Gallego

A Consellería de Cultura e Educación fomenta a innovación educativa a través do novidoso Plan Proxecta

Con esta iniciativa búscase impulsar a innovación educativa a través de programas das diferentes consellerías que promovan o traballo colaborativo e por proxectos nos centros

Deste xeito a Xunta volve a recoñecer o traballo realizado polos docentes a través da realización de actividades que desenvolvan as competencias básicas e a educación en valores

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación fomenta a innovación educativa a través do
A Consellería de Cultura e Educación fomenta a innovación educativa a través do novidoso Plan Proxecta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases para a participación no Plan Proxecta para fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

O Plan Proxecta busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado que participa neles. Deste xeito, o plan busca construír modelos de traballo que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no centro que os impulse como no resto da comunidade educativa.

Obxectivos

Un dos principais obxectivos do Plan Proxecta é fixar uns criterios organizativos e metodolóxicos comúns que optimicen a eficacia innovadora dos programas educativos nos centros. Deste xeito a Consellería establece un marco xeral de colaboración entre os organismos con programas dirixidos aos centros educativos e fixa unha serie de eixes e liñas estratéxicas compartidas. Isto busca mellorar a integración dos programas na planificación anual dos centros, crear unha necesaria rede de traballo colaborativo, recoñecer o traballo e o esforzo desenvolvido polos docentes e divulgar as súas boas prácticas profesionais a través das canles dixitais da Consellería.

Esta nova iniciativa publicada no DOG ofrece ao profesorado dos centros públicos galegos 18 programas das Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Medio Rural e do Mar, Economía e Industria, Sanidade e Traballo e Benestar, así como da Dirección Xeral para o Deporte, dependente da Presidencia da Xunta. A súa duración pode estenderse durante medio ano ou ao longo dun curso escolar e van dirixidos a todos os niveis educativos. A solicitude realízase mediante a aplicación telemática Plan Proxecta (http://www.edu.xunta.es/planproxecta), aloxada na sección de servizos da páxina web da Consellería, onde tamén se pode obter máis información no enderezo /portal/planproxecta .

Deste xeito a Consellería de Cultura e Educación da un paso adiante na optimización dos recursos que chegan aos centros en prol do fomento da innovación educativa ao mesmo tempo que recoñece a labor e o esforzo do profesorado e difunde o seu traballo para o beneficio de toda a comunidade educativa galega.

Tema: 

Sección: 

Climántica

 

Proxecta Inicio  Proxecta Qué é?   Proxecta Actuacións   Proxecta Formación e recursos Proxecta Destinatarios

Contratos-programa preguntas frecuentes Proxecta Documentación Proxecta Ligazóns Proxecta contacto

 

Proxecta

 

 

Este programa propón un modelo de Educación Ambiental colaborativo e interdisciplinar co obxectivo de desenvolver proxectos e iniciativas que busquen solucións aos problemas xerados polo cambio climático. Para isto ofrece a través do seu espazo web unha serie de recursos que promoven dinámicas baseadas no desenvolvemento de proxectos específicos nas aulas. Este recursos están complementados por actividades formativas e de presentación de resultados das actividades realizadas durante o curso polo profesorado e o alumnado participante.

Alumnado ao que vai dirixido: Primaria, ESO e bacharelato

Temporización: Anual

Número de centros participantes: 19

Entidade responsable: Instituto de Estudos do Territorio

Teléfono: 981541026

Correo electrónico: manuelsb@edu.xunta.es

 

 

Gallego

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

12 meses, 12 paisaxes

 

Proxecta Inicio  Proxecta Qué é?   Proxecta Actuacións   Proxecta Formación e recursos Proxecta Destinatarios

Contratos-programa preguntas frecuentes Proxecta Documentación Proxecta Ligazóns Proxecta contacto

 

Proxecta

 

 

12 meses 12 paisaxes terá por finalidade un mellor coñecemento da paisaxe próxima ao alumnado. Concienciar sobre a importancia do seu valor natural, cultural, emocional e económico e como ferramenta para conseguir un territorio máis sostible.
Asociaranse os coñecementos curriculares para desenvolver a capacidade de ler e interpretar a paisaxe dende unha mirada interdisciplinar. A partir da formación do profesorado e con obradoiros nos centros, invitarase a desenvolver unha proposta educativa baseada no apadriñamento polo alumnado dunha pequena área na súa comunidade onde poda propor unha mellora paisaxística asumible pola comunidade educativa.
Espérase do alumnado, ademais do vencello dos seus coñecementos curriculares co seu entorno, unha actitude proactiva motivada por valores de respecto do medio ambiente, a convivencia, a identificación cultural, así como o desenvolvemento da súa capacidade para traballar en equipo, aportando iniciativa persoal e aportando propostas positivas para a súa sociedade.

Alumnado ao que vai dirixido: Infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP

Temporización: Anual

Número de centros participantes: 40

Criterios de selección:

Terán prioridade os centros:

  1. Da Comarca Paisaxística do Deza (concellos de Lalín, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Dozón e Agolada)
  2. Cun proxecto de traballo que se axuste mellor ao esquema e aos obxectivos marcados nas liñas mestras da Estratexia da paisaxe galega en materia de formación e sensibilización.

Entidade responsable: Instituto de Estudos do Territorio

Teléfono: 981541026

Correo electrónico: manuelsb@edu.xunta.es

 

 

Gallego

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Plan Proxecta+

Acceso á aplicación

Plan Proxecta+ (Curso 2024/25)

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que promovan o traballo cooperativo, interdisciplinario e competencial, pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, mobilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación ambiental, cidadanía mundial etc. Para acadar os obxectivos propostos, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e ambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso escolar 2024/25 ofrécense 45 programas educativos, que poden ser consultados na web do Plan Proxecta+ (véx. Programas)

Prazo de solicitude: do 1 de xuño ata o 27 de setembro 2024.

Solicitude: a través da aplicación do Plan Proxecta+ (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/)


Gallego

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de premio Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas 2012

O Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas é unha iniciativa da Comisión Europea para incentivar a aprendizaxe de linguas como medio para unha auténtica integración europea.

Este premio quere destacar as experiencias innovadoras no eido da ensinanza e a aprendizaxe das linguas (incluída a linguaxe de signos) estranxeiras, nacionais, e as  propias de comunidades emigrantes.

Ven outorgándose no Estado español mediante convocatoria pública desde 1998, e desde 2005 conta con dúas modalidades:

  • Modalidade A: Selo Europeo para as mellores actividades innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas.
  • Modalidade B: Selo Europeo para o profesor/a de linguas que teña destacado pola súa dedicación e profesionalidade na ensinanza de linguas.

As solicitudes para as dúas modalidades poderán presentarse ata o 8 de setembro de 2012.

Gallego
Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos

Colectivo: 

Sección: 

Aprendendo a través da arte no Museo Guggenhein de Bilbao

Pódese visitar ata o 26 de agosto de 2012 no Museo Guggenheim de Bilbao a exposición que recolle unha selección das obras dos 112 rapaces de 6 a 12 anos que participaron no programa educativo “Aprendiendo a través del arte” no curso escolar 2011-12.

Impartido polos artistas Elssie Ansareo, Naia del Castillo, Ibon Garagarza, Maider López, Manu Muniategiandikoetxea e Jorge Rubio, o programa refoza o currículo escolar de educación primaria mediante a utilización da arte como ferramenta educativa.

 

 

 

Gallego
Museo Guggenheim de Bilbao

Sección: 

Concurso Internacional de Contos Curtos para rapaces de 2 a 6 anos

A Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI-WEACE) convoca o Concurso Internacional de Contos Curtos para promover a creación de hábitos de autonomía nos nenos e nenas de 2 a 6 anos.
Os textos poden estar escritos en español ou en inglés, e os seus autores deben ser maiores de idade.
O prazo para presentar os traballos finaliza o 30 de setembro de 2012.

 

 

 

 

 

Gallego
Concurso Internacional de Contos Curtos

Tema: 

Sección: 

V edición do ITworldEdu 2012 en Barcelona os días 23, 24 e 25 de outubro

A quinta edición do ITworldEdu celebrarase no CosmoCaixa de Barcelona os días 23, 24 e 25 de outubro de 2012.
ITworldEdu é un punto de encontro de profesionais do sector da Educación e das TIC para aprender, intercambiar ideas, coñecer casos e experiencias reais, fomentar contactos, establecer acordos comerciais e presentar as últimas novedades.

 

 

 

 

 

 

Gallego
V edición do ITworldEdu 2012

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Entrega de premios da 2ª edición do concurso “Un mundo de cor”

A sede do Consello Escolar de Galicia foi o escenario da entrega dos nove premios correspondentes á II edición do concurso “Un mundo de cor”.
O acto  foi presidido polo subdirector xeral de Inmigración e Retorno, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, acompañado do subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Vila López.


As gañadoras foron:


Primeira Categoría (alumnado de 1º a 3º de Primaria):

  • 1º premio: Shital González, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.
  • 2º premio: Lucía Fernández, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.
  • 3º premio: Alicia Mialache, do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense.

Segunda Categoría (alumnado de 4º a 6º de Primaria):

  • 1º premio: Paula Noya Mourullo, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.
  • 2º premio: Helena Fajín Riveiro, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.
  • 3º premio: Yiling Liu do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

Terceira Categoría (alumnado da ESO):

  • 1º premio: Nuria Gómez Pérez, do CPI Covaterreña de Baiona.
  • 2º premio: Mariya Ilieva Palikarska, do IES Carlos Casares de Vigo.
  • 3º premio: Laura Vidales Fernández, do CPI Covaterreña de Baiona.
Gallego
Entrega de premios "Un mundo de cor"

Sección: 

Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/ IV Congreso Leer.es en Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012

A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes no marco dos seus respectivos programas para o fortalecemento das Linguas de Iberoamérica na Educación e Leer.es convocan o Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/IV Congreso Leer.es que se celebrará na cidade de Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012.


O congreso terá como obxectivos:

  • Impulsar o proxecto das linguas na educación.
  • Reflexionar sobre a ensinanza das linguas.
  • Afondar na importancia das linguas como eixo da transmisión cultural.
  • Analizar as relacións entre as diferentes linguas e as novas tecnoloxías da información.
Gallego
Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/ IV Congreso Leer.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: