Título node Learning object

Proxecto Deportivo de Centro (PDC)
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Proxecta

[actualizado o 27/04/2016]
 

Ficha técnica

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: saúde / actividade física
Definición: creación de unidades de promoción de actividade física saudable nos centros educativos.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos.
Centros: públicos e concertados
Límite de centros participantes: 40 centros.

Criterios de selección:

  1. Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
  2. Calidade do proxecto presentado.
  3. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015 cun proxecto final validado e certificado.
  4. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015.
  5. Outros centros interesados, que presenten un borrador de proxecto onde se recolla ou ben unha experiencia xa implantada na liña do PDC ou ben presenten un proxecto que contemple as liñas básicas do PDC (diagnose, mapa de recursos, programación de actividades, etc.).

Responsable do programa:

Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es

Xustificación

O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra do propio centro (en horario lectivo e non lectivo). Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar, que os nenos e as nenas, incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e a adoptar uns hábitos de vida máis activos.

Obxectivo xeral

O centro escolar actuará como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). O seu obxetivo final  e que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física,  co obxetivo final de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida.

O PDC será o instrumento de planificación, desenvolvemento e  avaliación dos programas de   fomento da actividade física, exercicio físico e deporte para a saúde nos escolares galegos, sendo o primeiro paso para a constitución dunha Unidade de Promoción do Exercicio Físico Saudable (UPES) nos centros educativos.

O PDC terá un coordinador (deportivo) do centro que  actuará como nexo de unión, coordinando e rentabilizando as actuacións que se poidan realizar entre os distintos axentes implicados (como poden ser entre outros) :

  •  Secretaría Xeral para o Deporte.
  •  Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  •  Persoal docente do centro escolar e resto de persoal dos centros educativos (conserxería, limpeza, cociña, mantemento, etc).
  •  ANPA e comunidades educativas.
  •  Concello.
  •  Agrupación deportiva escolar.
  •  Servizos deportivos da localidade (públicos e privados).

Palabras clave

Actividade física. Hábitos de vida saudable.

Temporización

A temporalización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Material didáctico:

Recursos web de promoción de actividade física e saúde:

Vinculación co Plan Proxecta

A vinculación do programa Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais do programa Xogade é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.

Vinculación coas competencias clave

E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:

  1. Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
  2. Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
  3. Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
  4. Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
  5. Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
  6. Sentido de iniciativa e espírito empreNdedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
  7. Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.

Produto final

Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.

Menús Learning object node R