Título node Learning object
Fase autonómica do concurso Consumópolis 7 ("A publicidade: compras ou te compran?")
Ven, 16/03/2012 - 14:07
Convocatoria da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis 7.
Os equipos participantes deben ter rematada a fase de xogo en liña e subidos os carteis á plataforma:
http://www.consumopolis.es/concurso/
O prazo de solicitude para a fase autonómica remata o día 26 de marzo.
Así mesmo, tamén poderán presentar a documentación na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es, consultando o procedemento IN114A.
Concederanse 9 premios ( tres por categoría) para equipos que concursan en:
- Ultimo ciclo de Primaria
- 1º e 2º curso da ESO
- 3º e 4º curso da ESO
Os traballos clasificados en primeiro lugar de cada categoría, concursarán representando á Comunidade Autónoma na fase nacional que se celebrará en Madrid.