PLAMBE

PLAMBE

 

Que vos podemos contar da nosa andaina como biblioteca:

Leva moitos anos sendo o motor do centro, xa que un dos sinais de identidade do noso colexio é a aprendizaxe por proxectos e estes levanse a cabo mediante a procura e organización da información. Hoxe en dia o emprego de internet está xeralizado en toda a sociedade pero non fai moitos anos, era indispensable pasar polo soporte papel (libros, xornais, revistas...) para obter información.

No ano académico 2010- 2011,  pasamos a formar parte do PLAMBE.

Ser partícipes deste proxecto de innovación  posibilitou  melloras en canto á xestión técnica, de espazos e recursos:

  •   Informatizamos os recursos  co programa MEIGA (e outros como REBECA, que estan enlazados a partir deste).
  •  Melloramos as  instalacións, dotando  ao espazo de mobiliario máis axeitado.
  • Implementáronse as novas fontes de información a través de dotacións económicas específicas para material informático, contando con ordenadores de sobremesa e portátiles para uso de toda a comunidade educativa así coma conexión a internet.
  • Adquirimos máis fondos, coa importante dotación económica do proxecto.
  •  Levamos a cabo actividades de formación ofertadas pola consellería, como son os encontros anuais de profesorado que forman parte do PLAMBE en Santiago e cursos específicos deformación documental e rexistro (tanto presenciais coma en rede).
  • Tratamos de saber o que acontece noutras bibliotecas de Galicia a través do foro de bibliotecas escolares.
  • No presente ano academico recibimos unha dotación económica específica para  aadquisición de libros electrónicos, o que supon un novo reto e unha constante renovación.

Cales son os traballos que forman parte do percorrido?

 

 

 

 

 A realizamos de xeito  informatizado: catalogando fondos, facendo préstamo de material en soporte papel e audiovisual a toda a comunidade educativa.

Nestes momentos temos catalogados mais de 5000 fondos.

 

Na hora do recreo contamos coa colaboración de alumnado do 3º ciclo, que axuda nas tarefas de mantemento.

 

 

 

 Celebrando as conmemoracións relacionadas co libro e a lectura (Día das BE, do libro, do teatro, da poesía...),  facendo talleres de animación á lectura "Ler e lecer" e de educación emocional, relizando sesións de contacontos organizadas polo equipode BE ou ofertados polas editoriais e outras entidades, organizando anualmente unha "feira do libro usado" na que poñemos á venda fondos expurgados (a prezos simbólicos), colaborando co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizando a actividade do Libro Liberado (bookcrossing), realizando a actividade da “Hora de ler” en todo o centro e que está recollida no Proxecto Lector, animando ás familias do alumnado a colaborar  realizando sesións de contacontos e conferencias, poñendo en marcha a actividade das mochilas viaxeiras, realizando sesións de contacontos en horario extraescolar para as familias  “As sementes lectoras”, colaborando coa biblioteca Municipal de Vilanova de Cerveira e con centros do entorno.

 

 

Programamos un Proxecto Documental Integrado anual relacionado co tema transversal, elaboramos materiais de formación de usuarios e de educación documental, utilizamos a BE para buscar información para os proxectos, proporcionamos ao profesorado material para os proxectos.

Contamos, en colaboración co ENDL, cun blog que serve de: plataforma dixital, con enlaces, novas sobre os libros e material audiovisual, recursos, itinerarios de búsqueda de información...

Queremos recibir as vosas visitas!

“Sempre imaxinei que o paraíso

 

sería algún tipo de biblioteca...” J.L BORGES

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet