Aquí tedes un resumo de todas as actividades realizadas a nivel de centro, de ciclo e de nivel ó longo deste curso 2021-22
Proxectos
MURAL PROXECTO AUGA
Un ano máis o pintor Tomiñés Basilio Calzado coloabrou co noso centro na confección do mural do proxecto levado a cabo durante o curso.
Neste caso trátase dunha reprodución do tema da auga na que o alumnado de sexto de primaria executou o colorido do mural.
Gracias á ANPA A Mimosa pola súa colaboración unha vez máis, e Gracias a Basilio.
INFANTIL POLA PAZ NO MUNDO
O alumnado de Infantil traballando e cantando pola PAZ no mundo.
ENTROIDO 2022
Mañá venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no noso cole!
Debido á situación epidemiolóxica as familias non poderán acceder ó interior do recinto escolar, por iso faremos un desfile polo exterior do centro a partir das 12 horas aproximadamente.
Lembramos que a estrada estará cortada no tramo do desfile dende as 11:40 ata as 12:20 h aproximadamente.
Agradecemos a todas as familias que colaboraron para levar a cabo esta festa, e tamén a nosa ANPA, que ademais este ano agasalla ó noso alumnado con orellas e rosquillas de entroido e zumos.
Esperámosvos mañá no exterior do centro.
DÍA DE ROSALÍA
Polo Día de Rosalía, o alumnado de 4 anos recitou o poema "PARECE UNHA ROSA":
INFANTIL CÁNTALLE ÁS NUBES!
Ó longo deste curso participamos no PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS. Unha das actividades que fixemos no taller de música Infantil foi a montaxe deste video coa canción "NUBES" utilizando o efecto CROMA. Investigamos os tipos de nubes, creamos nubes para formar parte do decorado no video e aprendemos a canción. Aquí tedes o resultado!