Título node Learning object
XIII Xornadas AGPETAL os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 na Coruña
Mar, 16/10/2012 - 15:07
A Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe (AGPETAL) e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organizan as XIII Xornadas AGPETAL co título: "A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva".
Trataranse, entre outras, as seguintes temáticas:
- A avaliación na linguaxe e comunicación.
- Recursos na intervención na linguaxe e comunicación.
- Integrando obradoiros da linguaxe nas aulas: experiencias con ferramentas e metodoloxías específicas, experiencias de inclusión das persoas con diversidade funcional.
- Usuarios, familiares, usabilidade, accesibilidade na rede dixital.
- Experiencias de inclusión escolar.
O prazo de matrícula está aberto ata o día de celebración das xornadas. Para inscribirse é necesario cubrir o boletín de inscrición e seguir as instrucción que se dan nel. As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigurosa orde de solicitude.