Gallego

A Consellería de Cultura e Educación activa a terceira versión do espazoAbalar con novas funcionalidades e servizos

A plataforma, que se activará este luns 6 de febreiro, conta con novas guías para as familias, docentes e centros educativos e a incorporación das redes sociais

A nova versión permite un maior seguimento do alumnado, a consulta do calendario académico e do transporte escolar

Incorpóranse novas funcionalidades ao servizo de comedores

Outra das novidades son as experiencias e os blogs educativos temáticos enfocados desde o uso das TIC na aula

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación activa a terceira versión do espazoAbalar
A Consellería de Cultura e Educación activa a terceira versión do espazoAbalar con novas funcionalidades e servizos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica veñen de actualizar e incorporar novas funcionalidades e servizos ao portal espazoAbalar (http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar), que comezará a funcionar ao longo de maña.

Cómpre sinalar que entre as finalidades da nova plataforma están as de incrementar a eficacia dos servizos educativos, desenvolver as TIC no ámbito do ensino e fomentar a participación e motivación do alumnado, loitando ao mesmo tempo contra o fracaso escolar, a través dun seguimento continuado por parte das familias dos resultados académicos e do comportamento do alumnado.

Novas guías e redes sociais

A terceira versión do espazoAbalar inclúe apartados dedicados ás familias, ao profesorado e aos centros por medio das novas guías elaboradas para cada un destes ámbitos. As guías de familias ofrecen novas funcionalidades que se engaden as que xa se viñan ofertando. Asemade os docentes poden aprender a navegar polas diferentes pantallas que compoñen o “espazo Profesorado” coa Guía para o profesorado. E, finalmente, elaborouse a Guía para Centros, coa finalidade de coñecer detalladamente as posibilidades e a información que se pode consultar desde o “espazo Centros”.

Asemade, a nova plataforma incorpora novas canles 2.0, en servizos como Facebook, Twitter e Youtube, novos xeitos de seguir o Proxecto Abalar.

Maior seguimento do alumnado

Os pais, nais e titores legais dos escolares van a poder seguir realizando as accións que xa viñan facendo ata agora, a través do “espazo Familias”. Con esta nova actualización, os responsables dos rapaces poderán realizar un seguimento máis exhaustivo da vida académica dos seus fillos.

Deste xeito, máis aló da obtención de noticias relativas á vida escolar dos seus fillos, os pais e nais poderán xustificar as faltas de asistencia e solicitar citas de titoría en liña, así como coñecer as incidencias máis relevantes e os avisos que afecten ao grupo de alumnos/-as ao que pertenzan a través de notificacións enviadas polos titores/-as dos mesmos. Asemade, o novo espazoAbalar tamén ofrece como novidade, a consulta do horario do alumnado, as faltas de conduta e as cualificacións de cursos académicos anteriores.

Experiencias e Blogs educativos

Outra das novidades do novo espazo son os apartados de experiencias e os blogs educativos temáticos. Desta forma, o apartado Experiencias Aulas 2.0, preséntase como un espazo onde a comunidade educativa pode compartir as experiencias TIC cos demais usuarios, poñendo en valor iniciativas levadas a cabo no seu centro sobre a introdución e o uso das TIC nas aulas.

Asimesmo, os Blogs Abalar están pensados como espazos de comunicación e interacción da comunidade educativa (familia, alumnado e docentes), un lugar onde compartir opinións, experiencias e boas prácticas de forma que se estableza un fluxo de información que enriqueza a práctica educativa.

As temáticas dos Blogs Abalar son moi variadas: Atención á Diversidade, Experiencias TIC e boas prácticas, Observatorio 2.0, uso das TIC en casa, tecnoloxía educativa en Abalar..; e na que se inclúen unha ferramenta para fomentar a participación dos seus seguidores a través do envío de comentarios ou "post" dos artigos publicados.

Recursos educativos

Finalmente, o repositorio de contidos educativos mellora nas súas posibilidades de busca, permitindo filtrar entre datas e tipo de recurso. Ademais, na pantalla principal, reflíctense os recursos máis accesibles, así como os máis descargados e recomendados.

Actualmente están catalogados preto de 800 recursos para educación primaria e secundaria, en varios idiomas: galego, castelán, inglés e francés.

Desde o comezo deste ano reiniciouse a tarefa de catalogación, co que nos vindeiros días engadiranse novos contidos, entre eles os premiados na Convocatoria para o desenvolvemento de contidos dixitais convocada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación no ano 2011. Con esta nova aplicación a Consellería de Cultura e Educación continúa a demostrar o seu compromiso coa calidade educativa a través de diversas accións.

Tema: 

Sección: 

"Un ano con...Eric Carle" do CEIP Ría de Vigo, Vigo (Pontevedra) 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade A (Fomento do Pluriligüismo) E. Infantil/Primaria

Sinopse:

Traballo realizado coas diferentes obras do autor Eric Carle dirixido a potenciar as linguas castelá, galega e inglesa de maneira significativa, innovadora, motivadora e natural. As competencias básicas e as Tics marcan este proxecto onde a implicación do alumnado é fundamental.

Nivel: Educación Infantil 1º Ciclo de Educación Primaria.

Autores:

Coordinadora: Paula Campos Caldas.

Participantes:

Ángeles Maquieira Camiña

Mª Teresa Pazos Alonso

Begoña Suárez Gago

Materiais (anexos):

 

 

Gallego
Un ano con...Eric Carle

Sección: 

"Reclaimed urban landscape" do IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela (A Coruña) 1º premio de Innovación Educativa Modalidade A (Fomento do plurilingüismo) Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Traballo dobre os espazos urbanos recuperados no Concello de Santiago de Compostela:

  • Os Ríos: Sarela e  Sar
  • Os Xardíns: a Granxa do Xesto, a Selva Negra e o Parque da Almáciga
  • Espazos de usos varios:  parque de Vista Alegre e antiga finca Simeón.
  • As Curtidurías
  • As Hortas
  • Os Cultivos
  • As carballeiras

Este traballo é multidisciplinar no que se compaxinan as materias: Xeografía, Bioloxía e Ciencias Medioambientais, Lingua Galega e Lingua Inglesa.

Nivel: 3º ESO e 1º Bacharelato

Autores:

Coordinadora: Rita Amigo Seisdedos

Participantes:

Mercedes Espiño Amil
Margarita Smyth Chamosa
Encarna Otero Cepeda

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto
Gallego
Reclaimed urban landscape

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

O conselleiro de Cultura e Educación asina contratos programa con 23 centros da provincia de Ourense que desenvolverán 36 actuacións para a mellora da calidade educativa

Trátase da primeira convocatoria desta iniciativa que implicará a 144 colexios e institutos galegos, que desenvolverán 232 actuacións

Gallego
Xesús Vázquez Abad, esta mañá en Ourense
Xesús Vázquez Abad, esta mañá en Ourense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe os contratos-programa con 23 centros educativos da provincia de Ourense, nun acto no que estivo tamén presente o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; a xefa territorial da Consellería na provincia, Marisol Díaz Mouteira; ademais dos representantes dos colexios e institutos implicados nesta iniciativa.

Tal e como destacou o conselleiro, é a primeira vez que se pon en marcha en Galicia un programa destas características, do cal participan nesta convocatoria un total de 144 colexios e institutos. O obxectivo é contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia, implicando ao conxunto da comunidade educativa, á Administración e a concellos e outras entidades.

Conforme a este compromiso, o departamento educativo da Xunta de Galicia dotará os centros dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actuacións establecidas nos contratos-programa. Así mesmo, certificarase como actividade de innovación educativa a participación do profesorado no desenvolvemento destas accións, que se poderán difundir ademais como exemplo de boas prácticas no eido do ensino.

A dos contratos-programa é unha iniciativa coa que a Consellería aposta pola autonomía pedagóxica, de organización e de xestión dos centros, na procura da mellora continua da educación e o uso eficiente dos recursos.

