Gallego

Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Xa na Grecia clásica, Aristóteles reflexionaba sobre a necesidade de saber como está feito un nó para ser quen de desfacelo. Non é unha novidade, polo tanto, a motivación que fai que ano tras ano, desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tratemos de achegar a todas as persoas que integran a comunidade educativa, as características do alumnado das nosas aulas. Nesta entrega da colección Orientacións e respostas educativas, dedicada ao alumnado con trastornos de aprendizaxe, pretendemos centrar a atención das familias e do profesorado –especialista ou non– nas necesidades educativas desas nenas e deses nenos que afrontan as aprendizaxes escolares coa carga engadida de ter que superar as súas dificultades coa lectura, o cálculo, a expresión escrita, a comprensión...
Dificultades que realmente non teñen ningunha correlación coa súa idade, escolarización ou nivel de intelixencia.

Gallego

Sección: 

Alumnado con discapacidade visual

Non só as persoas que non poden ver non perciben a beleza das cousas; hai moitas que teñen a capacidade de ver e non a perciben. Tamén ha ioutras que, con limitacións na capacidade de visión, perciben toda a beleza do mundo. Con estes pensamentos queremos introducir o documento da colección Orientacións e respostas educativas sobre o alumnado con discapacidade visual, co obxecto de que sirva de reflexión sobre a capacidade de ver.

Gallego

Sección: 

Alumnado con problemas de conduta

Entendemos por problemas de conduta os comportamentos que afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social. Para consideralos como tales, hai que avaliar a intensidade, duración, frecuencia e idade á que se presentan e o medio sociocultural.

Gallego

Sección: 

Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento

Utilizar o termo “trastornos xeneralizados do desenvolvemento” (TXD) supón a referencia a un variado grupo de trastornos de orixe neurobiolóxica que aparecen nos primeiros anos da vida e que afectan ás capacidades de relación, comunicación e imaxinación.

A proporción é de 4-5 persoas afectadas por cada 10.000 -ou máis, segundo as distintas fontes-, con independencia da raza, cultura e ámbito xeográfi co. Estes trastornos son catro veces máis frecuentes nos nenos que nas nenas, pero a gravidade dos síntomas destas últimas é moito maior.
Ante o notable incremento do número de persoas diagnosticadas con este trastorno, tentouse buscar unha explicación causal e mesmo se escoitan opinións que o atribúen a un determinado tipo de alimentación, ao estrés, contaminación, etc. Porén, as persoas expertas manifestan que o incremento dos casos, ademais de responder ao aumento demográfi co, débese fundamentalmente a que na actualidade se diagnostica cunha maior precisión.

 

Gallego

Colectivo: 

Sección: 

Premios á innovación educativa

As necesidades da sociedade e os cambios na concepción actual dos procesos de ensino-aprendizaxe precisan que o sistema educativo fomente a participación nos procesos de innovación e investigación co propósito de introducir novidades e renovar a práctica docente. Por este motivo a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios á innovación educativa para valorar aquelas experiencia innovadoras que se están desenvolvendo nos centros educativos galegos e que supoñen unha mellora na calidade do ensino.

Outros datos de interese

Convocatoria 2010.

Resolución 2010.

Teléfono de contacto: 981546500

Dirección de correo electrónico: asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es

Gallego

Sección: 

Mi música en el cole

Este recurso é un blog creado por Marina C. Tristán e está dedicado a aula de música de primaria. Atoparemos todo tipo de recursos e especialmente destacamos os dedicados á linguaxe musical.

Gallego
Mi música en el cole

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Cdex

CDex é un ripeador, pasa os datos de audio e video a outros soportes desde un dispositivo multimedia a outros soportes dixitais.

CDex é un programa moi rápido e sinxelo co que poderemos, por exemplo pasar un CD ao mp3, tanto pistas soltas ou o CD completo.
A calidade do son pode ser mellorada por medio dalgunhas das funcións incluídas en CDex.

Gallego
cdex

Tema: 

Sección: