Gallego

Alumnado de Cabana de Bergantiños, Moraña e Noia gañan o concurso "Nós tamén creamos!" da Secretaría Xeral de Política Lingüística

 

Non o tivo fácil o xurado que valorou os máis de 60 traballos que elaboraron os 50 centros participantes en Nós tamén creamos!, porque a enorme calidade de todos eles obrigou a deixar sen premio curtametraxes de moitísimo valor. Non o tivo fácil, pero finalmente, e unha vez descartados os 7 traballos que chegaron fóra de prazo, optou por conceder os seguintes premios, tal e como pode verse no documento de resolución da convocatoria:

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL
A tartaruga que quería durmir, CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños, A Coruña.

ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
Lobo feroz, CPI Santa Lucía, Moraña, Pontevedra.

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
A máscara do león, CEIP Felipe de Castro, Noia, A Coruña.

De acordo coas bases do concurso, o profesorado que elaborou estas curtas será recoñecido con 20 horas de innovación educativa e o seu centro recibirá unha pantalla de plasma de alta definición, un lote de libros de OQOeditora e mais un diploma acreditativo.

A gran calidade dos traballos presentados motivou que a comisión de valoración acordase realizar mencións especiais en cada categoría:

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL
Maxia, CEIP Felipe de Castro, Noia, A Coruña, pola súa orixinalidade e calidade estética.

ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
A vella Lulula, CEE de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, pola calidade creativa, técnica e musical

Un can e un gato, CRA Ponte da Pedra, Carballo, A Coruña, pola calidade estética, axilidade narrativa e expresividade.

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
A máscara do león, CPI San Benito de Lérez, Pontevedra, pola orixinalidade e calidade estética.

Por outra banda, o xurado acordou recomendarlle á TVG a emisión doutras moitas curtas con calidade abonda, pero que non puideron ser premiadas. Todos os traballos presentados poden verse na sección Nós tamén creamos! da web da CRTVG.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística agradece o enorme esforzo e entusiasmo demostrado polo profesorado e polo alumnado participante. 

Nós tamén creamos! é unha iniciativa para os centros de infantil e primaria de Galicia promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Para facilitar a elaboración das curtas, ofrecéuselle material, formación e asesoramento ao profesorado.

Os colexios gañadores recibirán un lote de libros de OQOeditora e mais unha pantalla de plasma.

Seleccionáronse  50 centros atendendo aos criterios de data de solicitude, representación equilibrada dos tres ciclos educativos a que se dirixe a convocatoria e distribución territorial.

 

 

 

Gallego
Nós tamén creamos!

Sección: 

Celébrase o V Congreso Mundial de Estilos de Aprendizaxe en Santander entre o 27 e o 29 de xuño de 2012

O V Congreso Mundial de Estilos de Aprendizaxe levarase a cabo os días 27, 28 e 29 de xuño de 2012 en Santander.

Este evento ten a dobre intencionalidade de presentar ás comunidades científica, educativa, empresarial e outras interesadas, os avances dos estudos, investigacións e aplicacións dos Estilos de Aprendizaxe.

 

 

 

 

 

Gallego
V Congreso Mundial de Estilos de Aprendizaxe

Tema: 

Sección: 

O repositorio de contidos do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de novos recursos educativos en formato dixital

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.095 contidos procedentes de materiais creados en actividades formativas nos centros (SP, GT, PFAC), polos participantes no curso a distancia "LIM e proxecto Xogamos?” e, sobre todo, das aportacións de docentes de toda Galicia que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este repositorio aumente progresivamente e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.
 
Esta será a última actualización do repositorio neste curso 2011/2012. A partir de  setembro seguiranse incorporando novos recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
 
Os novos recursos publicados por orde alfabética son os seguintes:
 
A catedral románica de Santiago (2º de Bacharelato)
A función de relación (Educación Infantil)
Aquí ven o maio... (Educación Infantil)
As plantas (Educación Infantil)
Carrera tecnológica (2º da ESO)
Cidades (5º de Primaria)
Cítricos (Educación Infantil)
De luns a domingo (3º de Primaria)
Eduardo Blanco Amor (4º da ESO)
Ética y ciudadanía (4º da ESO)
Food (4º de Primaria)
Gústanme os animais (2º de Primaria)
Informática (4º da ESO)
Inmigración (3º da ESO)
Inmigration (3º da ESO)
Castro de Santa Trega (5º de Primaria)
Cómic (5º de Primaria)
Os alimentos (2º Primaria)
Os deportes (5º de Primaria)
Os euros (4º de Primaria)
Os pingüíns (Educación Infantil)
Os primitivos (5º de Primaria)
Paisaxes do mundo (5º de Primaria)
Plan General Contable de PYMES (Ciclos Formativos)
Racism (1º da ESO)
Racismo (1º da ESO)
Sapo y Sepo, un año entero (1º de Primaria)
The clothes (Educación Infantil)
Tomé (1º da ESO)
Trabajamos con los números (Educación Infantil)
Vocabulario do corpo (1º da ESO)
Webquest: Unha tarde divertida (4º de Primaria)
Xogo sobre Educación Viaria (4º de Primaria)
 
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.
 