Liñas de actuación

Cada un dos centros participantes analizou as súas fortalezas e debilidades e propuxo medidas específicas de actuación, de xeito que o programa elaborado dea resposta ás súas necesidades reais.

En concreto os centros traballaron en torno a 5 liñas de actuación, nomeadamente o reforzo, a orientación e o apoio; a mellora da lectura, da escritura e do cálculo; a mellora da convivencia; a redución do abandono escolar; e a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Os 23 centros ourensáns participantes desenvolverán un total de 36 de actuacións, enmarcadas nas 5 devanditas liñas, nas que participarán 72 profesores, e das que se beneficiarán 2.108 alumnas e alumnos. Destes estudantes, o 71 % participarán en actuacións para a mellora de lectura, escritura e cálculo; o 25% na de reforzo, orientación e apoio; o 3 % na de mellora da convivencia escolar, e o 1 % na de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Reforzo, orientación e apoio

A primeira destas liñas de actuación vén a mellorar as accións que se viñan desenvolvendo ao abeiro do programa de reforzo, orientación e apoio (PROA), dándolles maior relevancia ás accións dirixidas á mellora dos resultados académicos do alumnado con desvantaxe socioeducativa.

Cómpre destacar que cos contratos-programa permanecen as dúas liñas de acción do PROA. Por unha banda o acompañamento escolar fóra do horario lectivo, dirixido ao alumnado do 2º e 3º ciclo de educación primaria e de secundaria obrigatoria (ESO) que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe, así como a aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve. O obxectivo é potenciar a aprendizaxe e o rendemento deste alumnado mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, a mellora da súa integración, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais.

No que toca ao segundo conxunto de actuacións do PROA, o de apoio e reforzo en educación secundaria obrigatoria, ten como obxectivo a mellora dos resultados do centro a través dun conxunto de actuacións que contribúan ao incremento na cantidade e calidade das aprendizaxes e dun cambio global no seu modo de organización e funcionamento. Para iso cada colexio ou instituto desenvolverá medidas en diferentes ámbitos, relacionadas coa atención directa ao alumnado, intervención coas familias e intervención co contorno.

Mellora da escritura, lectura e cálculo

Outra das liñas de actuación dos contratos-programa é a de mellora da escritura, lectura e cálculo, dirixida a todo o alumnado das etapas de ensino obrigatorio, e a través da que se pretende identificar as dificultades do alumnado en relación con estas técnicas instrumentais básicas.

O obxectivo é mellorar as competencias lingüística e matemática e elevar os niveis de éxito escolar, coa implicación das familias nos procesos de ensino e aprendizaxe e a promoción do uso das bibliotecas escolares e dos espazos educativos comúns.

Mellora da convivencia

Froito do compromiso da Consellería de Educación coa mellora da convivencia nas aulas, a terceira das liñas de actuación dos contratos-programa busca acadar un bo clima nos centros educativos, baseado no respecto mutuo. Para iso os centros que incorporen esta liña nos seus programas deberán fomentar os plans de acollida e accións titoriais, de mellora das habilidades sociais, a mediación escolar, a resolución pacífica de conflitos, a mellora da intelixencia emocional e dinámicas de grupo, entre outras.

Ademais buscarase favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social, e impulsar ao mesmo tempo a participación das familias e doutras institucións e entidades.

Abandono escolar e excelencia

Un dos eixes fundamentais das actuacións da Consellería de Educación é a loita contra o fracaso e o abandono escolar –fundamentalmente na ESO-, polo que ambos os dous aspectos son obxecto tamén dos contratos-programa. Así, os centros que traballen nesta cuarta liña desenvolverán medidas específicas para identificar os estudantes con maiores dificultades para a aprendizaxe e para atender ao alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e aos seus intereses, para seguir avanzando na súa aprendizaxe e diminuíndo o risco de abandono. Neste grupo de estudantes favorecerase ademais a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social.

Para levar a cabo esta tarefa impulsarase a colaboración efectiva entre familia e escola, así como a coordinación entre organizacións e institucións do contorno.

Doutra banda, e no marco da aposta pola excelencia que mantén a Consellería de Educación, a quinta liña de actuación dos contratos-programa xira arredor da mellora do nivel de coñecementos, dando resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender. Neste sentido, os centros desenvolverán iniciativas como a planificación de obradoiros fóra do horario lectivo nos que se traballará de forma cooperativa nun proxecto.

O obxectivo é lograr que as alumnas e os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria e educación secundaria melloren o seu nivel de rendemento e resultados, de tal forma que poidan desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar desa forma os niveis de excelencia do sistema educativo galego.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Datas e datos...en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano

O Concello de Vigo ofrece recursos sobre 12 datas oficias mediante a súa Concellería de Igualdade:

  1. Día da Paz (30 de xaneiro)
  2. Día das Mulleres (8 de marzo)
  3. Día do Consumo Responsable (15 de marzo)
  4. Día Mundial da Saúde (7 de abril)
  5. Día do Libro (23 de abril)
  6. Día da Libertade de Prensa (3 de maio)
  7. Día de Europa (9 de maio)
  8. Día das Letras Galegas (17 de maio)
  9. Día do Medio Ambiente (5 de xuño)
  10. Día contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)
  11. Día da Constitución e do Estatuto Galego (6 de decembro)
  12. Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro)

O material consiste nun libro impreso e o sitio web: http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/  , no que están subidos todos os contidos así como múltiples e variados recursos multimedia: vídeos, contos, documentos, música etc.

Gallego
Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

O conselleiro de Cultura e Educación asina contratos programa con 21 centros da provincia de Lugo que desenvolverán 32 actuacións para a mellora da calidade educativa

Trátase da primeira convocatoria desta iniciativa que implicará a 144 colexios e institutos galegos, que desenvolverán 232 actuacións

Gallego
o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o xefe territorial de Educación na provincia, Jose Jesús Ramos Ledo; membros do equipo da Dirección Xeral de educación, FP e Innovación Educativa; e representantes dos centros que asinaron hoxe os contratos-programa.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, fixo entrega hoxe dos contratos-programa asinados con 21 centros educativos da provincia de Lugo, nun acto no que estivo tamén presente o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, ademais dos representantes dos colexios e institutos implicados nesta iniciativa, que acudiron hoxe a asinar. Participaron tamén neste encontro a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo.

Tal e como destacou o conselleiro, é a primeira vez que se pon en marcha en Galicia un programa destas características, do cal participan nesta convocatoria un total de 144 colexios e institutos. O obxectivo é contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia, implicando ao conxunto da comunidade educativa, á Administración e a concellos e outras entidades.

Conforme a este compromiso, o departamento educativo da Xunta de Galicia dotará os centros dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actuacións establecidas nos contratos-programa. Así mesmo, certificarase como actividade de innovación educativa a participación do profesorado no desenvolvemento destas accións, que se poderán difundir ademais como exemplo de boas prácticas no eido do ensino.

A dos contratos-programa é unha iniciativa coa que a Consellería aposta pola autonomía pedagóxica, de organización e de xestión dos centros, na procura da mellora continua da educación e o uso eficiente dos recursos.

Liñas de actuación

Cada un dos centros participantes analizou as súas fortalezas e debilidades e propuxo medidas específicas de actuación, de xeito que o programa elaborado dea resposta ás súas necesidades reais.

En concreto os centros traballaron en torno a 5 liñas de actuación, nomeadamente o reforzo, a orientación e o apoio; a mellora da lectura, da escritura e do cálculo; a mellora da convivencia; a redución do abandono escolar; e a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Os 21 centros lucenses participantes desenvolverán un total de 32 actuacións, enmarcadas nas 5 devanditas liñas, nas que participarán 64 profesores, e das que se beneficiarán 1.439 alumnas e alumnos. Destes estudantes, o 56 % participarán en actuacións para a mellora de lectura, escritura e cálculo; o 35 na de reforzo, orientación e apoio; o 5 % na de mellora da convivencia escolar, o 3 % na de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e o 1% na de redución do abandono escolar.

Reforzo, orientación e apoio

A primeira destas liñas de actuación vén a mellorar as accións que se viñan desenvolvendo ao abeiro do programa de reforzo, orientación e apoio (PROA), dándolles maior relevancia ás accións dirixidas á mellora dos resultados académicos do alumnado con desvantaxe socioeducativa.

Cómpre destacar que cos contratos-programa permanecen as dúas liñas de acción do PROA. Por unha banda o acompañamento escolar fóra do horario lectivo, dirixido ao alumnado do 2º e 3º ciclo de educación primaria e de secundaria obrigatoria (ESO) que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe, así como a aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve. O obxectivo é potenciar a aprendizaxe e o rendemento deste alumnado mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, a mellora da súa integración, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais.

No que toca ao segundo conxunto de actuacións do PROA, o de apoio e reforzo en educación secundaria obrigatoria, ten como obxectivo a mellora dos resultados do centro a través dun conxunto de actuacións que contribúan ao incremento na cantidade e calidade das aprendizaxes e dun cambio global no seu modo de organización e funcionamento. Para iso cada colexio ou instituto desenvolverá medidas en diferentes ámbitos, relacionadas coa atención directa ao alumnado, intervención coas familias e intervención co contorno.

Mellora da escritura, lectura e cálculo

Outra das liñas de actuación dos contratos-programa é a de mellora da escritura, lectura e cálculo, dirixida a todo o alumnado das etapas de ensino obrigatorio, e a través da que se pretende identificar as dificultades do alumnado en relación con estas técnicas instrumentais básicas.

O obxectivo é mellorar as competencias lingüística e matemática e elevar os niveis de éxito escolar, coa implicación das familias nos procesos de ensino e aprendizaxe e a promoción do uso das bibliotecas escolares e dos espazos educativos comúns.

Mellora da convivencia

Froito do compromiso da Consellería de Educación coa mellora da convivencia nas aulas, a terceira das liñas de actuación dos contratos-programa busca acadar un bo clima nos centros educativos, baseado no respecto mutuo. Para iso os centros que incorporen esta liña nos seus programas deberán fomentar os plans de acollida e accións titoriais, de mellora das habilidades sociais, a mediación escolar, a resolución pacífica de conflitos, a mellora da intelixencia emocional e dinámicas de grupo, entre outras.

Ademais buscarase favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social, e impulsar ao mesmo tempo a participación das familias e doutras institucións e entidades.

Abandono escolar e excelencia

Un dos eixes fundamentais das actuacións da Consellería de Educación é a loita contra o fracaso e o abandono escolar –fundamentalmente na ESO-, polo que ambos os dous aspectos son obxecto tamén dos contratos-programa. Así, os centros que traballen nesta cuarta liña desenvolverán medidas específicas para identificar os estudantes con maiores dificultades para a aprendizaxe e para atender ao alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e aos seus intereses, para seguir avanzando na súa aprendizaxe e diminuíndo o risco de abandono. Neste grupo de estudantes favorecerase ademais a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social.

Para levar a cabo esta tarefa impulsarase a colaboración efectiva entre familia e escola, así como a coordinación entre organizacións e institucións do contorno.

Doutra banda, e no marco da aposta pola excelencia que mantén a Consellería de Educación, a quinta liña de actuación dos contratos-programa xira arredor da mellora do nivel de coñecementos, dando resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender. Neste sentido, os centros desenvolverán iniciativas como a planificación de obradoiros fóra do horario lectivo nos que se traballará de forma cooperativa nun proxecto.

O obxectivo é lograr que as alumnas e os alumnos do 2º e 3º ciclos de primaria e educación secundaria melloren o seu nivel de rendemento e resultados, de tal forma que poidan desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar desa forma os niveis de excelencia do sistema educativo galego.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Segunda edición dos cursos de Formación en Rede do Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE)

O Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, organiza  a segunda edición dos cursos de formación en rede dirixido ao profesorado de centros sostidos con fondos públicos de niveis educativos non universitarios. Son cursos de formación relacionadaos coas TIC aplicadas na práctica docente.

A preinscrición para estos cursos estará activa dende as 13 horas do día 16 de xaneiro ata  as 14 horas do día 23 de xaneiro de 2012 e comezarán o día 20 de febreiro de 2012.

Os cursos recomendados son:

  •     Base de datos na ensinanza
  •     Coñecer Agrega
  •     Diseño de presentacións na ensinanza
  •     Draw, debuxo vectorial
  •     Flash na ensinanza
  •     Gimp, aplicacións didácticas
  •     Folla de cálculo na ensinanza
  •     Aplicacións educativas con Hot Potaoes
  •     JClic. Creación de actividades
  •     Multimedia e Web 2.0
  •     Procesador de textos na ensinanza
  •     Sonido e música con ordenador
  •     Creación de esceas interactivas de Física
  •     Linguas Extranxeiras con Malted. Avanzado
  •     MatemáTICas interactivas con Descartes
  •     GeoGebra na ensinanza das matemáticas
  •     Internet aula aberta 2.0
  •     Metodoloxías coas TIC na Educación Primaria
  •     TIC -profundización- aplicadas a diferentes áreas
  •     Música 2.0. Avanzado
  •     Ciencias Sociais e web 2.0. Avanzado
  •     Aplicación de Xogos Didácticos na Aula
  •     Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía con Biosfera na Aula
  •     Ciencias Sociais e web 2.0 na Aula
  •     Escola 2.0: aplicación na Aula
  •     Ciencias Sociais e Web.2.0
  •     Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeología con Biosfera
  •     eTwinning 2.0
  •     Internet Aula Aberta 2.0
  •     Física e Química con Newton
  •     GeoGebra en Educación Primaria
  •     GeoGebra na ensinanza das Matemáticas
  •     Linguas Extranxeiras con Malted
  •     Matemáticas con Descartes
  •     Música 2.0
  •     TIC -iniciación- aplicadas a diferentes áreas
  •     Utilización didáctica da Pizarra dixital
  •     Iniciación á informática
  •     Introducción a Linux

 

Gallego
ITE

Sección: 

"Cando eu nacín" do CPI de Xanceda, Masía (A Coruña) 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) E. Infantil/Primaria

Sinopse:

Adaptación a formato audiovisual da tradución ó galego do conto portugués "Quando eu nascí" de Isabel Minhos con ilustración de Madalena Matoso (Ed. Planeta Tangerina).

Trátase dun proxecto integrado na área de educación artística que pretende o desenvolvemento das competencias dixitais e artísticas do alumnado.

Nivel: Educación Infantil e Primaria. Área de Educación Artística (Plástica).

Autores:

  • Coordinador: Francisco Ávila Sánchez.
  • Participante: Eva Castro Blanco.

 

 

 

Gallego
"Cando eu nacín"

Sección: 

LOM Media: 

Disciplinas: 

“Que día fai hoxe?” do CEIP Santo Paio de Abaixo, Redondela (Pontevedra) 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) E. Infantil

Sinopse:
Proxecto no que se incorporan diversos recursos TIC ( blog, correo, videoconferencia etc) na aula de infantil para facer estudos climáticos dentro das rutinas da mañá.
O traballo realízase en colaboración con centros de Asturias, León e Tarragona cos que se comparten actividades e material a través do blog: http://www.nuestroentornonosidentifica.blogspot.com/.

Autora: Verónica Camiña García.


Nivel: 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil.


Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Material de aula.
  • Material proxectado.
Gallego
"Que día fai hoxe?"

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Trailler da película

Video: 

Vídeo realizado o 31/10/2010. Visita da TVG ao Centro. Historia do taller de Creación Artística do MGB. Exposición do proxecto.

Un pouco de cabeza. Modelando a plastilina. Realización da maqueta da escola. Bancos da escola. As camas do hospital.