Gallego

Intercambia. Educar en feminino e en masculino

Este portal web representa un espazo de coñecementos, experiencias, información e proxectos ao respecto da igualdade de oportunidades na educación e a práctica coeducativa.
É unha iniciativa do Ministerio de Educaión, Cultura e Deportes a través do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través do Instituto da Muller, en colaboración cos Organismos de Igualdade e as Administración Educativas das Comunidades Autónomas.

Obxectivos:

  • Recopilar, organizar e xerar coñecemento e información sobre a igualdade de xénero no ámbito educativo.
  • Aportar e facilitar recursos coeducativos que respondan ás demandas da e dos profesionais do ámbito educativo e social.
  • Promover e difundir actividades formativas relacionadas coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a coeducación.
  • Proporcionar ás Administracións Educativas e aos Organismos de Igualdade das CCAA unha ferramenta de intercambio de coñecemento e das eóns Educativas e aos Organismos de Igualdade das CCAA unha ferramenta de intercambio de coñecemento e das experiencias en coeducación.

 

Gallego
Intercambia. Educar en feminino e en masculino

Sección: 

Relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería nos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a Resolución do 15 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a do 22 de maio de 2012 que convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2012-2013.

Colectivo: 

Sección: 

Ábrese até o 5 de novembro de 2012 o prazo de alta e participación no Plan Proxecta

Unha vez pechado o prazo para efectuar reclamacións ou renuncias o pasado día 20 de outubro, e desde o 22 de outubro ao 5 de novembro de 2012,  as persoas habilitadas da dirección dos centros (director/a e secretario/a) darán de alta as persoas coordinadoras e o profesorado participante na aplicación telemática Plan Proxecta, confirmarán o compromiso do centro e do profesorado de levar a cabo os proxectos e de integralos na súa Programación Xeral Anual e nas programacións didácticas de cada unha das persoas implicadas. Ademais, realizarán nesa mesma aplicación telemática unha breve descrición do proxecto que se vai desenvolver no centro e que incluirá os seguintes apartados:

  1. Introdución (máximo 1.000 caracteres)
  2. Obxectivos. (máximo 2.000 caracteres)
  3. Organización, desenvolvemento e metodoloxía. (máximo 4.000 caracteres)
  4. Avaliación. (máximo 2.000 caracteres)

O Plan Proxecta é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten como obxectivos principais establecer un marco xeral de colaboración entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia que dispoñen de programas dirixidos aos centros educativos; fixar uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns; integrar estes programas na planificación anual dos centros e, ao mesmo tempo, crear unha rede de traballo colaborativo e recoñecerlle ao profesorado a súa participación en proxectos interdisciplinares e cooperativos a levar a cabo nos centros. Para este último obxectivo recoméndase ao profesorado participante que se una ao grupo de intercambio e colaboración do profesorado do Plan Proxecta na rede social Redeiras, un espazo para intercambiar información, compartir experiencias e espallar o aprendido no proceso de creación dos proxectos.

Estes proxectos deben seguir as liñas estratéxicas do plan, que son comúns a todos os programas:

  1. Desenvolvemento transversal dos valores básicos para a vida e a convivencia.
  2. Desenvolvemento das competencias.
  3. Utilización de estratexias metodolóxicas comúns.que se basean en dinámicas activas, colaborativas e centradas na experiencia próxima do alumnado e que leva ao desenvolvemento de valores desde unha crecente posición crítica e autónoma partindo dos seus intereses, das súas experiencias e dos seus coñecementos previos. Unhas dinámicas que deben cristalizar nun proxecto de traballo común.

É importante ter en conta que os programas poden tamén ter aberta a súa propia convocatoria ou requerir condicións especiais de participación, polo que se recomenda consultar os seus espazos informativos ou poñerse en contacto coas persoas responsables de cada un de eles para confirmar estas condicións:


Máis Información:

Para acadar máis información específica sobre cada un dos programas hai que dirixirse á persoa responsable nas diferentes institucións participantes no plan:

 Nome do programa

Persoa ou

entidade responsable 

 Teléfono

Correo electrónico

Axenda 21 Escolar de Galicia   Manuel Salgado Blanco 981541026

manuelsb@edu.xunta.es

12 meses, 12 paisaxes

Instituto de Estudos do

Territorio

 981541026

manuelsb@edu.xunta.es

Climántica
Meteoescolas Natalia Solovieva  981957467

administracion@meteogalicia.es

Terra Xosé Manuel Rosales Noves  610653093

proxectoterra@coag.es

Recíclate con Sogama Mª Esther Campos Mosquera  981698511

teric@sogama.es

Ríos Virginia Rodríguez Álvarez  650261283

viqui@adega.info

Distribución de froitas aos centros

escolares

Juan José Cerviño Varela   981546206

juan.jose.cervino.varela@xunta.es

Consumópolis Esther Álvarez Fernández   881999091

 esther.alvarez.fernandez@xunta.es

Galicons-net
Clases sen fume Mª Jesús García Blanco    881542920

maria.jesus.garcia.blanco@sergas.es

Salvavidas Marta Álvarez Vázquez  881542863

marta.alvarez.vazquez@sergas.es

Quérote+ Raúl Cadenas Varela  881997614

raul.cadenas.varela@xunta.es

Parlamento Xove  Yolanda Otero Balsa   981544821

yolanda.otero.balsa@xunta.es

Rede de Centros Escolares Solidarios

Alberto Otero Peña  981957916

alberto.otero.pena@xunta.es

XOGADE   Laura Mosquera Escudero  981542619

laura.mosquera.escudero@xunta.es

Deportivo de Centro
Máis e mellor actividade física

 

 

Para información adicional detallada sobre a organización e xestión do Plan Proxecta pódese consultar o seu espazo web, o grupo creado na rede social do profesorado Redeiras ou dirixirse á Asesoría de Innovación Educativa desta consellería:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar
15781 Santiago de Compostela 

Correo electrónico: asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es

Teléfono: 881 997 598 

Fax: 981 546 550

Julia Taboada Martínez / Alberto Sacido Romero

 

Aplicación de xestión do Plan Proxecta

Gallego
Plan Proxecta

Tema: 

Sección: 

Dous centros galegos ganan o premio Mellor Iniciativa TIC de Educación 3.0 nos niveis de Primaria e Secundaria

O CEIP de Sigüeiro, de Oroso (A Coruña) e o IES As Barxas, de Moaña (Pontevedra), acadaron o primeiro premio nas categorías de Primaria e Secundaria da segunda convocatoria dos Premios Mellor Iniciativa TIC de Educación 3.0. Todas as experiencias participantes tiñan que ter establecidos uns obxectivos curriculares que buscaran educar de xeito transversal, ademais de contar cun enfoque multidisciplinar.

No caso do CEIP de Sigüeiro os diferentes proyectos desenvolvidos ao longo do curso tiveron como centro de interés a potenciación das competencias, a creatividade e o uso dos medios audiovisuais, facendo un especial uso do iPad. Estas iniciativas de aula estiveron baseadas en procesos colaborativos e na metodoloxía do Traballo por Proxectos (Project Based Learning).

En canto ao traballo desenvolvido no IES As Barxas, o alumnado de 4º de ESO tivo que crear por grupos o seu propio guión, un storyboard, e dirixir e montar a súa propia curta. Contaron co asesoramento do director de cine Xan Leira e crearon unha canción que eles mesmos editaron e grabaron na aula de música do instituto.

 

Gallego
Educación 3.0

Sección: 

X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil

A Deputación de Ourense abre o prazo para a presentación de traballos para o “X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil”.

Poden presentarse ao premio todos os ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas obras inéditas e orixinais, non menos de dez, baseadas no texto premiado na modalidade de narración deste ano: “Por que está triste Miañas?”, da escritora Ángela Fernández Rey.

O premio será de 1.500 €.

Os traballos deberán presentarse antes do 20 de decembro de 2012 na Deputación Provincial de Ourense.

Gallego
X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil

Sección: 

A Consellería de Traballo e Benestar presenta o Programa de emprendemento Yuzz

A Consellería de Traballo e Benestar asinou coa Fundación Banesto: Sociedade e Tecnoloxía, un convenio de colaboración para desenvolver en Galicia o PROYECTO YUZZ.
É un programa que vai dirixido aos mozos e mozas de 18 a 30 anos que teñan unha idea de negocio de base tecnolóxica.
Para poder participar no programa deben presentar a súa candidatura a través do formulario de inscrición da web do programa: www.yuzz.org/participa.

O prazo para presentar candidaturas remata o 31 de outubro.
Trátase dunha iniciativa que ofrece formación en centros de alto rendemento empresarial fomentando a innovación tecnolóxica.
Serán preseleccionados aqueles que obteñan mellor puntuación na valoración dos seguintes aspectos:
Sobre o candidato:

  • Capacidade de comunicación e exposición da idea
  • Capacidade de execución do candidato
  • Traxectoria

Sobre a idea:

  • Alto compoñente tecnolóxico e innovador
  • Creatividade
  • Potencial de crecemento
  • Oportunidade de mercado

Os finalistas pasarán a formar parte do Programa YUZZ e poderán beneficiarse do acceso a centros de alto rendemento e aceleradores de talento onde se desenvolverán as ideas tecnolóxicas do futuro. Cada participante traballará no seu proxecto persoal, e paralelamente poderanse formar equipos de traballo multidisciplinares de 3 ou 4 persoas que desenvolverán de forma conxunta as ideas dos candidatos seleccionados.
O premio ten unha duración dun curso de 7 meses. Durante este período, o proceso de traballo e desenvolvemento das ideas no espazo físico cedido para ese efecto poderá ser cuberto polo equipo de rodaxe de emprendedorestv.com e poderá ser publicado na súa páxina web. Transcorrido este período, o mellor proxecto e o mozo con máis talento de cada centro terá a oportunidade de viaxar unha semana a Silicon Valley. A Fundación Banesto expedirá un certificado aos premiados no que se acrediten os méritos alcanzados.

Ademais, haberá unha dotación económica de 60.000? repartidos entre os tres mellores proxectos a nivel nacional:

  • Primeiro premio: 30.000€
  • Segundo premio: 20.000€
  • Terceiro premio: 10.000€
     
Gallego
Yuzz

Sección: 

O repositorio de contidos do espazoAbalar reinicia a súa actividade neste novo curso 2012/2013

O repositorio de contidos do espazoAbalar reinicia a súa actividade O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 11 novos contidos educativos en formato dixital, realizados con distintas ferramentas de autor e baseados en distintas tecnoloxías.

Desta forma, fan que esta ferramenta medre continuamente e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.109 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. 

 
Entre as novas incorporacións cabe salientar unha Unidade didáctica interactiva para primaria e outra para secundaria que forma parte das actividades conmemorativas do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Ambas as dúas, cunha mesma estrutura e metodoloxía, repasan a vida e obra do poeta celanovés a través de seis etapas vitais diferentes, con textos descritivos e propostas de actividades lúdicas interactivas que os introducen tamén na súa creación poética. No desenvolvemento destas actividades os participantes acceden a fotografías do autor, aos seus textos orixinais e mesmo á voz de Celso Emilio recitando os poemas da súa autoría. 
 
Contamos tamén, por un lado, con dúas unidades sobre primeiros auxilios en accidentes máis frecuentes nun taller de automoción e, por outra parte, sobre riscos laborais traducidos ao galego e feitos dentro do programa Arce. Por último salientar o agradecemento a Manuel Guerrero Gómez pola autorización para publicar algúns dos seus libros LIM neste repositorio.
 
 
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.
 
 
 
 
Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

Novas funcionalidades na rede social educativa Redeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou fai 6 meses Redeiras, unha rede social educativa para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Redeiras, ademais de ofrecer todas as funcionalidades propias de calquera rede social (creación de espazos privados ou públicos, grupos con intereses comúns,  intercambio de ficheiros, publicación de contidos personalizados ou de grupo, posibilidade de compartir ficheiros, intercambio de marcadores, publicación de contidos multimedia, servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.), incorpora características específicas para ser usada como unha boa ferramenta nos grupos de traballo, proporcionando un espazo colaborativo en liña seguro, estable e con todas as funcionalidades necesarias.
 
Neste sentido, e seguindo coa súa liña de melloras e actualizacións periódicas, acábase de incorporar dúas novas funcionalidades para os seus usuarios e grupos:
 
Plantilla personalizada para grupos
 
Con esta funcionalidade os grupos teñen a posibilidade de personalizar o seu aspecto gráfico, seleccionando as cores e as imaxes de fondo que poderán aplicar a diversos elementos da pantalla principal do propio grupo.
 
Organización dos ficheiros en carpetas, para usuarios e grupos
 
Tanto os usuarios individuais como os grupos, dispoñen tamén doutra nova funcionalidade que posibilita a creación de toda unha estrutura de carpetas e subcarpetas para poder ter perfectamente organizados os seus ficheiros. A xestión dos ficheiros e das carpetas realízase nun entorno gráfico totalmente intuitivo e de fácil manexo.
 
Ao mesmo tempo incorpórase tamén a posibilidade de subir un grupo de ficheiros, comprimidos nun único ficheiro ZIP, que se descomprimirá automaticamente na carpeta seleccionada polo usuario.
 
Pode acceder a Redeiras na seguinte URL http://www.edu.xunta.gal/redeiras
 

Gallego
Redeiras

Colectivo: 

Sección: 

O Proxecto Abalar dispón dunha nova ferramenta para a comunidade educativa

Continuando co desenvolvemento e mellora das ferramentas a disposición da comunidade educativa dentro do Proxecto Abalar, desde este mes de outubro, está dispoñible unha ISO da Maqueta Abalar 2.0, que funciona en modo Live, é dicir, sen ter que facer unha instalación no disco duro do equipo.

Trátase dunha adaptación baseada na maqueta Abalar que contén as mesmas aplicacións software educativas, almacenada nun medio extraíble, que funciona sen necesidade de instalala no equipo.

Esta iniciativa, desenvolta polos técnicos do Proxecto Abalar da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), pretende facilitar ao profesorado, ao alumnado, ás familias, etc. un maior coñecemento e uso do software educativo que se está a implementar no marco do Proxecto Abalar.

Esta distribución está orientada a ser usada en equipos distintos aos do proxecto, aínda que a dispoñibilidade das funcionalidades da mesma pode estar limitada segundo os compoñentes hardware do equipo no que se empregue.
A maqueta posúe os seguintes usuarios:
  • abalar, con contrasinal abalar,que é o perfil co que se accede por defecto, empregando un perfil de alumno abalar. 
  • profesor, con contrasinal profesor, orientada ao usuario con perfil profesor. 

  • root, con contrasinal toor , para tarefas de administración. 

Toda a información relacionada con esta ferramenta, así como o arquivo de descarga, atópanse  na aula virtual aberta do portal espazoAbalar: http://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=23
 
 
 
 
Gallego
Espazo Abalar

Sección: 

Concurso "Reporteiros na Rede" convocado pola Obra Social de Ibercaja

A Obra Social de Ibercaja, a través da liña INICIATIVA EDUCA, convoca o Concurso "Reporteiros na Rede 2012/2013" para fomentar o interese dos estudantes pola ciencia e a tecnoloxía. O alumnado participante debe realizar artigos de divulgación científica sobre un tema de actualidade, utilizando exclusivamente a información dispoñible en internet.
Poderán participar profesorado e alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos con idade límite de 20 anos.
A fase de inscrición é do 1 de outubro de 2012 ao 25 de xaneiro de 2013 cumprimentando o formulario que aparece na web http://www.ibercajalav.net/
O prazo de entrega dos artigos finalizará o 1 de marzo de 2013. O artigo enviarase como arquivo adxunto, co nome de código de participación asignado na inscrición, á dirección de correo labvirtual@ibercajalav.net.
Premios:

  • Bacharelato e Ciclos Formativos:
    • 1º premio con valor de 700 €
    • 2º premio con valor de 500 €
  • ESO:
    • 1º premio con valor de 700 €
    • 2º premio con valor de 500 €

Os profesores coordinadores dos traballos premiados recibirán unha gratificación en efectivo en recoñecemento ao seu interese e gratificación.

Gallego
Concurso "Reporteiros na Rede"

Colectivo: 

Sección: