Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Salvavidas

Salvavidas [1]

Enviado por planproxecta a Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta [2]

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Servizo Galego de Saúde
      • Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)

Ámbito: saúde / solidariedade / ciencia
Definición: o programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado co beneficio que supón para a sociedade o xesto da doazón de órganos, tecidos e sangue. Búscase que o alumnado se familiarice con todos os aspectos da doazón, de modo que a poidan ver como un exemplo de solidariedade. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que facer visible as bondades da doazón como contribución persoal ao ben da sociedade

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3: Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos

Temporización: curso completo

Modalidades:

  1. Doazón de órganos e tecidos: fomento de actitudes favorables cara a doazón de órganos e tecidos.
  2. Doazón de sangue: fomento de actitudes favorables cara á doazón de sangue.

As modalidades 1 e 2 son excluíntes.

Alumnado ao que vai dirixido:

  1. Doazón de órganos e tecidos:  ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.
  2. Doazón de sangue: ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.

Límite de centros participantes:

  1. Doazón de órganos e tecidos: 20
  2. Doazón de sangue: 20

Límite de alumnado participante por centro:

  1. Doazón de órganos e transplantes: 120
  2. Doazón de sangue: 100

Criterio de selección:

  1. Distribución xeográfica
  2. Calidade do proxecto presentado

Responsables do programa:

“Doazón de órganos e tecidos”:

  • Nome: Paula Boga Veiras
  • Departamento: Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia de ADOS
  • Teléfono: 881541828
  • Correo electrónico: paula.boga.veiras@sergas.es [3]

“Doazón de sangue”:

  • Nome: Rosana Rego Rodríguez, técnico superior / Rosa Mª Basalo Vázquez, técnico superior
  • Departamento:  Formación ADOS
  • Teléfono: 881546967 y 881546923
  • Correo electrónico: rosa.ana.rego.rodriguez@sergas.es [4] / rosa.maria.basalo.vazquez@sergas.gal [5]

Xustificación

Para que as persoas enfermas que están en lista de espera poidan ser transplantadas son imprescindibles as doazóns de órganos.na actualidade unhas 5 000 persoas en España agardan unha nova oportunidade. Ademais, cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.

Para ADOS é importante manter o labor de divulgación do proceso de doazón a toda a poboación, e de maneira especial entre os más novos, xa que eles representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu entorno familiar, académico e social. A súa axuda resulta fundamental no labor de divulgación.

Obxectivo xeral:

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos”

O obxectivo do programa é crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón de órganos e tecidos dende diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante teñen para o sociedade.

Modalidade “Doazón de sangue”

Promover actividades educativas para o alumnado que os familiarice coa doazón, obtención e uso dos hemoderivados, de modo que poidan ver no acto de doar sangue un exemplo concreto de axuda mutua, de contribución persoal ao ben da sociedade e que dará lugar á súa incorporación como doantes de sangue ao alcanzar a maioría de idade, colaborando na difusión da necesidade da doazón de sangue no seu entorno.

Obxectivos específicos:

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos”

Identificar os erros conceptuais en torno ao proceso de doazón e transplante.

Compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas na doazón de órganos e tecidos (doadores, persoas en espera de transplante, persoas transplantadas, familiares, persoal sanitario).

Crear unha conciencia solidaria proclive á doazón e transmitila á contorna.

Modalidade “Doazón de sangue”

PARA O ALUMNADO

  • Coñecer que a sangue non se fabrica e que por tanto a doazón é vital para a recuperación de moitos doentes.

  • Transmitir á súa contorna a importancia deste xesto solidario, animando a doar ás persoas próximas.

  • Crear neles unha conciencia solidaria proclive á doazón.

PARA O PROFESORADO

  • Proporcionar información e recursos concretos de aplicación na aula.

  • Impulsar actitudes solidarias cara á doazón de sangue.

Palabras clave:

Doazón de órganos. Solidariedade

Metodoloxía e temporización

“Doazón de órganos e tecidos”:

1º e 2º trimestre: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón e os transplantes co alumnado . A información sobre este material de apoio está incluída no apartado "Actividades e recursos".

3º trimestre: elaboración e entrega do produto final

Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre doazón e transplantes. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.

“Doazón de sangue”:

A temporización abarca todo o curso escolar.

De outubro a maio: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón de sangue.

Xuño: elaboración e entrega do produto final

Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre a doazón de sangue. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.

 

Actividades e recursos

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos”

Materiais didácticos.