 

 

Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

Proxecto Abalar

Proxecto AbalarAbalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia e que inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.
Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente. É unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.
O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.
A estratexia do proxecto Abalar xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

Pódese acceder a toda a información e todos os recursos do proxecto no portal espazoAbalar:

Acceso ao espazoAbalar

Gallego

Peso: 

42

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Plan galego de potenciación das linguas estranxeirasA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria márcase para os vindeiros anos o obxectivo de incrementar significativamente as competencias do alumnado en linguas estranxeiras a través das seguintes actuacións: o reforzo cualitativo na formación do profesorado que imparte materias, áreas ou módulos non lingüísticos en lingua estranxeira, tanto das seccións bilingües coma dos centros plurilingües, dous programas distintos que cobren as diversas necesidades das nosas comunidades educativas en materia de linguas estranxeiras; o artellamento dunha rede tanto deste profesorado como do especialista en linguas estranxeiras; a dotación de persoal que reforce o contacto directo coa lingua traballada e a interculturalidade, tales como os auxiliares de conversa e o profesorado visitante; a constante oferta de formación en linguas estranxeiras para o alumnado; e, por suposto, a colaboración e aperturismo cara a diversos programas educativos da Unión Europea.

Obxectivo xeral
Que o alumnado, ao remate da súa educación e formación escolar, teña unhas competencias de comprensión e expresión orais e escritas nunha lingua estranxeira, basicamente inglés, que lle permitan ser un usuario independente dela, conforme aos requisitos do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, así como dotar progresivamente o profesorado das competencias didácticas e lingüísticas necesarias para alcanzar a referida formación do alumnado.
Obxectivos estratéxicos
Para poder alcanzar o referido obxectivo, é necesario que desde a Administración educativa se actúe nos seguintes ámbitos:

  • Centros educativos. Deberán ser sensibles ao obxectivo establecido. Polo tanto, a súa participación no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, en principio, será voluntario e froito da súa propia convicción.
  • Profesorado. Deberá estar formado convenientemente para que se sinta seguro e cómodo impartindo a súa materia nunha lingua estranxeira, así como para que se involucre moi activamente no proxecto, sendo un promotor deste.
  • Alumnado. Deberá experimentar interese por realizar as súas aprendizaxes nunha lingua estranxeira e mesmo sentirse orgulloso de o facer.
  • Familias. Deberán colaborar co centro educativo e co seu profesorado no desenvolvemento do plan e sentirse satisfeitas polo progreso dos seus fillos e fillas no dominio e no uso da lingua ou das linguas estranxeiras que estean a aprender.

Eixes do Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras
Para lograr os obxecivos previstos, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras de Galicia establece unha serie de medidas e accións,que se vertebran nos seguintes eixes de intervención:

Eixes e medidas do Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras

 

 

Diagrama das dinámicas fomentadas polo Plan galego de potenciación de linguas estranxeiras

Toda a información sobre este tema pódese atopar no espazo web de Linguas estranxeiras:

Gallego

Peso: 

41

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Neste apartado pódese atopar información detallada sobre o Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras e ligazóns a información específica sobre cada un dos programas de linguas estranxeiras da Consellería.

Gallego
Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Peso: 

23

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o funcionamento do Plan de potenciación das linguas estranxeiras e do Proxecto Abalar nos centros educativos de Guitiriz

Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o IES Poeta Díaz Castro e o CEIP de Lagostelle, no concello lucense

A Consellería leva investido preto de 114.000 euros en melloras nos centros educativos desta localidade

Gallego
Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o IES Poeta Díaz Castro e o CEIP de Lagostelle,
Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o IES Poeta Díaz Castro e o CEIP de Lagostelle, no concello lucense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe o funcionamento de dous dos proxectos máis punteiros impulsados polo seu departamento, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e o Proxecto Abalar, nos centros educativos do concello de Guitiriz. Ademais nestas visitas o conselleiro, que estivo acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, aproveitou para achegarse á comunidade educativa dos IES Poeta Díaz Castro e CEIP de Lagostelle, co fin de coñecer en primeira persoa os seus intereses.

Vázquez Abad visitou a primeira hora da mañá o IES Poeta Díaz Castro, que conta con aulas Abalar desde o primeiro curso de implantación do proxecto, o 2010/2011. Deste xeito, 80 alumnas e alumnos contan con cadanseu ordenador ultraportátil para o seu uso na clase. Tal e como explicou o conselleiro, as 4 aulas Abalar do centro supuxeron un investimento de 48.600 euros, co fin de acadar a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación no ensino.

O conselleiro coñeceu ademais, acompañado pola directora Olga Aguiar, as actividades que se desenvolven na biblioteca escolar do centro, inserida no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde a súa primeira edición, para as que a Consellería leva achegado 27.895 euros, no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe.

