Título node Learning object

O Proxecto Abalar dispón dunha nova ferramenta para a comunidade educativa
Ven, 19/10/2012 - 09:33
Espazo Abalar

Continuando co desenvolvemento e mellora das ferramentas a disposición da comunidade educativa dentro do Proxecto Abalar, desde este mes de outubro, está dispoñible unha ISO da Maqueta Abalar 2.0, que funciona en modo Live, é dicir, sen ter que facer unha instalación no disco duro do equipo.

Trátase dunha adaptación baseada na maqueta Abalar que contén as mesmas aplicacións software educativas, almacenada nun medio extraíble, que funciona sen necesidade de instalala no equipo.

Esta iniciativa, desenvolta polos técnicos do Proxecto Abalar da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), pretende facilitar ao profesorado, ao alumnado, ás familias, etc. un maior coñecemento e uso do software educativo que se está a implementar no marco do Proxecto Abalar.

Esta distribución está orientada a ser usada en equipos distintos aos do proxecto, aínda que a dispoñibilidade das funcionalidades da mesma pode estar limitada segundo os compoñentes hardware do equipo no que se empregue.
A maqueta posúe os seguintes usuarios:
  • abalar, con contrasinal abalar,que é o perfil co que se accede por defecto, empregando un perfil de alumno abalar. 
  • profesor, con contrasinal profesor, orientada ao usuario con perfil profesor. 

  • root, con contrasinal toor , para tarefas de administración. 

Toda a información relacionada con esta ferramenta, así como o arquivo de descarga, atópanse  na aula virtual aberta do portal espazoAbalar: http://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=23