ENTROIDO 2023
Moito trouleamos no cole a conta do Entroido!
Contamos con astrounautas, pintores, floristas, abellas e quebracabezas. Unha ampla variedade de nenos e nenas disfrazados. Todos diferentes, mais todos unidos por unha mesma temática. A cooperación.. Porque cooperando construimos, descubrimos e recreamos mundos reais e imaxinarios.
PLAN DIRECTOR DE CENTRO
Hoxe tivemos a visita da Garda Civil de Tomiño que nos veu a falar sobre os riscos da navegación pola rede e aconsellarnos sobre como facer un uso seguro de Internet.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director de Centro.
Estas charlas foron dirixidas ó alumnado de 5º e 6º de primaria, e proximamente serán ofertadas ás familias deste alumnado.
Encantados quedamos coa exposición que nos fixeron.
EXPOSICIÓN DE INVERNO
Xa podemos contemplar os estupendos traballos que fixechedes nas vosas casas para a Exposición de Inverno.Se podedes, non hai nada como velas no cole, aquí vos deixamos esta mostra. Moitas grazas e parabéns pola vosa participación. Felices Festas!!