Título node Learning object

A Consellería de Traballo e Benestar presenta o Programa de emprendemento Yuzz
Ven, 19/10/2012 - 12:57
Yuzz

A Consellería de Traballo e Benestar asinou coa Fundación Banesto: Sociedade e Tecnoloxía, un convenio de colaboración para desenvolver en Galicia o PROYECTO YUZZ.
É un programa que vai dirixido aos mozos e mozas de 18 a 30 anos que teñan unha idea de negocio de base tecnolóxica.
Para poder participar no programa deben presentar a súa candidatura a través do formulario de inscrición da web do programa: www.yuzz.org/participa.

O prazo para presentar candidaturas remata o 31 de outubro.
Trátase dunha iniciativa que ofrece formación en centros de alto rendemento empresarial fomentando a innovación tecnolóxica.
Serán preseleccionados aqueles que obteñan mellor puntuación na valoración dos seguintes aspectos:
Sobre o candidato:

  • Capacidade de comunicación e exposición da idea
  • Capacidade de execución do candidato
  • Traxectoria

Sobre a idea:

  • Alto compoñente tecnolóxico e innovador
  • Creatividade
  • Potencial de crecemento
  • Oportunidade de mercado

Os finalistas pasarán a formar parte do Programa YUZZ e poderán beneficiarse do acceso a centros de alto rendemento e aceleradores de talento onde se desenvolverán as ideas tecnolóxicas do futuro. Cada participante traballará no seu proxecto persoal, e paralelamente poderanse formar equipos de traballo multidisciplinares de 3 ou 4 persoas que desenvolverán de forma conxunta as ideas dos candidatos seleccionados.
O premio ten unha duración dun curso de 7 meses. Durante este período, o proceso de traballo e desenvolvemento das ideas no espazo físico cedido para ese efecto poderá ser cuberto polo equipo de rodaxe de emprendedorestv.com e poderá ser publicado na súa páxina web. Transcorrido este período, o mellor proxecto e o mozo con máis talento de cada centro terá a oportunidade de viaxar unha semana a Silicon Valley. A Fundación Banesto expedirá un certificado aos premiados no que se acrediten os méritos alcanzados.

Ademais, haberá unha dotación económica de 60.000? repartidos entre os tres mellores proxectos a nivel nacional:

  • Primeiro premio: 30.000€
  • Segundo premio: 20.000€
  • Terceiro premio: 10.000€
     

Menús Learning object node R