Cómpre lembrar, ademais, que o IES Poeta Díaz Castro foi un dos primeiros 144 centros educativos de Galicia en asinar un contrato-programa coa Consellería para a mellora da calidade do ensino. En concreto, este instituto desenvolve a primeira das liñas de actuación desta iniciativa, a de reforzo, orientación e apoio (PROA), na modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo, co que se procura potenciar a aprendizaxe e o rendemento de 16 estudantes do primeiro ciclo da ESO, mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais. Para o desenvolvemento desta iniciativa, que conta coa implicación directa de dous docentes do centro no acompañamento dos alumnos, a Consellería destinou ao instituto unha achega de 11.500 euros.

CEIP de Lagostelle

Vázquez Abad visitou tamén o CEIP de Lagostelle, que forma parte da rede de 110 Centros Plurilingües de Galicia. Xunto ao director do centro, Domingo Lodeiro, visitou a aula dixital da que se dotou ao centro grazas ao convenio con Red.es, polo que o presente curso foron instalados 782 kits de aula dixital en 645 colexios que non forman parte do Abalar.

Neste centro tivo tamén a oportunidade de coñecer as actividades de fomento do hábito lector entre os máis novos que se están a desenvolver a través da biblioteca escolar – no Plan de Mellora desde o curso 2010/2011-, á que a Consellería leva achegado 15.225 euros.

Melloras nos centros de Guitiriz

Con estas visitas o conselleiro reafirmou o compromiso que o departamento que dirixe mantén cos centros educativos do concello de Guitiriz, nos que ten investido preto de 114.000 euros para obras de reforma e mellora, dos que máis de 85.200 euros se destinaron aos dous centros hoxe visitados, ademais dos traballos desenvolvidos no outro colexio da localidade, o CEIP Santo Estevo de Parga.

Tal e como explicou Vázquez Abad, grazas a este investimento, remodelouse a cociña do IES Poeta Díaz Castro, onde tamén se realizaron melloras nos despachos e na rede sanitaria e de incendios, que redundan no beneficio dos seus 207 alumnas e alumnos.

No caso, do CEIP de Lagostelle, realizáronse traballos de reforma na instalación eléctrica, nos aseos de infantil e nos baños da planta baixa, e na cuberta do colexio; melloras das que se benefician os 211 estudantes do centro.

Vázquez Abad lembrou ademais que a Consellería inviste máis de 616.500 euros para a prestación dos servizos de transporte escolar en ambos os centros, e de comedor escolar no CEIP de Lagostelle.

Colectivo: 

Axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares de Galicia para o curso 2012/2013

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) convoca axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros educativos de Galicia para o curso 2012/2013.
Por que froita nas escolas?
O alarmante incremento de cifras de obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares en adultos levou á Comisión Europea a formular un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás.

Quen pode solicitar a axuda?
Os centros escolares de:

  1. Educación infantil-segundo ciclo.
  2. Educación primaria.
  3. Educación secundaria obrigatoria.

En que consiste a axuda?
No pagamento íntegro da froita consumida polo alumnado, mediante a achega económica de 0,25€ por alumno/a e día lectivo.
Que froitas podo solicitar?
Albaricoque, cereixa, chirimoia, ameixa, framboesa, amorodo, amorodo grande, granada, figo, kiwi, mandarina, mazá, pexego, melón, laranxa, néspera, pera, plátano, sandía, uvas.
Onde e como reparto a froita?
A froita distribúese no recreo. O centro pode solicitar de un a catro períodos de reparto. Cada período é de 5 días lectivos consecutivos por mes. Os meses poden ser consecutivos ou non.

Como solicito a participación no Plan?
Só se presentan dous documentos:

  • Anexo IIa: Solicitude de autorización.
  • Anexo IIb: Solicitude de axuda, na que se indicaran as semanas de reparto e o número de alumnos/as.

Estes dous anexos atópanse na resolución publicada no DOG polo FOGGA ou tamén na páxina web do Plan.
Onde presento a solicitude?
No servizo territorial do FOGGA da provincia onde se atopa o centro escolar, en calquera rexistro administrativo ou por internet (https://sede.xunta.es).
Cando remata o prazo para presentar a solicitude?
No prazo dun mes desde a publicación da resolución no DOG.

Como solicito o pagamento da axuda?
O centro escolar presentará a solicitude de pagamento (anexo IV publicado na corrección da erros da convocatoria) unha vez rematado o período de reparto de froita.
É dicir, se teño autorizado o reparto de froita fresca por catro meses, terei que presentar catro anexos IV, segundo vaian rematando os períodos.
Coa solicitude de pagamento, xúntanse tanto as facturas (orixinal ou copia com-pulsada), como o xustificante do pagamento (xustificante da transferencia, etc).
O prazo para presentar a solicitude de pagamento remata o último día do terceiro mes seguinte ao que se fixo o reparto de froita.
É dicir, se a froita se submistrou ao alumnado a semana do 15 ao 19 de outubro, o prazo para solicitar o pagamento remata o 31 de xaneiro.

 

Gallego
Plan de Consumo de Froita nas Escolas

Sección: