Título node Learning object
Ábrese a convocatoria da décimo segunda edición do concurso de relato oral "Tíralle da Lingua"
Xov, 22/03/2012 - 12:46
"Tíralle da lingua" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) dirixido ao alumnado e profesorado de Galicia, co obxectivo de normalizar o uso oral da lingua galega e de converter o idioma en instrumento de comunicación normal e de creación e recreación de historias.
O concurso vai destinado a tres niveis académicos:
- Primaria.
- 1º Ciclo da ESO.
- 2º Ciclo da ESO e ensino postobrigatorio.
Faranse dúas fases con carácter selectivo:
- A nivel de centro de ensino.
- A nivel autonómico.
A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 17 de abril de 2012.
A fase final celebrarase o 26 de abril en Santiago, no IES Rosalía de Castro.