Proxecto Salvavidas: material didáctico para o profesorado e alumnos: enlace proxecto salvavidas [6]

Traballos finais doutras edicións do programa para a modalidade “Doazón de órganos e transplantes”, como material de referencia para o profesorado e alumnado no seguinte enlace:  traballos finais Salvavidas [7]

Webs de referencia:

  • https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx [8]

  • https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes [9]

  • http://www.ont.es/Paginas/Home.aspx [10]

  • https://www.fcarreras.org/es/redmo [11]

 

Modalidade "Doazón de sangue"

Asistencia ao profesorado: apoio ao profesorado, telefónico ou presencial, para información inicial de cara ao inicio de traballo de aula.

Asistencia no centro: os promotores da Axencia poden impartir charlas nos centros.

Material didáctico: para o profesorado e para o alumnado, información divulgativa na páxina web de ADOS: https://www.ados.sergas.gal [12]

  • Traballo co alumnado da temática sobre doazón de sangue
  • Participación no programa de charlas divulgativas (presencias ou por videoconferencia) sobre a doazón de sangue organizadas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación ao alumnado na participación activa.
  • Posibilidade, para os alumnos de 1º de Bacharelato, de visitar a sede da Axencia segundo axenda do mesmo. O centro docente farase cargo dos custos derivados do traslado. Se admitirá, por orden de solicitude, un máximo de 10 de visitas, con 30 alumnos por visita.
  • Posibilidade de visita da Unidade Móbil da Axencia, ben ás instalacións do Centro docente ou coincidindo coa visita ao Concello, en función de si os alumnos/as desenrolan unha campaña de doazón nas actividades do proxecto.
  • Posibilidade de participación nos concursos de debuxo e/ou curtametraxes organizados pola Axencia.

Produto final

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos” e Modalidade “Doazón de sangue”

Presentación dun traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido tratará sobre o beneficio da doazón de órganos e tecidos.

Criterios de avaliación da memorias finais

Criterios xerais do Plan Proxecta:

    • Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    • Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    • Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

     

    Criterios específicos:  Modalidade “Doazón de órganos e tecidos” e Modalidade “Doazón de sangue”

      • Grao de participación e implicación do alumnado na temática sobre doazón e transplantes, é preciso desenvolver polo menos a temática de tres unidades do Proxecto Salvavidas.

      • Grao de participación no programa de charlas divulgativas e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación do alumnado na participación activa da mesma.

      • Calidade do traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido trata sobre o beneficio da doazón e/ou os transplantes e sobre a doazón de sangue.

      Selección de boas prácticas:

      CPR Montesol de Vigo:

      • https://vigohoy.es/alumnos-do-colexio-montesol-levan-o-proxecto-salvavid... [13]

      IES Xelmirez I de Santiago de Compostela:

      • https://salvavidasxelmirez1.wordpress.com/ [14]

      • https://youtu.be/1TSETA12x7w [15]

      • https://www.xelmirez.com/salvavidas/salvavidas22.23.html [16]

      • Dá O Ar on Vimeo [17]
         

      IES Ribeira do Louro de Porriño:

      • Proxecto da Exposición doazón de órganos IES Ribeira do Louro - YouTube [18]

      • IES Ribeira Louro Fai que suba a marea Doa - YouTube [19]

       

       

      Gallego

      Website: 

      Ligazón á web do programa [20]

      Tema: 

      Plan Proxecta [21]

      Colectivo: 

      Profesorado [22]
      Alumnado [23]
      Centros [24]

      Sección: 

      Innovación [25]

      URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/6252

      Ligazóns
      [1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/6252
      [2] http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
      [3] mailto:paula.boga.veiras@sergas.es
      [4] mailto:rosa.ana.rego.rodriguez@sergas.es
      [5] mailto:rosa.maria.basalo.vazquez@sergas.gal
      [6] https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes/Proxecto-Salvavidas
      [7] https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes/Plan-Proxecta
      [8] https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx
      [9] https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes
      [10] http://www.ont.es/Paginas/Home.aspx
      [11] https://www.fcarreras.org/es/redmo
      [12] https://www.ados.sergas.gal
      [13] https://vigohoy.es/alumnos-do-colexio-montesol-levan-o-proxecto-salvavidas-ao-alvaro-cunqueiro/
      [14] https://salvavidasxelmirez1.wordpress.com/
      [15] https://youtu.be/1TSETA12x7w
      [16] https://www.xelmirez.com/salvavidas/salvavidas22.23.html
      [17] https://vimeo.com/812781873
      [18] https://www.youtube.com/watch?v=ViPUiYcXWIE
      [19] https://www.youtube.com/watch?v=MAsBHtVlpsA&t=33s
      [20] https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes?idcatgrupo=11282&idioma=ga
      [21] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/705
      [22] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
      [23] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
      [24] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
      [25] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403