Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Instituto de Estudos do Territorio
2. Ámbito: Medio ambiente.
3. Presentación do programa: O programa ten como obxectivo desenvolver coñecementos e recursos para comprender e interpretar as paisaxes próximas e cotiás a través dos seus elementos constitutivos, da súa diversidade e do seu valor cultural e simbólico, para desenvolver unha actitude responsable no marco da sustentabilidade e para desenvolver propostas que melloren a súa calidade.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de educación infantil, educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: 30.
- Límite de docentes participantes por centro: non se contempla.
- Límite de alumnado participante por centro: non se contempla.
6. Criterios de selección:
- Idoneidade e calidade do proxecto. Seleccionaranse aqueles proxectos que mellor reflictan os contidos presentes nos Catálogos das Paisaxes de Galicia, das Directrices de Paisaxe de Galicia e que empreguen ferramentas cartográficas no desenvolvemento das actividades proxectadas.
- Grao no que se reflicten no proxecto as paisaxes próximas ao centro educativo e a súa contorna inmediata.
- Grao de innovación do proxecto polo emprego dos contidos das Guías da Colección Paisaxe Galega como recurso didáctico nas actividades proxectadas.
- Grao de implicación da comunidade educativa para afondar no coñecemento da contorna do centro, así como da paisaxe e do territorio próximo.
- Plan de difusión dos resultados dos traballos entre a comunidade educativa.
- Ter participado con anterioridade con memoria final validada
7. Persoa responsable:
Nome: Marcos Fernández Francos
Departamento: Servizo de Planificación da Paisaxe, Instituto de Estudos do Territorio
Teléfono: 981 541 026
Correo electrónico: marcos.fernandez.francos@xunta.gal
8. Obxectivos do programa:
- Desenvolver a comprensión da paisaxe onde vive o alumnado a través do recoñecemento dos seus elementos constitutivos, diversidade natural, cultural, o valor simbólico e a importancia da preservación do territorio e da paisaxe.
- Fomentar o estudo e a análise interdisciplinaria da paisaxe, relacionando os coñecementos curriculares das diferentes materias para que poña en marcha propostas innovadoras que desenvolvan a capacidade interpretativa sobre os espazos próximos e cotiáns.
- Implementar pequenos proxectos de estudo, interpretación e intervención na contorna próxima que, liderados polo alumnado, incorporen a paisaxe como obxecto de aprendizaxe e constitúan unha mellora para a súa posta en valor.
- Empregar ferramentas gráficas que permitan representar o espazo: cartografía, fotografía, audiovisual.
- Potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinada co profesorado e integrando a participación da comunidade escolar e local no desenvolvemento do proxecto (pais, veciños etc) e difundir na rede os mellores proxectos.
9. Palabras clave: paisaxe / comprensión / protección / responsabilidade / sostibilidade.
10. Metodoloxía e temporalización: curso completo.
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: non se contempla.
- Obradoiros: non se contempla.
- Saídas: non se contempla.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios: non se contempla.
- Formación: non se contempla.
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final: como conclusión do proxecto elaborarase unha memoria final (en formato pdf ou blog) onde se describan e recopilen as accións e os traballos realizados durante o curso, acompañada de fotografías ou materiais audiovisuais onde se visualicen as actividades desenvolvidas.
Recoméndase desenvolver traballos cuxo obxectivo sexa acadar o coñecemento das paisaxes próximas e que se encamiñen a elaborar catálogos, exposicións e materiais divulgativos centrados nos elementos paisaxísticos (por exemplo miradoiros, sendas panorámicas, paisaxes urbanas, paisaxes singulares, áreas de especial interese paisaxístico, etc) presentes no ámbito próximo ao centro educativo. Tamén se poderán desenvolver traballos e actividades onde se deseñen propostas de estudo e intervención nos espazos próximos (por exemplo espazos públicos urbanos ou rurais) para, que de xeito participativo, se estuden os elementos que configuran as paisaxes cotiás. Na memoria final describiranse as actividades que desenvolveron para a súa difusión entre a comunidade educativa.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
- Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Grao de motivación e sensibilización do alumnado polo coñecemento e respecto pola paisaxe e pola sustentabilidade da súa contorna.
- Grao de desenvolvemento dos contidos relacionados coa paisaxe e a súa relación coas actividades realizadas.
- Difusión do traballo realizado polo alumnado no centro, comunidade educativa, fogares e localidade, para transmitir a capacidade de valorar e promover cambios para mellorar a paisaxe e a sustentabilidade da contorna.