Título node Learning object
A Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, xunto coa Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA) e coa Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia (SILVANUS), puxo en marcha o proxecto Life+ “O Monte Vivo”, que está financiado coa contribución do instrumento financeiro para o medio ambiente LIFE+ da Unión Europea.
Os seus obxectivos son o incremento do coñecemento dos valores da nosa riqueza forestal e a modificación dalgúns comportamentos da cidadanía que poñen en risco aquela, co fin de contribuír a unha redución do número de incendios forestais provocados polo ser humano que, por neglixencia ou intención, é a principal causa dos lumes.
Unha das actividades principais que se van desenvolver neste proxecto é unha campaña de sensibilización para escolares sobre os incendios forestais. Con este fin creouse unha páxina web: www.lifeomontevivo.org, que serve como punto de información do público en xeral e como ferramenta de traballo para usar nas aulas por docentes e alumnos.
Ademais, dentro desta campaña, e co fin de incentivar a participación do alumnado, organizarase un concurso de debuxo dirixido a estudantes de educación primaria e outro de relatos dirixido a alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, cuxas bases aparecen na dita páxina web.
O prazo finalizará o 21 de maio de 2012.