Título node Learning object
Un alumno do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo obtivo a medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain en Barcelona
Ven, 04/05/2012 - 10:35
Víctor Abalde Otero, alumno do primeiro curso do CM de soldadura no CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo obtivo a medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain. Este alumno competiu con alumnado de outras seis comunidades autónomas: Aragón, Cantabria, Castela-A Mancha, Valencia, Murcia e Cataluña.
Esta competición foi patrocinada pola empresa Lincoln Electric e celebrouse nas súas instalacións de Barcelona o pasado 27 de abril.
María José González Macía, profesora de soldadura do referido centro, participou no xurado de expertos con outros das Comunidades Autónomas participantes.