Título node Learning object
O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de recoñecer o traballo da Escola de Educación Infantil de Milladoiro como Boa Práctica 2.0. Este centro estivo a traballar nos últimos anos na introdución das TIC nas aulas de 3, 4 e 5 anos. Como resultado desta práctica pódese consultar un dos seus traballos, Que chega o lobo!, dentro do apartado "Experiencias" do espazoAbalar.
Dentro da área de "Linguaxe Audiovisual e Novas Tecnoloxías" trabállase a imaxe a través dos debuxos e das fotos, e os sons coas palabras e a música. Para iso, consideran imprescindible que o alumnado coñeza o material co que van traballar e se familiaricen co seu uso na medida das súas posibilidades. Previamente, o profesorado prepara unha serie de actividades para que o alumnado poida crear e expresarse coas súas producións audiovisuais.
As expectativas da EEI Milladoiro son continuar fomentando a creatividade do alumnado, abrir novos campos de traballo da imaxe, son e vídeo, e fomentar o traballo cooperativo con outros centros educativos.