Título node Learning object
INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica que pretende combinar ciencia e escritura dunha forma participativa e ser un estímulo para a innovación. Está organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en colaboración con outras entidades como a Escuela de Escritores ou a Editorial Galaxia.
Modalidades
O concurso ten dúas modalidades competitivas: relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras).
Categorías
Hay dúas categorías de participación: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos).
Os participantes deben rexistrarse nuunha das dúas categorías e poden enviar como máximo un relato para cada modalidade. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato.
Lingua
Os relatos poden estar escritos en galego, castelán ou catalán.
A data límite para a participación no concurso é o 15 de marzo de 2011.