtivo a medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain. Este alumno competiu con alumnado de outras seis comunidades autónomas: Aragón, Cantabria, Castela-A Mancha, Valencia, Murcia e Cataluña.

Esta competición foi patrocinada pola empresa Lincoln Electric e celebrouse nas súas instalacións de Barcelona o pasado 27 de abril.

María José González Macía, profesora de soldadura do referido centro,  participou  no xurado de expertos con outros das Comunidades Autónomas participantes.

 

Gallego
SpainSkills

Sección: 

Convocatoria de bolsas FEUGA para os titulados de Formación Profesional

O programa de bolsas de Formación Profesional de FEUGA está destinado a persoas tituladas en Formación Profesional dos centros públicos galegos de FP.

Este programa busca contribuír a facilitar a inserción profesional destas persoas, mellorando a súa cualificación e o seu desempeño profesional.  Para a execución deste programa cóntase coa directa colaboración dun elevado número de empresas, entidades e institucións privadas e públicas, así como coa colaboración do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Estas bolsas de Formación Profesional de FEUGA son un instrumento axeitado para favorecer o acceso ao mercado laboral das persoas que acaben de titularse e para completaren a súa formación teórica previa, cunha estadía práctica nun centro de traballo.

De cara ás empresas, estas bolsas constitúen unha ferramenta idónea, xa que poden acceder a profesionais con preparación e sen experiencia profesional, que poden formar durante a estadía na empresa en todos os aspectos propios do seu labor profesional e nun período previo á súa posible contratación.

Para ampliar información sobre o programa de bolsas, pode dirixirse á FEUGA no teléfono 981 534 180, no fax 981 524 351 ou no correo electrónico sdoce@feuga.es.

 

Gallego
FEUGA

Sección: 

O Encontro Internacional de Educación 2011-2013 ofrece 18 meses de actividades e obradoiros en rede

O Encontro Internacional de Educación 2012/2013 é un espazo de diálogo que pretende dar resposta á pregunta: Como debería ser a educación no século XXI?

Serán 18 meses de actividades e obradoiros en rede, de debate e de intercambio de ideas. Ademais, cada dous meses, o Encontro aterrizará presencialmente nunha cidade distinta para presentar as conclusións do debate online. Durante dous anos, visitará até nove cidades de Iberoamérica e cada evento contará con grandes expertos do mundo educativo. Cada dous meses, abordaráse un dos nove temas que alimentarán o debate sobre o presente e o futuro da educación:

  • Relacións entre sociedade, educación e traballo. Bos Aires.
  • Tecnoloxía e calidade educativa. Santiago de Chile.
  • Desenrolo integral da persoa: emocións, sentidos e valores na educación. Medellín.
  • Que e como ensinar e aprender na sociedade dixital. Lima.
  • O rol do profesor. México DF.
  • Como liderar o cambio nos centros educativos. Sao Paulo.
  • A familia: socio estratéxico para a educación. Quito.
  • A educación permanente:a educación formal, informal e non formal. Caracas.
  • Visión e tendencias educativas de futuro. Madrid.

Un exemplo do que se pode atopar neste espazo de encontro e diálogo é o debate síncrono "Da sociedade 1.0 á sociedade 3.0: Escolas 1.0 para formar estudantes 3.0?" no que participaron Anibal de la Torre, Dolors Reig e John Moravec mediante videoconferencia:

Debate síncrono

 

Gallego
Encontro Internacional de Educación 2011-2013

Colectivo: 

Sección: 

Os premios europeos Medea fomentan a innovación e as boas prácticas no uso dos medios audiovisuais na educación

Co patrocinio da Comisión Europea os premios anuais MEDEA abren o concurso que recoñece a excelencia no uso dos medios de comunicación para apoiar o aprendizaxe e dedican un premio especial a material educativo que promova o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións.
En cada edición do concurso inclúese unha serie de premios relacionados con categorías específicas. Este ano 2012, como un compromiso co Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional, o Comité Organizador dará un premio especial á mellor entrada de medios de comunicación educativa (audio, vídeo, gráficos e animación) que promovan o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións.
Este premio especial está aberto a profesorado, alumnado, persoal docente, produtores e calquera persoa que teña creado medios de produción educativa que utilicen claramente recursos multimedia para fomentar e promover o envellecemento activo e a solidariedade entre as xeracións. As presentacións poden ser realizadas en castelán, inglés, francés, alemán, italiano e polaco.

A participación é gratuíta e a presentación das participacións é ata o 17 de setembro de 2012.

Todos os finalistas serán invitados a participar na presentación aos medios de comunicación no congreso 2012 en Bruxelas, que terá lugar do 14 ao 15 novembro e inclúe a cerimonia de entrega dos premios Medea.

 

Gallego
Medea 2012

Sección: