Gallego

Aberto o prazo para participar na IV Olimpiada de Xeoloxía

Convócase a  IV Olimpiada de Xeoloxía, organizada polo Colexio Oficial de Xeólogos, a Sociedade Española de Xeoloxía (SEG) e a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT).

Para formalizar a inscripción pode enviarse un correo cos datos de alumando e profesorado á conta aepectgalicia@gmail.com

Poden participar alumnos e alumnas de 2º ciclo de ESO ata 2º de Bacharelato. No caso de Galicia non haberá fase provincial, senón unha única xornada  para os participantes das 4 provincias. Esta xornada terá lugar o martes 19 de febreiro de 2013, na ETSE de Minas da Universidade de Vigo.

Posteriormente o día 16 marzo terá lugar a fase a nivel español, que será celebrada en Girona. A esta fase presentaránse as 3 persoas con mellores cualificacións na fase galega, que viaxarán cun profesor ou profesora acompañante, e cos gastos cubertos pola organización.

As bases xerais serán similares ás de edicións anteriores, que poden  consultarse no enlace:

 

 

Gallego
IV Olimpiada de Xeoloxía

Sección: 

XIII Xornadas AGPETAL os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 na Coruña

A Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe (AGPETAL) e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organizan as XIII Xornadas AGPETAL co título: "A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva".

Trataranse, entre outras, as seguintes temáticas:

  • A avaliación na linguaxe e comunicación.
  • Recursos na intervención na linguaxe e comunicación.
  • Integrando obradoiros da linguaxe nas aulas: experiencias con ferramentas e metodoloxías específicas, experiencias de inclusión das persoas con diversidade funcional.
  • Usuarios, familiares, usabilidade, accesibilidade na rede dixital.
  • Experiencias de inclusión escolar.

O prazo de matrícula está aberto ata o día de celebración das xornadas. Para inscribirse é necesario cubrir o boletín de inscrición e seguir as instrucción que se dan nel. As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigurosa orde de solicitude.

 

 

Gallego
XIII Xornadas AGPETAL

Sección: 

A Fase Autonómica Galega da VIII Olimpíada de Bioloxía abre o seu prazo de inscrición

A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a VIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio de, entre outros, o Colexio Oficial de Biólogos de  Galicia.

Poderán participar na VIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega)  todos os estudantes que estean matriculados de Bioloxía, en Galicia, durante  o curso 2012-2013, no 2º curso de Bacharelato, que cursaran Bioloxía en 1º  de Bacharelato e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

Os interesados en participar solicitarano, cumprimentando integramente o Formulario de Inscrición e demais documentación da web:  http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html 

Prazo de inscrición: entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2012. A proba celebrarase o día 11 de xaneiro de 2013 na Facultade de Ciencias da  Universidade da Coruña.

 

Gallego
Fase Autonómica Galega da VIII Olimpíada de Bioloxía

Sección: 

Convocatoria de Premios a Materiais Educativos innovadores, aptos para uso e difusión en internet

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF), convoca os Premios a Materiais Educativos en soporte electrónico, aptos para o seu uso e difusión en internet e dirixidos a lograr os novos obxectivos esixidos na cultura dixital, tales como a capacidade para acceder ás fontes de información en formato dixital e para comunicarse de xeito competente mediante os novos medios de comunicación.

Poderán participar as persoas físicas, as entidades sen ánimo de lucro e os centros públicos ou privados.

Modalidades de participación:

  • Modalidade A: Centros de ensinanza
  • Modalidade B: Persoas físicas, individualmente ou en equipo, e entidades sen ánimo de lucro

Poderán presentarse dous tipos de traballos:

  • Tipo I: Proxectos educativos vinculados ás TIC, levados a cabo en centros escolares, que só poderán ser presentados por centros de ensinanzas (Modalidade A)
  • Tipo II: Materiais e recursos educativos, que poderán ser presentados tanto por centros de ensinanza (Modalidade A), como por persoas físicas, equipos ou entidades (Modalidade B)

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será de vinte días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no BOE.
 

Gallego
BOE

Colectivo: 

Sección: 

O proxecto europeo eTwinning "Pek, the Traveller Flea #3" gañou o premio Selo Europeo das Linguas en Portugal

O proxecto eTwinning "Pek, the Traveller Flea #3" no que participaron alumnos e profesores do IES San Clemente de Santiago de Compostela e o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa, gañou o Selo Europeo das Linguas en Portugal.

Pek, a Pulga Viaxeira é un proxecto eTwinning que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar. O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicado en todas as linguas, en PDF, web e papel.

 

 

 

Gallego
Proxecto eTwinning "Pek, the Traveller Flea #3"

Sección: 

Cultura e Educación salienta o traballo de innovación do IES Fontiñas e da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, que lles valeu o galardón “European Language Label of the Labels Awards”

O instituto santiagués presentou hoxe, “Eurocatering.org”, un curso gratuíto pensado para o sector da hostalaría que se poderá realizar agora ata nunha ducia de linguas

O IES vén de recibir este recoñecemento como socio colaborador de Bélxica neste proxecto. Na mesma convocatoria premiouse o proxecto da Escola Oficial de Idiomas da Coruña “E-tridem.net. Intercambios interculturais en contornos virtuais”, como representante de España

Gallego
O director xeral de Educación , no Eurocatering
O director xeral de Educación , no Eurocatering

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe no lanzamento do novo Eurocatering.org, un curso gratuíto pensado para o sector da hostalaría e desenvolvido polo IES Fontiñas que se poderá realizar a partir de agora ata en 12 linguas diferentes. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa representou ao departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad nesta presentación, e felicitou ao instituto por ter acadado – como socio de Bélxica, o país coordinador do proxecto- o premio "European Language Label of the Labels Awards" - concedido pola Comisión Europea en Limassol (Chipre)- por este curso, na súa anterior edición para 7 linguas.

Cómpre lembrar que o proxecto que representaba a España neste certame, E-tridem.net. Intercambios interculturais en contornos virtuais da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, tamén resultou galardoado con este Selo dos Selos Europeos na cerimonia celebrada en Chipre o pasado mes de setembro, no marco da Conferencia “Multilingüismo en Europa”.

É, pois, unha satisfacción para o departamento educativo da Xunta de Galicia que dous centros de ensino galegos - no caso da EOI da Coruña representando a España, no do IES Fontiñas como socio colaborador de Bélxica- teñan acadado unha distinción tan importante, que recoñece as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas como medio para unha auténtica integración europea.

Ampliación do proxecto

Eurocatering.org, desenvolvido polo IES As Fontiñas e coordinado polas profesoras Asunción Acosta García, Montserrat Fernández Castro e Margarita Viz Blanco;  é un curso gratuíto en liña pensado para o sector da hostalaría que se publicou na internet - na páxina http://www.eurocatering.org -, como resultado dun proxecto do programa Leonardo da Vinci B de competencia lingüística. Ata este momento, podíase realizar en 7 linguas, en concreto en esloveno, español, francés, galego, holandés, inglés e noruegués.

O proxecto, que fai fincapé no desenvolvemento de competencias orais, consta dun glosario de 2.000 termos relacionados con este sector, dun curso en liña que recrea situacións reais nunha cociña e nunha sala de restaurante e dunha plataforma de aprendizaxe Moodle. Eurocatering.org recibiu ademais o 2º premio “Sello Europeo a la innovación en la enseñanza y aprendizaje de lenguas“ no ano 2010.

O IES Fontiñas deu continuidade ao curso, no que participaron distintos centros e profesorado de 7 países europeos, participando noutro proxecto, o Eurocathos. O resultado foi a ampliación do curso a 12 linguas, as anteriores máis o alemán, finlandés, gaélico, italiano e polaco; innovación que foi presentada hoxe no propio instituto santiagués. Ademais, estase a elaborar outro curso en liña centrado na recepción de hotel, tamén en 12 linguas.

Tal e como transmitiu nesta presentación o representante da Consellería, Cultura e educación valora moi positivamente que os centros educativos galegos estean a participar de forma activa no desenvolvemento de proxectos educativos europeos. Especialmente, no que toca a favorecer o plurilingüismo na formación profesional, unha das liñas prioritarias do departamento educativo da Xunta de Galicia para facilitar mellores oportunidades laborais ás galegas e galegos.

Proxecto español da EOI coruñesa

A participación dos centros de ensino galegos en programas europeos destas características é destacada tamén no caso do proxecto E-tridem.net. Intercambios interculturais en contornos virtuais da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, que foi tamén recoñecido cun “European Language Label of the Labels Awards”.

Este curso foi desenvolvido na EOI da Coruña dende 2005 ata 2008, no marco dunha asociación de aprendizaxe Grundtvig na que participaron 5 centros educativos do ámbito do ensino de adultos de Alemaña, Austria, Reino Unido e España. Xa en 2007 recibiu o primeiro premio de Selo Europeo ás iniciativas innovadoras no ensino-aprendizaxe de linguas.

E-tridem.nettiña como obxectivo que o alumnado mellorase a súa competencia comunicativa en dúas linguas estranxeiras, así como o seu coñecemento sociocultural e consciencia intercultural promovendo un debate sobre distintos temas da cultura dos países implicados e fomentar a mellora no uso das TICs tanto do alumnado como do profesorado. Toda a información relativa ao curso, tarefas e resultado atópase en www.e-tridem.net .

Na actualidade aínda se mantén o espírito do proxecto, xa que se segue a colaborar con algúns dos centros deste proxectos noutras actividades colaborativas, introducindo algunhas das metodoloxías usadas nese proxecto na práctica diaria da aula e a facer tarefas colaborativas con alumnado de Europa.

Tema: 

Sección: 

O II Encontro de boas prácticas TIC na educación celebrarase en Peñaranda de Bracamonte o 27 de outubro de 2012

O II Encontro de Boas Prácticas TIC é unha actividade de formación organizada pola Fundación Germán Sánchez Ruperez no Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas da localidade salmantina de Peñaranda de Bracamonte o día 27 de outubro de 2012 co obxectivo de facer unha posta ao día das novas tendencias educativas.
Ademais, este encontro permitirá aos asistentes unirse a algún dos proxectos colaborativos presentados ou compartir os seus propios proxectos co resto das persoas asistentes.
No seu programa de experiencias participan profesores como Lourdes Domenech, Pep Hernández, Mercedes Ruiz ou César Poyatos.

 

 

Gallego
II Encontro de Boas Prácticas TIC na educación

Tema: 

Sección: 

O proxecto internacional “E-tridem.net” participa en "Selo dos Selos Europeo"

Co motivo do 10º aniversario de Cumbre de Barcelona  a Comisión Europea ven de celebrar en Limassol, Chipre a Conferencia “Multilingüísmo en Europa”, con dous obxectivos:
1º.- Presentar e analizar a situación actual do Multilingüísmo en Europa. 2º.- Entregar os premios Selo dos Selos Europeos coincidindo co día Europea das Linguas (26 de setembro).

O Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas é unha iniciativa da Comisión Europea para incentivar a aprendizaxe de linguas como medio para unha auténtica integración europea. Cada pais membro da Unión Europea seleccionou un proxecto entre todos os premiados en todas as convocatorias anuais co Selo Europeo para representar a ese país en dita cerimonia. O proxecto español  presentado en Limassol, Chipre ao premio do selo dos selos europeos foi o titulado "E-tridem.net. Intercambios interculturales en contornos virtuais", levado a cabo na EOI da Coruña dende 2005 ata 2008 no marco dunha asociación de aprendizaxe Grundtvig na que participaron 5 centros educativos do ámbito do ensino de adultos de Alemaña, Austria, Reino Unido e España. O obxectivo desta iniciativa era que o alumnado mellorase a súa competencia comunicativa en dúas linguas estranxeiras, así como o seu coñecemento sociocultural e consciencia intercultural promovendo un debate sobre distintos temas da cultura dos países implicados e fomentar a mellora no uso das TICs tanto do alumnado como do profesorado. Toda a información relativa ao curso, tarefas e resultado atópase en www.e-tridem.net

O espírito e a idea básica deste proxecto segue a manterse xa que se segue a colaborar con algúns dos centros deste proxectos noutras actividades colaborativas, introducindo algunhas das metodoloxías usadas nese proxecto na práctica diaria da aula e a facer tarefas colaborativas con alumnado de Europa.

Gallego
E-tridem.net

Sección: 

Ábrese a convocatoria dos Premios Nacionais eTwinning 2013 para proxectos realizados durante o curso 2011/2012

Veñen de convocarse os Premios Nacionais eTwinning 2013 para proxectos realizados total ou parcialmente durante o curso 2011/2012.

Información básica da convocatoria:

  • O prazo de presentación de solicitudes vai do 3 de outubro ao 7 de novembro de 2012.
  • O profesorado que queira participar nesta convocatoria, terá que facer a solicitude en líña (acceso).


A novidade este ano son os premios a dous proxectos de profesores noveles en eTwinning.
 

Gallego
Premios Nacionais eTwinning 2013

Sección: 

Vense de abrir o prazo de inscrición para o décimo sexto Premio Infantil de Piano “Santa Cecilia” 2012 da Fundación Don Juan de Borbón

A Fundación Don Juan de Borbón convoca o 16 Premio Infantil de Piano “Santa Cecilia” 2012. Nel poderán participar todos os pianistas que na data 24 de novembro de 2012 non superen a idade de límite de cada grupo. Non poderán presentarse á mesma categoría os pianistas xa galardoados co Primeiro Premio neste concurso.
Categorías:

  • Grupo A: pianistas de até 11 anos, inclusive.
  • Grupo B: pianistas de 12 a 14 anos, inclusive.

Premios:

  • Grupo A:
    • Primeiro premio: 450€ e diploma.
    • Segundo premio: 300 € e diploma.
  • Grupo B:
    • Primeiro premio: 600 € e diploma.
    • Segundo premio: 450 € e diploma.
  • Premio especial ao “Mellor intérprete de música española”: 300 € e diploma.Poderán optar a este premio os seleccionados para a proba final.
  • Premio especial ao “Mellor intérprete dunha obra de J. S. Bach”: 300 € e diploma.
  • Premio Beca de exames de Trinity College London. Ao mellor candidato español clasificado.

Os premios poderán concederse ex-aequo e/ou poderán ser declarados desertos.
Os premiados ofrecerán un concerto na próxima edición do Festival de Segovia.

O prazo límite de admisión de solicitudes será o 15 de novembro de 2012.

Gallego
16 Premio Infantil de Piano “Santa Cecilia” 2012

Sección: