Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería de Sanidade
- Servicio Galego de Saúde – ADOS
2. Ámbito: Saúde; solidariedade; ciencia
3. Presentación do programa: O programa Salvavidas presenta dúas modalidades:
- Doazón de sangue: O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado co beneficio que supón para a sociedade o xesto da doazón de sangue. Búscase que o alumnado se familiarice con todos os aspectos da doazón, de modo que a poidan ver como un exemplo de solidariedade. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que facer visible as bondades da doazón como contribución persoal ao ben da sociedade.
- Doazón de órganos e tecidos: O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado co beneficio que supón para a sociedade o xesto da doazón de órganos e tecidos. Búscase que o alumnado se familiarice con todos os aspectos da doazón, de modo que a poidan ver como un exemplo de solidariedade. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que facer visible as bondades da doazón como contribución persoal ao ben da sociedade.
4. Alumnado ao que vai dirixido:
- Doazón de sangue: alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.
- Doazón de órganos e tecidos: alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos, Ensinanzas de persoas adulta e Ensinanzas de réxime especial.
5. Participación:
- Doazón de sangue:
- Límite de centros participantes: 20.
- Límite de docentes participantes por centro: 5.
- Límite de alumnado participante por centro: 100.
- Doazón de órganos e tecidos:
- Límite de centros participantes: 20.
- Límite de docentes participantes por centro: 6.
- Límite de alumnado participante por centro: 120.
6. Criterios de selección:
- Doazón de sangue: Interese, calidade e orixinalidade do proxecto presentado.
- Doazón de órganos e tecidos: Distribución xeográfica; Calidade do proxecto presentado.
7. Persoas responsables:
- Doazón de sangue:
Nome: Rosa Ana Rego Rodríguez
Departamento: Formación ADOS
Teléfono: 881 546 900 – 881 546 967
Correo electrónico:
- Doazón de órganos e tecidos:
Nome: María Asunción Novo Ares
Departamento: Coordinación Autonómica de Trasplantes de Galicia (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue).
Teléfono: 881 541 828
Correo electrónico: cat.ados@sergas.gal
8. Obxectivos do programa:
- Doazón de sangue:
- Concienciar aos escolares da importancia da doazón de sangue, creando neles unha conciencia solidaria proclive á doazón.
- Animar ás persoas da súa contorna a facerse doadores de sangue e que eles mesmos se faigan doadores no momento no que cumpran a maioría de idade.
- Doazón de órganos e tecidos:
- O obxectivo xeral do programa é crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón de órganos e tecidos dende diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante teñen para o sociedade.
- Os obxectivos específicos:
-Identificar os erros conceptuais en torno ao proceso de doazón e transplante.
-Compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas na doazón de órganos e tecidos (doadores, persoas en espera de transplante, persoas transplantadas, familiares, persoal sanitario).
-Crear unha conciencia solidaria proclive á doazón e transmitila á contorna.
9. Palabras clave: Doadores, doazón, sangue, solidariedade, órganos, tecidos.
10. Metodoloxía e temporalización:
- Doazón de sangue: A temporalidade abarca todo o curso escolar, en función do temario das clases implicadas no proxecto.
- Doazón de órganos e tecidos:
- 1º e 2º trimestre: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón e os transplantes co alumnado . A información sobre este material de apoio está incluída no apartado "Actividades e recursos".
- 3º trimestre: elaboración e entrega do produto final. Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre doazón e transplantes. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.
11. Actividades e recursos ofertados:
| Doazón de sangue: | Doazón de órganos e tecidos: | |
| Recursos materiais: | Propostas de actividades e lecturas informativas da doazón de sangue. |
- Material didáctico para o profesorado e alumnos: enlace proxecto salvavidas - Traballos finais doutras edicións do programa para a modalidade ¨Doazón de órganos e trasplantes¨,como material de referencia para o profesorado e alumnado no seguinte enlace traballos finais Salvavidas |
| Obradoiros: | Os propostos polo centro solicitante | Non se contemplan. |
| Saídas: | Visita a un local de doazón, unidade móbil ou sede central da axencia. | Charlas divulgativas de apoio os centros educativos que solicitan o Plan Proxecta +, impartidas polo coordinador de trasplantes e unha persoa trasplantada. |
| Webs de referencia: | ||
| Concursos / Premios: | non se contemplan | non se contemplan |
| Formación: | Apoio ao profesorado e visita de persoal de ADOS (promotora da doazón). | Apoio ao profesorado e visita de persoal de ADOS (promotora da doazón) |
12. Orzamento: Non existe un orzamento específico para o Plan Proxecta+. Utilízase material didáctico para o profesorado e alumnado dos centros educativos que solicitan o Plan Proxecta+.
13. Produto final: Presentación dun traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido tratará sobre o proceso e os beneficios da doazón de sangue / órganos e tecidos, segundo a modalidade na que se participe.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Doazón de sangue:
- Grado de participación e implicación do alumnado na temática.
- Grado de implicación do profesorado e do centro coa difusión do proceso de doazón de sangue
- Calidade do formato final do traballo en formato libre
- Doazón de órganos e tecidos:
- Grao de participación e implicación do alumnado na temática sobre doazón e transplantes, é preciso desenvolver polo menos a temática de tres unidades do Proxecto Salvavidas.
- Grao de participación no programa de charlas divulgativas e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación do alumnado na participación activa da mesma.
- Calidade do traballo final en formato libre.
- Doazón de sangue: