Título node Learning object
A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o II concurso de debuxo e pintura "Un mundo de cor", que pretende que o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria exprese a súa visión sobre a riqueza da diversidade socio-cultural a través da pintura.
Destinatarios: Alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares públicos, concertados e privados de Galicia.
Categorías e premios:
- 1ª categoría: 1º, 2º e 3º Primaria. Unha caixa de pinturas, un caderno de pintura e un lote de libros infantís (1º premio), unha caixa de pinturas e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio)
- 2ª categoría: 4º, 5º e 6º Primaria. Unha PSP e un lote de libros infantís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio)
- 3ª categoría: ESO. Unha Play Station e un lote de libros xuvenís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros xuvenís (2º premio), e un lote de libros xuvenís (3º premio)
Tema: Os traballos reflectirán temas relacionados coa integración da poboación inmigrante, a súa contribución ao desenvolvemento de Galicia ou a igualdade existente entre todas as persoas con independencia da súa orixe, raza ou nacionalidade.
Técnica: Poderán realizarse con calquera material, técnica e soporte e en calquera tamaño.
Prazo de presentación: Achegaranse á Secretaría Xeral da Emigración, a través da Dirección dos centros escolares ata o 30 de xuño de 2012.