Título node Learning object

O proxecto internacional “E-tridem.net” participa en "Selo dos Selos Europeo"
Ven, 05/10/2012 - 13:27
E-tridem.net

Co motivo do 10º aniversario de Cumbre de Barcelona  a Comisión Europea ven de celebrar en Limassol, Chipre a Conferencia “Multilingüísmo en Europa”, con dous obxectivos:
1º.- Presentar e analizar a situación actual do Multilingüísmo en Europa. 2º.- Entregar os premios Selo dos Selos Europeos coincidindo co día Europea das Linguas (26 de setembro).

O Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas é unha iniciativa da Comisión Europea para incentivar a aprendizaxe de linguas como medio para unha auténtica integración europea. Cada pais membro da Unión Europea seleccionou un proxecto entre todos os premiados en todas as convocatorias anuais co Selo Europeo para representar a ese país en dita cerimonia. O proxecto español  presentado en Limassol, Chipre ao premio do selo dos selos europeos foi o titulado "E-tridem.net. Intercambios interculturales en contornos virtuais", levado a cabo na EOI da Coruña dende 2005 ata 2008 no marco dunha asociación de aprendizaxe Grundtvig na que participaron 5 centros educativos do ámbito do ensino de adultos de Alemaña, Austria, Reino Unido e España. O obxectivo desta iniciativa era que o alumnado mellorase a súa competencia comunicativa en dúas linguas estranxeiras, así como o seu coñecemento sociocultural e consciencia intercultural promovendo un debate sobre distintos temas da cultura dos países implicados e fomentar a mellora no uso das TICs tanto do alumnado como do profesorado. Toda a información relativa ao curso, tarefas e resultado atópase en www.e-tridem.net

O espírito e a idea básica deste proxecto segue a manterse xa que se segue a colaborar con algúns dos centros deste proxectos noutras actividades colaborativas, introducindo algunhas das metodoloxías usadas nese proxecto na práctica diaria da aula e a facer tarefas colaborativas con alumnado de Europa.

Menús Learning object node R