Título node Learning object
O CEIP de Sigüeiro, de Oroso (A Coruña) e o IES As Barxas, de Moaña (Pontevedra), acadaron o primeiro premio nas categorías de Primaria e Secundaria da segunda convocatoria dos Premios Mellor Iniciativa TIC de Educación 3.0. Todas as experiencias participantes tiñan que ter establecidos uns obxectivos curriculares que buscaran educar de xeito transversal, ademais de contar cun enfoque multidisciplinar.
No caso do CEIP de Sigüeiro os diferentes proyectos desenvolvidos ao longo do curso tiveron como centro de interés a potenciación das competencias, a creatividade e o uso dos medios audiovisuais, facendo un especial uso do iPad. Estas iniciativas de aula estiveron baseadas en procesos colaborativos e na metodoloxía do Traballo por Proxectos (Project Based Learning).
En canto ao traballo desenvolvido no IES As Barxas, o alumnado de 4º de ESO tivo que crear por grupos o seu propio guión, un storyboard, e dirixir e montar a súa propia curta. Contaron co asesoramento do director de cine Xan Leira e crearon unha canción que eles mesmos editaron e grabaron na aula de música do instituto.