Título node Learning object
O Encontro Internacional de Educación 2012/2013 é un espazo de diálogo que pretende dar resposta á pregunta: Como debería ser a educación no século XXI?
Serán 18 meses de actividades e obradoiros en rede, de debate e de intercambio de ideas. Ademais, cada dous meses, o Encontro aterrizará presencialmente nunha cidade distinta para presentar as conclusións do debate online. Durante dous anos, visitará até nove cidades de Iberoamérica e cada evento contará con grandes expertos do mundo educativo. Cada dous meses, abordaráse un dos nove temas que alimentarán o debate sobre o presente e o futuro da educación:
- Relacións entre sociedade, educación e traballo. Bos Aires.
- Tecnoloxía e calidade educativa. Santiago de Chile.
- Desenrolo integral da persoa: emocións, sentidos e valores na educación. Medellín.
- Que e como ensinar e aprender na sociedade dixital. Lima.
- O rol do profesor. México DF.
- Como liderar o cambio nos centros educativos. Sao Paulo.
- A familia: socio estratéxico para a educación. Quito.
- A educación permanente:a educación formal, informal e non formal. Caracas.
- Visión e tendencias educativas de futuro. Madrid.
Un exemplo do que se pode atopar neste espazo de encontro e diálogo é o debate síncrono "Da sociedade 1.0 á sociedade 3.0: Escolas 1.0 para formar estudantes 3.0?" no que participaron Anibal de la Torre, Dolors Reig e John Moravec mediante videoconferencia: