Título node Learning object
Vense de abrir o prazo de inscrición para o décimo sexto Premio Infantil de Piano “Santa Cecilia” 2012 da Fundación Don Juan de Borbón
Mér, 03/10/2012 - 15:52
A Fundación Don Juan de Borbón convoca o 16 Premio Infantil de Piano “Santa Cecilia” 2012. Nel poderán participar todos os pianistas que na data 24 de novembro de 2012 non superen a idade de límite de cada grupo. Non poderán presentarse á mesma categoría os pianistas xa galardoados co Primeiro Premio neste concurso.
Categorías:
- Grupo A: pianistas de até 11 anos, inclusive.
- Grupo B: pianistas de 12 a 14 anos, inclusive.
Premios:
- Grupo A:
- Primeiro premio: 450€ e diploma.
- Segundo premio: 300 € e diploma.
- Grupo B:
- Primeiro premio: 600 € e diploma.
- Segundo premio: 450 € e diploma.
- Premio especial ao “Mellor intérprete de música española”: 300 € e diploma.Poderán optar a este premio os seleccionados para a proba final.
- Premio especial ao “Mellor intérprete dunha obra de J. S. Bach”: 300 € e diploma.
- Premio Beca de exames de Trinity College London. Ao mellor candidato español clasificado.
Os premios poderán concederse ex-aequo e/ou poderán ser declarados desertos.
Os premiados ofrecerán un concerto na próxima edición do Festival de Segovia.
O prazo límite de admisión de solicitudes será o 15 de novembro de 2012.