Título node Learning object

Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento
Mar, 26/04/2011 - 13:34

Utilizar o termo “trastornos xeneralizados do desenvolvemento” (TXD) supón a referencia a un variado grupo de trastornos de orixe neurobiolóxica que aparecen nos primeiros anos da vida e que afectan ás capacidades de relación, comunicación e imaxinación.

A proporción é de 4-5 persoas afectadas por cada 10.000 -ou máis, segundo as distintas fontes-, con independencia da raza, cultura e ámbito xeográfi co. Estes trastornos son catro veces máis frecuentes nos nenos que nas nenas, pero a gravidade dos síntomas destas últimas é moito maior.
Ante o notable incremento do número de persoas diagnosticadas con este trastorno, tentouse buscar unha explicación causal e mesmo se escoitan opinións que o atribúen a un determinado tipo de alimentación, ao estrés, contaminación, etc. Porén, as persoas expertas manifestan que o incremento dos casos, ademais de responder ao aumento demográfi co, débese fundamentalmente a que na actualidade se diagnostica cunha maior precisión.